07/08/2026
💙🧡💪 Onte celebramos moito máis que dous grandes deportistas
Desde Galaicas Bueu queremos felicitar a Cachi e Silvana, dous compañeiros que representan á perfección os valores que queremos no noso club: perseveranza, disciplina, constancia, compromiso e compañeirismo.
A súa implicación co equipo e coa práctica deportiva convertéronos nunha parte indispensable da familia Galaicas Bueu. Cada adestramento, cada carreira, cada esforzo e cada reto superado son unha demostración de que a idade non é un límite, senón unha oportunidade para seguir medrando, coidándonos e desfrutando. 🏃♀️🏃♂️🧡
Para todas nós, Cachi e Silvana son tamén un exemplo de superación. De como o deporte pode ser unha forma activa de afrontar momentos difíciles da vida, de atopar forza, ilusión e motivación, e ao mesmo tempo , é unha maneira de prepararnos para o mañá cunha actitude positiva.
Porque facer deporte non é só mellorar fisicamente. É gañar saúde, autonomía, autoestima, amizades e calidade de vida. É demostrarnos a nós mesmos, que sempre podemos dar un paso máis.
Hoxe queremos que sintades todo o orgullo, cariño e recoñecemento de Galaicas Bueu. 🫶💙
Que saibades que aquí tedes un club que vos acompaña, que vos admira e que vos arroupa en cada paso.
Cachi e Silvana, grazas por ensinarnos que nunca é tarde para superarse.
🏆 ESFORZO · CONSTANCIA · COMPAÑEIRISMO · PAIXÓN
XUNTAS SOMOS MÁIS FORTES. 💙
Galaicas Xuntas Sempre!! 💕