07/09/2026
👨🏫 𝐃𝐞𝐛𝐮𝐭.
Á𝐥𝐯𝐚𝐫𝐨 Á𝐥𝐯𝐚𝐫𝐞𝐳, aínda en idade xuvenil, debutou onte en partido oficial co primeiro equipo do San Lorenzo na vitoria fronte ao S.R. Calo.
Tras varias semanas traballando en dinámica sénior baixo as ordes de Iván Rojo, Álvaro tivo a súa oportunidade e aproveitouna; titular, 90 minutos e unha gran actuación no seu primeiro partido oficial co primeiro equipo.
Álvaro convértese así no 𝐩𝐫𝐢𝐦𝐞𝐢𝐫𝐨 xuvenil en 𝐝𝐞𝐛𝐮𝐭𝐚𝐫 esta tempada, abrindo un camiño que agardamos que poidan seguir máis compañeiros ao longo do curso.
Para o club é un 𝐨𝐫𝐠𝐮𝐥𝐥𝐨 ver como xogadores da nosa 𝐜𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 dan o salto e teñen a 𝐨𝐩𝐨𝐫𝐭𝐮𝐧𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 de competir co primeiro equipo. Ese é tamén un dos grandes 𝐨𝐛𝐱𝐞𝐜𝐭𝐢𝐯𝐨𝐬 do noso proxecto: 𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐫, dar 𝐨𝐩𝐨𝐫𝐭𝐮𝐧𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬 e 𝐜𝐫𝐞𝐚𝐫 𝐮𝐧 𝐜𝐚𝐦𝐢ñ𝐨 𝐫𝐞𝐚𝐥 dende o Xuvenil ata o Sénior.
Noraboa, Álvaro! O primeiro de moitos.
Real Federación Galega de Fútbol - Futgal
Concello de Carballo
💻 Rubén Fuentes