Ozono Boiro

Ozono Boiro Actividades colectivas
Deportes grupales
Zona CrossFit
Máquinas fitness
Entrenamiento personal
Nutricionista
App Trainingym

15/04/2026

Sexas quen sexas, en Ozono tes un sitio, e o noso equipo profesional, encabezado por Dani, dará o mellor de sí mesmo para atender as túas necesidades...

E ti?? Qué Dani recoñeces??

29/03/2026

✨ Esta Semana Santa… non pares!

En Ozono seguimos abertos para que sigas sumando, coidándote e mantendo o ritmo 💪

🗓 Horario especial:

Xoves e venres → 10:00 – 14:00h
Sábado → 09:00 – 19:00h
Domingo → 10:00 – 14:00h

Non é só adestrar.

É disciplina, é hábito, é compromiso contigo.

🔥 Seguimos sumando.

📍 Ozono – O teu gym

Rematamos o curso de competición con grandes novas! 🥳🥳🥳🥳O pasado 7 de marzo, o equipo de Kenpo que adestra no Ozono   , ...
23/03/2026

Rematamos o curso de competición con grandes novas! 🥳🥳🥳🥳

O pasado 7 de marzo, o equipo de Kenpo que adestra no Ozono , participou no Campionato Galego de Kenpo, no que competiron os nosos rapaces e rapazas de Boiro.

Dos 27 nenos e nenas do noso club que participaron, 13 lograron clasificarse para o Campionato de España, celebrado a pasada fin de semana en Guadalajara.

Foi unha competición espectacular na que, unha vez máis, os nosos deportistas demostraron o seu nivel, conseguindo proclamarse campións de España en varias categorías, entre os cales cinco pertenecen ao noso equipo de Boiro.

Iago González proclamouse campión de España de katas por segundo ano consecutivo 🏅, confirmando o seu gran momento deportivo e o seu enorme compromiso co adestramento. 👏👏👏

Álvaro Sanlés e Martín López, xunto con Iago, acadaron o terceiro posto en kata por equipos 🥉🥉🥉, deixando claro o gran traballo que hai detrás e a súa excelente conexión no tatami. 🥰🥰

Lara Laíño conseguiu un terceiro posto en combate a punto 🥉, destacando pola súa intensidade, carácter competitivo e capacidade para loitar ata o final en cada combate.💪💪

Lía Rivas realizou unha gran actuación en kata individual, situándose entre as 10 mellores de España, demostrando unha evolución moi positiva e unha actitude exemplar. 👌👌

Noraboa a todos e todas polo esforzo, a dedicación e os resultados! 💛🖤

Noraboa tamén ó seu sensei Germán polos éxitos acadados, que son o reflexo da paixón que sinte por esta disciplina e a conexión coa rapazada...

Agora toca lucir con orgullo o traballo ben feito! ☺️

20/03/2026

Proxectando novos espazos, en breve dispoñibles para ti....

09/02/2026

Hoxe, máis que nunca podemos decir ben forte:



Foron tres días de gran esforzo, e sí, sabemos que puxemos a expectativa moi alta con tanto enigma, pero as horas non deron para máis e estamos moi contentos e contentas co resultado.

✔️ Modernización de espazos, para que sintas que entrenas no sitio que mereces

✔️ Organización de máquinas, para que cada lugar teña un sentido na túa rutina

✔️ Mellora na distribución, para optimizar distancias e posicións, e que campes ás túas anchas

✔️ Cambio de imaxe da sala de actividades, gris e negro, forza e concentración

✔️ Limpeza profunda, hixienizados e desinfectado

Nada foi casual, todo é pensado para que sintas Ozono diferente e mellorado, e esto sólo foi o principio do que chega.

Grazas, grazas e mil grazas, a amigos e familia que nos apoiou este finde e que arrimaron o hombro como os que máis, sen vós non sería posible.

E por suposto, a fabulosa equipa do gym, pola súa implicación e compromiso máximo.

Agora ti, cóntanos, que che parecíu??

Dirección

Avenida Constitución, Street 81
Boiro

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Ozono Boiro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Ozono Boiro:

Compartir