Clube Voleibol Tambre

Clube Voleibol Tambre Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Clube Voleibol Tambre, Club deportivo, Rúa das Hedras 6/2A Milladoiro (Ames) A Coruña, Amés.

Derradeira xornada de Volei Praia   desta tempada!Grazas ás nosas xogadoras polo seu esforzo, traballo e ganas de seguir...
25/08/2018

Derradeira xornada de Volei Praia desta tempada!
Grazas ás nosas xogadoras polo seu esforzo, traballo e ganas de seguir mellorando día a día. Grazas a nais,pais e irmáns que fixeron posible ,con poucos medios e moito corazón ,que participásemos regularmente no circuito federado de categorías inferiores e disfrutásemos de torneos de gran tradición como a Foliada de Razo ou Rianxo. Grazas ao noso adestrador que sacou tempo onde non o tiña para estar, apoiar e orientar as nosas nenas. Grazas en definitiva por pertencer e crer no Clube Voleibol Tambre!
Ata setembro! Mudaremos as chanclas polas deportivas e iniciaremos novos retos!

Fantástica tarde pasaron as nosas xogadoras Iria, Estela, Julia e Irene na praia de Tanxil facendo o que máis lles gusta...
19/08/2018

Fantástica tarde pasaron as nosas xogadoras Iria, Estela, Julia e Irene na praia de Tanxil facendo o que máis lles gusta. Xogar ao voleipraia. Combinación perfecta de sorrisos, ledicia e bos resultados. Parabéns chicas!

16/08/2018

Las Gaviotas acogió su memorial con una multitudinaria competición de vóley playa

O tempo non acompañou na praia de Razo pero iso non foi un impedimento para que na XI edición da súa Foliada se reuniran...
12/08/2018

O tempo non acompañou na praia de Razo pero iso non foi un impedimento para que na XI edición da súa Foliada se reuniran centenares de persoas de distintas idades para disfrutar da gran Festa do Volei Praia. Realmente un gran día! Voltaremos seguro!

06/08/2018

🇪🇸 VS 🇵🇹 O vindeiro sábado (19:30) o volei de primeiro nivel volve á Cachada! A Selección Española Absoluta Feminina continúa cos preparativos para o Preeuropeo recibindo agora ao combinado nacional portugués. Duelo ibérico en Boiro, para todxs vós amantes do volei!

Gran ambiente festivo na praia do Ézaro onde debutaron as nosas alevíns (Moure- Del Río) no circuito" Vichy Catalán " ac...
06/08/2018

Gran ambiente festivo na praia do Ézaro onde debutaron as nosas alevíns (Moure- Del Río) no circuito" Vichy Catalán " acadando un merecido 4º posto. As nosas pequenas demostraron afouteza e boas maneiras en partidos moi competidos. Parabéns!
Tamén participaron as nosa parella infantil (Souto- Moure) e cadete (García- Souto) que progresan e van consolidándose na competición. Seguimos traballando!

Fin de semana intenso! O venres e sábado disfrutamos coa selección española nos seus amistosos contra Bélxica. Gran ambi...
06/08/2018

Fin de semana intenso! O venres e sábado disfrutamos coa selección española nos seus amistosos contra Bélxica. Gran ambiente e afición en Boiro e Noia respectivamente. Aínda que a victoria non foi para a nosas" leonas" fixéronnos vibrar cos seus partidos.

Boas sensacións para as nosas xogadoras no campionato desta fin de semana en Oira. Tanto a nosa parella infantil (Souto-...
23/07/2018

Boas sensacións para as nosas xogadoras no campionato desta fin de semana en Oira. Tanto a nosa parella infantil (Souto- Moure) como a nosa parella cadete (Vázquez- Souto) chegaron a cuartos con bo xogo e seguridade ante grandes parellas. Estamos no bo camiño. Adiante e a seguir traballando que queda moito 🏖️
As nosas felicitacións ao clube organizador polo seu bo facer na organización e pola calidade das súas canchas.

15/07/2018

Boas novas! A nosa xogadora Alba Vázquez convocada na concentración da selección galega sub-19. Parabéns e boa sorte Alba!

09/07/2018

Sumámonos ao pesar do voleibol galego polo falecemento prematuro do xogador do Aldebarán Óscar Prieto, trasladando as nosas condolencias a familiares, amigos e compañeiros de clube.

Este fin de semana na  2ª proba de categorías inferiores "Circuito Vichy Catalán" en Boiro, os resultados obtidos polas ...
09/07/2018

Este fin de semana na 2ª proba de categorías inferiores "Circuito Vichy Catalán" en Boiro, os resultados obtidos polas nosas xogadoras foron discretos caendo as nosas infantís e sub 19 na fase previa e as nosas cadetes en cuartos ante unha gran parella rival. Destacamos o bo ambiente vivido entre todas as xogadoras e a loita e paixón que lles anima a seguir traballando!

Dirección

Rúa Das Hedras 6/2A Milladoiro (Ames) A Coruña
Amés
15895

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Clube Voleibol Tambre publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Clube Voleibol Tambre:

Compartir

Categoría