14/09/2023
Dende o Cambados Gaélico queremos comunicar de forma oficial que esta tempada non participaremos por primeira vez na Liga Galega de Fútbol Gaélico.
A retirada de varios xogadores, a marcha doutros tantos e a escasa incorporación de rapaces novos, fan que resulte inviable afrontar dita competición con garantías.
A pesares disto, seguiremos traballando para intentar disputar torneos curtos durante a presente tempada (Torneo de Nadal, All-Galicia, etc). Tampouco desistiremos tratando de espallar os valores do noso deporte entre a mocidade do noso pobo, a cal ten o futuro do noso clube nas súas mans.
Finalmente, queremos agradecer o apoio dos nosos patrocinadores e colaboradores, así como das distintas institucións que nos axudaron durante todos estos anos.
Graciñas de corazón!