13/01/2022
Esta imaxe reflexa o inicio de un proxecto que un 13 de xaneiro de 2012, fai xa 10 anos, arrancou converténdonos no primeiro club de pádel indoor da provincia de fora da cidade de Lugo. Abrimos no seu momento portas non solo na Mariña, senón en toda a Provincia, mostrando que o pádel fora dunha cidade tamén podía ser un referente. Reforzámonos con outras actividades paralelas para dar un mellor servicio aos nosos usuarios: desde clases de formación, ximnasio, rokódromo, zumba, pilates, bailes de salón, masajes, … e como non unha zona infantil, hoxe en día a máis completa en diversidad de actividades. Ano tras ano, o proxecto vaise adaptando as demandas de todos vos, e sempre será así. A última novidade e o novo césped Texturizado da pista principal, único na Mariña e o segundo da provincia, máis rápido e preventivo ante posibles lesións. Tíñamos preparado un programa de actividades para celebrar este aniversario pero creemos que por responsabilidad coa situación actual da pandemia debemos pospoñelos, non cancelalos, para máis adiante. Para finalizar, especial mención pola miña parte a tod@s traballadores, usuari@s e amig@s que aportaron ese grao de area que posibilitaron que sexamos sendo o referente que hay 10 anos desexabamos ser.
Ibán García