Club Natación Culleredo

Club Natación Culleredo O clube de natación de Culleredo.

O clube conta cunha ampla experiencia ao cargo das escolas de natación do Concello de Culleredo, cunha filosofía de traballo centrada na formación dos nadadores de base, dende a aprendizaxe ata a súa inmersión no mundo da competición. Actualmente, conta con equipos de competición de categoría promesa, benxamín, alevín e infantil, e continúa desenrolando as escolas de natación en colaboración co Co

ncello de Culleredo. O clube destaca polos éxitos deportivos acadados polos seus nadadores e nadadoras, que ano tras ano acadan marcas mínimas para a participación nos Campionatos Galegos, conseguindo meritorias clasificacións nestas competicións; se ben o seu obxectivo primordial continúa sendo a formación deportiva e personal dos seus nadadores.

16/08/2026
04/07/2026
🐧🚩 Campionato Galego Infantil | Ourense 🏊🏻‍♂️🏊🏼‍♂️Gran fin de semana o vivido en Ourense polos nosos nadadores no Campio...
29/06/2026

🐧🚩 Campionato Galego Infantil | Ourense

🏊🏻‍♂️🏊🏼‍♂️Gran fin de semana o vivido en Ourense polos nosos nadadores no Campionato Galego Infantil, poñendo o broche a unha tempada chea de esforzo, sacrificio e ilusión. 💪👏

🥇 Martín proclamouse campión galego nos 100 metros libres, ademais de conseguir a medalla de 🥉 bronce nos 200 estilos.

🥉 Dani, pola súa banda, acadou dúas medallas de bronce nas probas de 50 e 100 metros bolboreta, demostrando unha vez máis o seu gran nivel.

🤍❤️Queremos felicitar a ambos polo enorme traballo realizado durante toda a tempada. Estes resultados son o premio ao esforzo diario, á constancia e ás ganas de seguir mellorando cada día.

🎉Parabéns, Martín e Dani! Estamos moi orgullosos de vós e de todo o camiño percorrido. 🐧❤️

🐧🚩CAMPIONATO GALEGO ALEVÍN | RÍAS DO SUR, PONTEVEDRA 🔝 Fin de semana de grandes emocións no Campionato Galego Alevín cel...
22/06/2026

🐧🚩CAMPIONATO GALEGO ALEVÍN | RÍAS DO SUR, PONTEVEDRA

🔝 Fin de semana de grandes emocións no Campionato Galego Alevín celebrado en Rías do Sur, onde os nosos catro representantes deron o mellor de si nunha das citas máis importantes da tempada.

🥉 Volvemos para Culleredo coa medalla de bronce de Alba nos 50 metros bolboreta. Parabéns, Alba! 👏💪

👏 Queremos destacar tamén o esforzo realizado por Sara, Ainara e Samuel, que lograron finalizar todas as súas probas no 🔝 Top 10 de Galicia, demostrando un enorme nivel competitivo, espírito de superación e compromiso co equipo.

💪🔥 Máis alá dos resultados, estamos moi orgullosos da actitude, entrega e compañeirismo amosados durante toda a competición.

🤍❤️ Parabéns, equipo! Grazas por representar ao Club Natación Culleredo con tanto orgullo e ilusión.
Seguimos medrando, aprendendo e soñando xuntos.

Dirección

Carballo

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Club Natación Culleredo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Club Natación Culleredo:

Atajos

Compartir

Categoría