05/10/2026
🌟 foi esta fin de semana o epicentro da formación do galego! 🏉
O Campo de Rugby de e as aulas do Centro Cívico de viviron esta fin de semana un acontecemento histórico para o noso deporte. Grazas ao traballo da Federación Galega de Rugby , a Federación Española de Rugby e aos membros do noso clube, fumos quen de acoller de forma simultánea os cursos oficiais de adestradores Nivel 1 (L1) e Nivel 2 (L2), reunindo en Arteixo a máis de 50 técnicos e formadores procedentes de toda Galicia.
Esta aposta pola formación continua forma parte dos piares fundamentais da directiva do club. Como ben defende o noso presidente, Luis Montes “Lucho”, para construír un gran club é imprescindible seguir formando ás persoas que adestran, guían e acompañan cada día aos nosos xogadores e xogadoras.
Estamos enormemente orgullosos da gran representación do CD Zalaeta que participou activamente nestes cursos para seguir medrando tecnicamente:
🎓 Nivel 2: Souto e Alfredo.
🎓 Nivel 1: Aarón, Breo, Jano, Gastón e Brais.
Un éxito deste calibre non sería posíbel sen o apoio incondicional do Concello de Arteixo , da concelleira de Deportes, Puri Zas, e de todo o equipo do Servizo Municipal de Deportes. Grazas por crer no noso proxecto, axudarnos a mellorar as nosas instalacións e facer realidade os nosos soños. Grazas tamén ás federacións por depositar a súa confianza en nós e especialmente aos formadores César Archilla, Vanesa Rial, Jos Portos e David Carreras.
Tras esta fin de semana inesquecible, xa miramos cara ao noso seguinte gran reto: acoller moi pronto o primeiro partido oficial de liga no Campo de Oseiro. 🐺💪
Un novo paso para o Zalaeta. Un novo paso para Arteixo. Un novo paso para facer medrar o rugby galego!