21/09/2020
Chegan novas dende Baio. Botádelle unha ollada. Para os tempos que corren, ten boa pinta.
📣🎉 VOLVE O TRAIL DOS FOUCELLAS!!!
(BAIO, 10, 11 e 12 OUTUBRO)
A segunda edición do Trail dos Foucellas xa está aquí. A A. VV. Tabeirón de Baio non descansa e pon en marcha este evento 💪. Non te despistes, porque na ponte de mediados de outubro podes disputar esta emocionante proba, que agora cambia de formato e tamén de percorrido.
Aquí vos presentamos o fermoso cartel, que unha vez máis tivemos a sorte que fose deseñado por esa fóra de serie que é REBECA FACAL 🔝.
As novidades veñen dadas polas circunstancias sanitarias, polo que na realización desta proba vanse cumprir todos os protocolos establecidos. Non é unha proba ao uso, senón que cada participante vai facer a proba de xeito individual, e terá a opción de facelo en calquera momento dos horarios establecidos pola organización. Así garántese que non haxa aglomeracións antes, durante e ao remate do Trail.
- 🗓 DATAS E HORARIOS: 10, 11 e 12 de outubro, en horarios de 09:30 a 13:30 horas e de 15:30 a 19:30 horas.
-🏃♂️🏃♀️ PERCORRIDO: 12 quilómetros, con saída e meta na Carballeira de Baio e percorrido pola beira do río do Porto.
- 💻INSCRICIÓNS: do 25 de setembro ata o 8 de outubro, a través da páxina www.ranckr.com. O prezo é de 5 euros. Estableceuse un máximo de inscritos de 225 participantes, cun subtotal de 75 por día (no momento da inscrición debes elixir o día no que queres realizar a proba).
- 📲⏱ DESENVOLVEMENTO DA PROBA: como dixemos, a carreira realízase de xeito individual. Para facer a cronometraxe apoiáremonos nunha aplicación informática, de xeito que cada corredor terá que iniciar a aplicación de Ranckr Live cando comece a proba e esta gravará o percorrido e subirao ao rematar a proba. 👭👬 O percorrido vai estar perfectamente sinalizado, e durante o seu transcurso, así como na saída e na meta, contarán os participantes coa axuda de membros da organización, ademais de dispoñer do preceptivo servizo de ambulancia🚑. A entrega de premios será virtual e publicarémola nas nosas redes sociais.
- ❓ DÚBIDAS: se tes calquera dúbida contestámolas no noso correo electrónico: [email protected]