Cambados Tenis de Mesa

Cambados Tenis de Mesa Club de tenis de mesa de la Villa del Albariño

09/07/2026

O Club Cambados Tenis de Mesa renuncia á súa praza na División de Honra Masculina por motivos económicos

Cambados, 9 de xullo de 2026. O Club Cambados Tenis de Mesa comunica que, tras un profundo proceso de reflexión e con enorme pesar, tomou a difícil decisión de renunciar á praza que lle correspondía na División de Honra Masculina para a tempada 2026-2027.

Esta decisión responde exclusivamente a motivos económicos. A pesar do esforzo realizado durante os últimos meses para reunir os recursos necesarios, o club non dispón da capacidade financeira suficiente para afrontar con garantías os custos que supón competir nunha categoría de ámbito nacional.

Non foi unha decisión sinxela. Detrás dela hai moitas horas de traballo, ilusión e compromiso por parte de xogadores, adestradores, directivos, familias e persoas voluntarias que, tempada tras tempada, converteron o Club Cambados Tenis de Mesa nun referente do deporte galego e nacional.

Renunciar a unha categoría gañada con esforzo e mérito deportivo supón un momento especialmente doloroso para toda a familia do club. Porén, a responsabilidade e a sustentabilidade da entidade deben prevalecer para garantir a súa continuidade e seguir promovendo o tenis de mesa desde a base, apostando pola formación da mocidade deportista e polos valores que sempre definiron o club.

Desde a Xunta Directiva queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todas as empresas e institucións que confiaron no noso proxecto ao longo destes anos. Grazas aos nosos patrocinadores, colaboradores e entidades públicas, o Club Cambados Tenis de Mesa puido competir ao máis alto nivel e representar con orgullo a Cambados en numerosas competicións nacionais.

Do mesmo xeito, queremos recoñecer o apoio incondicional da nosa afección, das persoas socias, das familias e de todas as persoas que nos seguides. A vosa presenza en cada partido, o voso ánimo nos momentos máis difíciles e a vosa confianza constante foron unha fonte de motivación imprescindible para todas as persoas que formamos parte deste club.

Aínda que hoxe nos vemos obrigados a dar un paso atrás, non renunciamos ao noso proxecto deportivo nin á nosa ilusión. Seguiremos traballando con humildade, esforzo e responsabilidade para fortalecer a entidade e crear as condicións que permitan, no futuro, volver competir nas categorías que o Club Cambados Tenis de Mesa merece pola súa historia e polo seu traballo.

Porque os resultados deportivos son importantes, pero son os valores, as persoas e o compromiso co deporte os que verdadeiramente constrúen un club.

🏓❤️ Moito máis ca un torneo. Unha auténtica festa do deporte e da integración gracias a ONG RescateO pasado sábado vivim...
01/07/2026

🏓❤️ Moito máis ca un torneo. Unha auténtica festa do deporte e da integración gracias a ONG Rescate

O pasado sábado vivimos unha xornada que tardaremos en esquecer. O I Torneo Solidario de Verán reuniu no Pavillón de San Tomé a máis de 80 participantes de diferentes idades, nacionalidades e niveis, demostrando que o tenis de mesa non entende de fronteiras.

Durante toda a tarde compartíronse partidos, risas, aprendizaxe e moitos momentos inesquecibles. O máis importante non foron os resultados, senón ver como persoas que apenas se coñecían remataron a xornada compartindo mesa, conversas e unha mesma paixón polo deporte.

Este torneo é a proba de que o tenis de mesa pode ser moito máis ca unha competición: pode ser un lugar onde nacen amizades, onde se fomenta a convivencia e onde a inclusión deixa de ser unha palabra para converterse nunha realidade.

💙 Grazas a todas as persoas que participastes, ás familias, voluntariado, colaboradores e á ONG Rescate por facer posible unha tarde tan especial.

Seguiremos traballando para que o deporte siga unindo persoas. Porque cando gaña a convivencia… gañamos todos. 🏓🤝💙

📢🏓 Cambio de ubicación do I Torneo de Verán de Tenis de MesaInformamos que, por motivos loxísticos, o torneo que se cele...
25/06/2026

📢🏓 Cambio de ubicación do I Torneo de Verán de Tenis de Mesa

Informamos que, por motivos loxísticos, o torneo que se celebrará o vindeiro 27 de xuño ás 16:00 horas cambia de escenario.

📍 Nova ubicación: Pavillón de Santo Tomé (Cambados)

O resto da información mantense sen cambios.

🤝 Evento organizado polo Cambados TM en colaboración coa ONG Rescate.

💛💙 Agardámosvos a todos para desfrutar dunha gran tarde de tenis de mesa, convivencia e integración a través do deporte.

🏓🤝 Encantados de volver colaborar coa ONG Rescate nesta segunda edición do Torneo Solidario de Tenis de Mesa.Unha inicia...
15/06/2026

🏓🤝 Encantados de volver colaborar coa ONG Rescate nesta segunda edición do Torneo Solidario de Tenis de Mesa.

Unha iniciativa que demostra que o deporte é moito máis ca competición: é integración, convivencia e comunidade. 💛💙

Vémonos o 27 de xuño no Pavillón do Pombal!

🏓✨ Aínda non te anotaches ao torneo? ✨🏓Lembramos que o Torneo de Tenis de Mesa organizado polo Cambados TM en colaboraci...
06/06/2026

🏓✨ Aínda non te anotaches ao torneo? ✨🏓

Lembramos que o Torneo de Tenis de Mesa organizado polo Cambados TM en colaboración coa ONG Rescate está pensado especialmente para afeccionados e afeccionadas.

