BXL Celanova

Cómo llegar Contactar con la empresa

BXL Celanova Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de BXL Celanova, Evento deportivo, Celanova.

📰Celanova acollerá o I Memorial José Luis Conde de BXL “Un legado que inspira” A Asociación Cultural e Deportiva Basket ...
03/11/2026

📰Celanova acollerá o I Memorial José Luis Conde de BXL “Un legado que inspira”

A Asociación Cultural e Deportiva Basket X Libros Celanova, en colaboración co Concello de Celanova, organizará o domingo 20 de decembro o I Memorial José Luis Conde. Un torneo que nace coa vocación de repetirse cada ano para honrar a memoria dunha persoa moi querida na vila e que tristemente faleceu o pasado 12 de agosto.

Dende BXL sinalan que José Luis Conde foi unha figura clave na fundación do ACD BXL Celanova, non só polo seu patrocinio, senón tamén pola súa axuda permanente e desinteresada en calquera iniciativa e actividade do club. Dende o Concello, o alcalde Antonio Puga , fixo propios eses mesmos sentimentos e valorou de xeito moi positivo a iniciativa de BXL para honrar e recordar a unha persoa que, ao longo da súa vida, foi exemplo de compromiso desinteresado co todo o pobo de Celanova.

O evento, que contou coa axuda da Federacion Galega de Baloncesto e a implicación da ADCE Diogo Cão (Vila Real Portugal) consistirá nun dobre partido da categoría cadete, en masculino e feminino, que enfrontará os equipos do club celanovés co Diogo Cão.

A cita será o 20 de decembro de 2026, a partir das 16.00 horas, no Pavillón das Triguerizas de Celanova.🏀⛹

03/11/2026

A Asociación Cultural e Deportiva Basket X Libros Celanova (BXL Celanova), en colaboración co Concello de Celanova, organizará o domingo 20 de decembro o I Memorial José Luis Conde, un torneo que nace coa vocación de repetirse cada ano para honrar a memoria dunha persoa moi querida na vila.

José Luis Conde foi unha figura clave na fundación do ACD BXL Celanova, non só polo seu patrocinio, senón tamén pola súa axuda permanente e desinteresada en calquera iniciativa e actividade do club.

O club quere destacar que a implicación do Concello neste evento foi total desde o primeiro minuto,e agradece á Federación Galega de Baloncesto a súa axuda e, de xeito especial, ao ADCE Diogo Cão a súa disposición para participar neste torneo, que pretende converterse nunha cita anual para lembrar a figura de José Luis Conde.
Memorial 20 de decembro
O evento consistirá nun dobre partido da categoría cadete, en masculino e feminino, que enfrontará os equipos do club co ADCE Diogo Cão de Vila Real (Portugal). A cita será o 20 de decembro de 2026, no Pavillón de Triguerizas de Celanova, co seguinte horario:
16:00 h: BXL Cadete Feminino – ADCE Diogo Cão (Cadete Feminino)
18:00 h: BXL Cadete Masculino – ADCE Diogo Cão (Cadete Masculino)

Dende BXL Celanova, queremos expresar o noso máis sentido pésame ás familias e achegados das persoas falecidas no accide...
28/10/2026

Dende BXL Celanova, queremos expresar o noso máis sentido pésame ás familias e achegados das persoas falecidas no accidente ferroviario de Urda (Toledo).
Así como unha pronta recuperación aos feridos

Ánimo!!!
🖤🖤🖤

🦉🤍🖤
🏀X📚
CompromisoeCulturadoEsforzo
ACDBASKETXLIBROS

27/10/2026

Hoxe queremos compartir convosco o noso organigrama oficial, actualizado, para esta tempada.

🦉🤍🖤
🏀X📚
CompromisoeCulturadoEsforzo
ACDBASKETXLIBROS

25/10/2026

📸E aquí vos deixamos unhas imaxes do partido desta mañá que enfrentou ao CADETE (M)⛹️⛹️ contrae EDO Blanco Amor

Grazas a todo/as os que nos acompañastes.

Vamos Parlamento!!!!!

🦉🖤🤍

🏀X📚




Dirección

Celanova
32800

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando BXL Celanova publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a BXL Celanova:

Atajos

Compartir

Categoría

Gimnasios cercanos