CLUB Malamia Taekwondo Boiro

CLUB Malamia Taekwondo Boiro CLUB DEPORTIVO MALAMÍA TAEKWONDO Escuela de Taekwondo en Boiro, referencia en la comarca del Barbanza.

Clases para todas las edades, defensa personal, preparación para competición y formación en valores como el respeto, la disciplina y la superación.

Hoxe pechamos a nosa 5 edición do campamento Malamía. Nesta ocasión, Warriors. 💛E facémolo coa sensación de ter vivido a...
29/08/2026

Hoxe pechamos a nosa 5 edición do campamento Malamía. Nesta ocasión, Warriors. 💛

E facémolo coa sensación de ter vivido algo moi especial.

Foron días de deporte, xogos, aventuras, aprendizaxes, retos, risas, compañeirismo e moitos momentos que seguramente quedarán na memoria de todos.

Grazas de corazón a todas as familias que confiastes unha vez máis en nós. Sabemos o importante que é poñer aos vosos fillos e fillas en mans doutras persoas durante tantas horas, e por iso intentamos que cada día tivese sentido, intención e algo diferente que aportarlles.

Nós organizamos, acompañamos, ensinamos e propoñemos actividades… pero cada edición lévanos á mesma conclusión:

os nenos tamén son os nosos mestres.

Ensínannos a improvisar, a mirar as cousas doutro xeito, a escoitar máis, a rir máis, a sorprendernos e, sobre todo, a seguir mellorando.

Nesta foto está gran parte do equipo que fixo posible Warriors. Faltan algunhas persoas, pero todas e cada unha delas deixaron a súa pegada nesta edición.

E hai algo que nos encanta: hoxe mesmo, sen case ter rematado, xa estabamos falando de novas ideas para o próximo campamento.

Porque cando pechas unha edición cansado, feliz, agradecido e coa cabeza chea de novas ideas… sabes que mereceu a pena.

Grazas por confiar. Grazas por sumar. Grazas por deixarnos formar parte dun anaco do seu verán.

E se esta edición significou algo para vós, deixádenos unhas palabras nos comentarios.
Ao equipo vainos facer moita ilusión lelas. 💛

27/08/2026

Isto tamén é Malamía. 💛

Risas, compañeirismo, deporte, valores e esa sensación de formar parte de algo máis grande ca unha simple actividade.

Aquí non vimos só a adestrar. Vimos a compartir, a aprender, a facer equipo e a crear unha comunidade na que cada neno e cada familia se sintan parte.

E todo isto medra tamén grazas ao apoio de quen aposta polo deporte de base.

Grazas a Jealsa, o noso patrocinador oficial, por estar ao lado do deporte do noso pobo e por axudarnos a seguir creando experiencias así.

Se buscas unha actividade onde o deporte vaia da man dos valores, do compañeirismo e da diversión, aquí tes a túa casa.

Dani Torrado

🥋 Seguimos preparando os nosos próximos cintos negros.Hoxe, Mateo Muñiz (aspirante a 2º Dan), Mariña Blanco e Mateo Calo...
11/07/2026

🥋 Seguimos preparando os nosos próximos cintos negros.

Hoxe, Mateo Muñiz (aspirante a 2º Dan), Mariña Blanco e Mateo Calo (aspirantes a Cinto Negro) participaron no curso de preparación organizado pola Federación Galega de Taekwondo.

Ser cinto negro non é só superar un exame. É o reflexo de anos de constancia, respecto, disciplina e aprendizaxe.

Moita sorte nesta recta final. Estamos moi orgullosos do voso traballo e da forma na que representades os valores de Malamía. 💛🥋

10/07/2026

⚠️ Aviso: que ninguén se meta cun Warrior de Malamía. 💛🔥

Segundo día de MALAMÍA WARRIORS E XA ESTÁN REPARTINDO LEÑA!
Encantados con estos grupos nesta edicion máis… WARRIOR!😒

CAMPAMENTO MALAMÍA WARRIORSEscríbenos para pedirnos más info 🤗
16/06/2026

CAMPAMENTO MALAMÍA WARRIORS

Escríbenos para pedirnos más info 🤗

14/06/2026

Daniel Torrado y sus hijas Daniela, de 10 años, y Megan, de 6, festejaron el mismo día sus respectivas medallas de oro en el torneo autonómico de hapkido

30/05/2026

BOIRO> Máis de 500 taekwondistas de categorías base chegados dende diferentes localidades galegas daranse cita esta vindeira fin de semana en Boiro, no pavillón de Barraña, para disputar, o sábado, o Campionato Galego Exhibición de Hapkido, e o domingo, o Campionato Galego Escolar de Combate.

Para poder desenvolver estes dous Campionatos, que poñerán a Boiro no epicentro do taekwondo a nivel autonómico, o Club Malamía conta coa colaboración de Jealsa.

Dende o Concello, que colabora tamén na organización, agradeceuse tanto ó Club como a Federación ter reparado en Boiro para poder acoller estes dous importantes eventos deportivos, animando á veciñanza a ir a presencialos.

03/05/2026

Dirección

Rúa Severo Ochoa, 4
Boiro
15930

Horario de Apertura

Lunes 18:00 - 22:00
Martes 17:00 - 22:00
Miércoles 18:00 - 22:00
Jueves 17:00 - 22:00
Viernes 18:00 - 22:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CLUB Malamia Taekwondo Boiro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir