09/11/2026
⚽️ BASE SD
Temos nova incorporación na SD Burela. Álex Esquerdeiro volve á Marosa para poñerse á fronte da categoría biberón.
Estamos seguros de que os máis pequenos aprenderán moito con el, non só de fútbol, senón tamén dos valores que representa a SD, algo que coñece moi ben 💚
Aproveitar tamen agradecerlle a Nore a súa implicación, dedicación e o tempo compartido coa nosa base, onde el mesmo se formou como xogador. Moitas grazas por todo, e moita sorte en todos os teus proxectos!