11/09/2026
🎙️ DECLARACIÓNS DO MÍSTER
“Agárdanos un partido complicado contra un dos rivais máis fortes da competición. Ademais, veñen dun tropezo na casa esta semana, polo que chegarán coa misión de gañarnos para resarcirse desa primeira derrota.
Temos moitas gañas de xogar co apoio da nosa xente. Afrontaremos o partido cun plan claro, buscando as súas debilidades e intentando minimizar as súas virtudes para poder derrotar a unha das plantillas máis completas da liga.
💪 Todos xuntos, a por eles!