Club Baloncesto Cambre

Club Baloncesto Cambre Páxina de Facebook do Club Baloncesto Cambre O uso destes datos limítase á comunicación directa co/a interesado/a.

O Club Baloncesto Cambre é unha entidade deportiva sen ánimo de lucro dedicada á promoción do baloncesto no concello de Cambre. A nosa páxina de Facebook ten como finalidade informar sobre actividades, eventos, resultados, comunicacións oficiais e iniciativas sociais do club. Responsable da páxina: Club Baloncesto Cambre
Ano de fundación: 2009
Enderezo electrónico: [email protected]

Identidade e valores: Promovemos un deporte formativo, inclusivo e orientado á comunidade, fomentando o respecto, o esforzo e a participación activa das familias e xogadores. Tratamento de datos: Esta páxina non recolle datos persoais máis alá dos proporcionados voluntariamente polos usuarios a través de comentarios ou mensaxes privadas. Transparencia: Toda a información publicada nesta páxina é oficial e emitida polo club. As imaxes e vídeos utilizados corresponden a actividades propias do Club Baloncesto Cambre ou contan coa autorización correspondente.

Aquí remata o noso camiño nesta tempada.Facémolo coa cabeza alta e ca certeza de telo dado todo en cada adestramento e p...
01/07/2026

Aquí remata o noso camiño nesta tempada.

Facémolo coa cabeza alta e ca certeza de telo dado todo en cada adestramento e partido, en cada xogada, en cada balón dividido.

🖤🤍 Familia cambrexa, grazas por seguirnos a cada cancha, por apoiarnos dende as bancadas, por levantarnos nas derrotas e por celebrar connosco cada vitoria.

Grazas dende o corazón. Vémonos de novo en setembro

1, 2, 3… CAMBRE!

Resumo da tempada:Mais aló dos nomes, o éxito deste equipo reside no bloque. Queremos recoñecer o esforzo das 13 xogador...
30/06/2026

Resumo da tempada:
Mais aló dos nomes, o éxito deste equipo reside no bloque. Queremos recoñecer o esforzo das 13 xogadoras que nos trouxeron ata aquí: Martina Boo, Xoana Couto, Lía Aguión, Mara Rioboo, Noelia Guerrero, Vera Fiorelli, Sofía Santaya, Carme Fontan, Alma López, Paola Paz, Claudia Fraga, Maya Fernández y Chloe Fiorelli.

Pasamos dun 21º posto a tempada anterior a ser sextas en ámbalas fases do ano (esta última empatadas cas quintas) e, finalmente, ¡Campionas de Copa! A nota deste grupo é dun notable alto, case de sobresainte (non é sobresainte, porque cremos que o equipo aínda no chegaron a todo o alto que poden chegar se seguen a traballar con esforzo), non só polo resultado, senon polo compromiso mostrado ó longo das 120 sesións de adestramento.

En palabras do adestrador, Javier Prieto Souto , non podría estar mais orgulloso deste equipo. ¡Agora a desfrutar do verán e vémonos na pretempada!

1, 2, 3, CAMBRE!!

🏆CAMPIONAS DA COPA PREMIUM 25/26
21/06/2026

🏆CAMPIONAS DA COPA PREMIUM 25/26

🏀 XVI Campamento de verán – Inscricións Abertas!  Un verán cheo de baloncesto, diversión e convivencia para nenos e nena...
20/05/2026

🏀 XVI Campamento de verán – Inscricións Abertas!

Un verán cheo de baloncesto, diversión e convivencia para nenos e nenas nados entre os anos 2009 - 2020.

🗓 3 quendas entre xuño e xullo
📍 Sofía Toro e O Temple.

💰 Prezos con descontos por irmáns
📝 Inscricións: https://cbcambre.clupik.app/es/registrations

⚫️⚪️ Vive o verán co Club Baloncesto Cambre.

1, 2, 3, CAMBRE!!!

📢 ATENCIÓN, CAMBREXOS/AS!  O álbum de cromos do Club Baloncesto Cambre 25-26 xa está dispoñible para todos os xogadores/...
02/05/2026

📢 ATENCIÓN, CAMBREXOS/AS!
O álbum de cromos do Club Baloncesto Cambre 25-26 xa está dispoñible para todos os xogadores/as do club.

📘 Cada neno e nena conta co seu propio exemplar, adaptado ao seu equipo e á súa tempada.

✨ Tamén está activa a venda de cromos, así que xa podedes comezar a completar a vosa colección, trocar repetidos e vivir o espírito cambrexo dentro e fóra da cancha.

⚫️⚪️ Colecciona, comparte e forma parte da historia do noso club.

CBCambre

⚫️ TROCOS NO ORGANIGRAMA DEPORTIVO DO C.B. CAMBREContinuamos reforzando o noso proxecto de base cunha serie de cambios n...
25/03/2026

⚫️ TROCOS NO ORGANIGRAMA DEPORTIVO DO C.B. CAMBRE

Continuamos reforzando o noso proxecto de base cunha serie de cambios na estrutura deportiva.

➡️ Anxo Nadela pasa a centrarse na dirección do infantil masculino, deixando a coordinación de minibasket.
➡️ O seu relevo será Xian Fandiño (2007), canteirán dende 2019 e actual adestrador do Infantil B e do alevín masculino, ademais de xogador do sénior de 3ª división e do ÓPTICA CAMBRE.

Tamén hai novidades nos equipos máis pequenos:

🏀 Lucía Tojeiro incorpórase ao equipo babybasket.
🏀 Javier López fará o propio cos benxamíns.

Ambos son xogadores formados na casa e actualmente integrantes do Campus Xuncas Baloncesto Cambre.

◾️◽️◾️ Desde o club desexámoslles moita sorte nesta nova etapa como adestradores. Confiamos en que transmitan a súa ilusión, compromiso e amor polas nosas cores ás futuras xeracións.

1, 2, 3… CAMBRE!

Dirección

Polideportivo Municipal De Cambre
Cambre
15660

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Club Baloncesto Cambre publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Club Baloncesto Cambre:

Atajos

Compartir