👉 Non é necesario estar federado nin competir habitualmente.
👉 Non importa a túa idade nin o teu nivel.
👉 O importante é ter ganas de pasalo ben e desfrutar do tenis de mesa.

🤝 Será unha xornada para compartir deporte, convivencia e integración nun ambiente divertido e aberto a todos.

🎉 Ademais, haberá sorpresas para os participantes e moito bo ambiente durante toda a tarde.

📲 Se aínda non te inscribiches, anímate a participar!

29/05/2026
🏓✨ O Concello de Cambados acolleu a presentación oficial do I Torneo de Verán de Tenis de Mesa ✨🏓O salón do Concello foi...
28/05/2026

🏓✨ O Concello de Cambados acolleu a presentación oficial do I Torneo de Verán de Tenis de Mesa ✨🏓

O salón do Concello foi escenario da presentación dun evento que promete converterse nunha gran festa do deporte e da convivencia en Cambados 💛💙

No acto participaron o alcalde, Samuel Lago, e a concelleira de Deportes, Noelia Gómez, que quixeron amosar o seu apoio ao tenis de mesa e a este torneo organizado polo Cambados TM en colaboración coa ONG Rescate 🤝

👉 E a presentación non quedou só nas fotos!
Tanto Samuel como Noelia tamén se animaron a coller a pa e disputar unhas partidas, demostrando o bo ambiente e o espírito participativo que terá este torneo 🏓😄

🔥 O I Torneo de Verán será unha xornada aberta a todo o mundo, pensada para g***r do deporte, compartir experiencias e seguir fomentando a integración a través do tenis de mesa.

📅 27 de xuño
🕓 16:00 horas
📍 Pavillón do Pombal – Cambados

📲 Inscricións abertas ata o 23 de xuño a través do QR do cartel.

💥 Agardámosvos para vivir unha tarde diferente, chea de tenis de mesa, diversión e moitas sorpresas!

🏓🔥 CHEGA O I TORNEO DE VERÁN DO CAMBADOS TM! 🔥🏓Este 27 de xuño, o Pavillón do Pombal converterase no punto de encontro p...
28/05/2026

🏓🔥 CHEGA O I TORNEO DE VERÁN DO CAMBADOS TM! 🔥🏓

Este 27 de xuño, o Pavillón do Pombal converterase no punto de encontro para todos os amantes do tenis de mesa 💥

👉 Sexas xogador habitual ou simplemente queiras probar este deporte e pasar unha gran tarde…
💛 ESTE TORNEO É PARA TI! 💙

🤝 Un evento organizado en colaboración coa ONG Rescate, promovendo deporte, convivencia e integración a través do tenis de mesa.

📅 Sábado 27 de xuño
🕓 16:00 horas
📍 Pavillón Polideportivo do Pombal – Cambados

🎉 Ambiente espectacular
🏓 Moito tenis de mesa
✨ Sorpresas ao finalizar o torneo
🤝 Aberto a todo o mundo

📲 Inscricións abertas ata o 23 de xuño a través do QR do cartel.

⚠️ Non quedes fóra e ven desfrutar dunha tarde chea de deporte, diversión e bo ambiente!

🏓💛 O tenis de mesa segue medrando no Salnés! 💛🏓Durante toda esta tempada 2025-2026, desde o Cambados Tenis de Mesa estiv...
28/05/2026

🏓💛 O tenis de mesa segue medrando no Salnés! 💛🏓

Durante toda esta tempada 2025-2026, desde o Cambados Tenis de Mesa estivemos levando este deporte a numerosos colexios da comarca do Salnés 📚🏓

👉 Máis de 1.000 nenos e nenas puideron descubrir, aprender e g***r do tenis de mesa a través das diferentes actividades realizadas polo club.

Un proxecto co que buscamos seguir fomentando o deporte, os hábitos saudables, a convivencia e os valores que transmite o tenis de mesa 💪

👏 Grazas a todos os centros educativos pola súa colaboración e a todos os rapaces e rapazas pola ilusión e ganas demostradas en cada sesión.

🔜 E isto non remata aquí…
Se che gustou o tenis de mesa e queres seguir aprendendo, mellorando e competindo,
👉 anímate a formar parte do Cambados TM a próxima tempada!

🏓🔥 Nova cita en San Tomé 🔥🏓Este sábado 21 de marzo ás 17:00 horas temos partido na casa:🆚 Concello de Cambados – Seghos ...
20/03/2026

🏓🔥 Nova cita en San Tomé 🔥🏓

Este sábado 21 de marzo ás 17:00 horas temos partido na casa:

🆚 Concello de Cambados – Seghos Escuela TM
📍 Pavillón de San Tomé

👉 Un encontro importante para seguir sumando e manternos en postos de permanencia.
💛 Contamos coa vosa animación nas gradas! 💙

💪 En canto aos encontros aprazados do pasado fin de semana en Madrid:

❌ Madrid Capital TM 4 - 2 Concello de Cambados
✅ Fuencarral TM 3 - 4 Concello de Cambados

Balance de unha vitoria e unha derrota nunha fin de semana esixente fóra da casa, co equipo competindo a gran nivel.

📊 Mantémonos na 7ª posición, co obxectivo claro de asegurar a permanencia.

💛💙

Dirección

Cambados

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Cambados Tenis de Mesa publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Cambados Tenis de Mesa:

Atajos

Compartir