Deportes Concello de Arzúa

Deportes Concello de Arzúa Páxina oficial de facebook de deportes do Concello de Arzúa

29/06/2026
18/06/2026

Arzúa acolle este sábado un Campionato de Europa de K1 Pro e o II Campionato Cerne de Galiza de Low Kick

O Polideportivo do Viso acollerá este sábado 20 de xuño, a partir das 19:00 horas, unha importante cita deportiva organizada pola Escola Ayude.

A velada contará co combate polo Campionato de Europa de K1 Pro entre o galego Aron Ayude, que competirá en representación de España, e o italiano Amin Aarafa.

Na mesma xornada tamén se disputará o II Campionato Cerne de Galiza de Low Kick, nun evento impulsado pola Escola Ayude que converterá Arzúa nun punto de encontro para os deportes de contacto.

Desde o Concello de Arzúa animamos a veciñanza a achegarse e desfrutar desta importante cita deportiva.

14/01/2026

O Concello de Arzúa abre o prazo de inscrición para a XXIII Liga Local de Fútbol Sala.

A inscrición ábrese este xoves 15 de xaneiro de 2026 e permanecerá aberta ata o martes 27 de xaneiro ás 14:00 h.

As persoas interesadas poderán inscribirse de luns a venres, de 8:30 a 14:00 h, na Oficina de Cultura e Deportes, situada na rúa Padre Pardo, 33 – 1º andar (Edificio María Mariño).

Tamén se pode obter información e realizar a inscrición chamando aos teléfonos 981 500 222 ou 676 172 978, preguntando por Pachal.

30/09/2025

📢 O Concello de Arzúa informa que o vindeiro luns, 6 de outubro, reabrirá a piscina climatizada municipal.

Somos conscientes de que este retraso puido ocasionar inconvenientes na planificación do día a día das persoas usuarias, e por iso agradecemos a paciencia e a comprensión da veciñanza.

A prioridade foi en todo momento garantir que as instalacións estivesen en condicións óptimas e seguras. A partir do día 6 poderedes volver desfrutar da piscina con total tranquilidade.

Agardamos que desfrutedes das instalacións renovadas.

19/09/2025

Dirección

Rua Padre Pardo 33-1
Arzúa
15810

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Deportes Concello de Arzúa publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Deportes Concello de Arzúa:

Compartir

Categoría