29/08/2026
✍️ Carlos Rodríguez Mazaira (Covadonga, Ourense, 2002) regresa á UD Barbadás.
O futbolista ourensán afronta a súa segunda etapa no club, ao que regresa procedente do Rayo 21, despois de varias tempadas nas que continuou demostrando a súa calidade e a súa capacidade para marcar diferenzas en posicións ofensivas.
Carlos iniciou a súa formación no antigo Santa Teresita, actual Rayo 21, antes de pasar polas canteiras do Ourense CF e da UD Ourense. Desde moi novo deixou claras as súas condicións e, sendo aínda xuvenil de primeiro ano, xa competía co equipo sénior do Santa Teresita. Nesa tempada foi unha peza importante para conseguir Liga e Copa, contribuíndo ademais con 9 goles.
A súa progresión continuou na UD Ourense, onde no seu último ano como xuvenil debutou co primeiro equipo na Terceira RFEF, chegando a anotar dous goles a pesar da súa idade. Xa na súa primeira tempada como sénior, volveu demostrar o seu potencial, conseguindo 8 goles en Preferente e sendo partícipe do ascenso da UD Ourense á Terceira RFEF.
Carlos é un futbolista de enorme calidade técnica, cun gran golpeo de balón e un notable olfacto goleador. A súa polivalencia é outra das súas grandes virtudes, xa que pode ocupar practicamente calquera posición da fronte ofensiva, adaptándose ás necesidades do equipo e achegando perigo desde diferentes zonas do campo.
Agora regresa á UD Barbadás cunha maior experiencia e coa ilusión de volver defender as cores azulonas. Un futbolista que coñece a casa, que xa sabe o que significa competir con esta camisola e que chega preparado para achegar talento, gol e personalidade ao noso ataque.
Co seu regreso, o club recupera un xogador cunha gran identificación coa entidade e cun perfil ofensivo que nos permitirá contar con máis recursos e alternativas no último terzo.
Benvido de novo á familia da UD Barbadás, Carlos! 💙🤍