Mételle un gol ó cancro

Mételle un gol ó cancro Torneo benéfico de futsal que se disputa no Pavillón Municipal de San Marcos (Abegondo - A Coruña).

Grazas pola acollida por parte da nosa veciñanza, do alcalde e do persoal do concello. No noso lar, onde comezou esta vi...
18/03/2026

Grazas pola acollida por parte da nosa veciñanza, do alcalde e do persoal do concello. No noso lar, onde comezou esta viaxe marabillosa que non deixa de medrar.

26 anos non son nada!

Diante do Centro Oncolóxico de Galicia, co mar como testemuña, reafirmamos o noso compromiso.Porque cada paso conta. Cad...
04/03/2026

Diante do Centro Oncolóxico de Galicia, co mar como testemuña, reafirmamos o noso compromiso.

Porque cada paso conta. Cada historia suma. E cada gol é esperanza. 💙🌊⚽

📸 Dani Patiño -

Hoxe demostramos que o fútbol, a cultura e a solidariedade poden xogar no mesmo equipo.E tamén aprendemos algo important...
04/03/2026

Hoxe demostramos que o fútbol, a cultura e a solidariedade poden xogar no mesmo equipo.

E tamén aprendemos algo importante:
Carlos Ares non lle ten medo ás estrelas da televisión nin do cine —pode escribir o mellor guión da televisión galega (Mareas Vivas)— pero diante dos futbolistas… ponse un chisco nervioso 😉⚽

Grazas a todas as persoas que viñestes compartir esta historia connosco. Seguimos xogando este partido. 💙

📸 Dani Patiño -

3.000 grazas convertidas en compromiso.Esta achega procede da recadación do noso torneo solidario en Abegondo e destinar...
04/03/2026

3.000 grazas convertidas en compromiso.

Esta achega procede da recadación do noso torneo solidario en Abegondo e destinarase á renovación de televisores gratuítos nas habitacións do Centro Oncolóxico de Galicia, dentro do seu proceso de humanización.

O deporte mobiliza. A solidariedade transforma. E xuntos seguimos meténdolle un gol ó cancro. ⚽💙

📸 Dani Patiño -

Un acto cheo de emoción, memoria e comunidade.Presentamos Presas de Historias rodeados de persoas que cren que o deporte...
04/03/2026

Un acto cheo de emoción, memoria e comunidade.

Presentamos Presas de Historias rodeados de persoas que cren que o deporte pode ser compromiso e que a cultura pode ser solidariedade.

Grazas a Isabel Blanco por conducir a presentación con sensibilidade e forza.
Grazas a Fran González e aos Veteranos RC Deportivo polo seu apoio e compromiso sempre presente.
Grazas a Carlos Ares por compartir a súa historia e poñerlle palabras á emoción.

Historias que unen. Xestos que suman. Unha causa que nos move. 💙

📸 Dani Patiño -

Hoxe presentamos Presas de Historias – Deporte e Paixón no Centro Oncolóxico de Galicia.Este libro leva nome e corazón.P...
04/03/2026

Hoxe presentamos Presas de Historias – Deporte e Paixón no Centro Oncolóxico de Galicia.

Este libro leva nome e corazón.

Presas de Historias está dedicado a Mari Carmen, unha muller que foi unión, xenerosidade e compromiso. Das que fan sen buscar foco. Das que sosteñen equipos, persoas e causas en silencio.

Cada páxina é tamén unha maneira de dicir grazas. 💙📖

📸 Dani Pariño -

https://metelleungolocancro.com/mugoc-entrega-3-000-euros-ao-centro-oncoloxico-de-galicia-na-presentacion-do-libro-solidario-presas-de-historias/

Neste Día Mundial contra o Cancro queremos compartir algo moi especial contigo. Presentámosvos o noso segundo libro:Pres...
04/02/2026

Neste Día Mundial contra o Cancro queremos compartir algo moi especial contigo. Presentámosvos o noso segundo libro:
Presas de Historias – Deporte e Paixón

Este libro naceu para honrar a memoria de Mary Carmen Presas, amiga, deportivista e exemplo de xenerosidade. Desde 2010 participou activamente en Mételle Un Gol Ó Cancro, sempre disposta a axudar, transformando o deporte en solidariedade. A súa pegada segue viva en cada persoa que a coñeceu.

Presas de Historias, como indica o seu título, é unha colección de relatos sobre deporte e paixón. Historias que nos emocionan, nos fan reflexionar e nos lembran o que nos move. Algunhas son reais, outras imaxinarias, pero todas nacen do mesmo lugar: do compromiso, da amizade e do desexo de facer o ben.

Neste día, tamén queremos lembrar a importancia da prevención, a investigación e os coidados, fundamentais para mellorar a saúde e protexer a vida. Cada pequeno xesto conta, e cada investimento marca a diferenza.

Todo o recadado con este libro destinarase a proxectos oncolóxicos en Galicia, convertendo cada exemplar nun xesto de apoio real para quen máis o necesita.

Escríbeno persoas de distintos percorridos que quixeron aportar a súa voz e as súas historias a esta homenaxe colectiva:
Manolete, Fran, Arturo Lezcano, Gabriel Barrós, Javi Torres, Zeltia Regueiro, Xurxo Souto, Bibiana Santiso, Alexandre Centeno, Mónica Martínez, Alfonso Hermida, Lois Novo, Óscar Losada, María Reimóndez, Ana Cermeño, Sole Parral, Alberto Gómez Barros, Pili Neira, Vanessa Castelao, Carlos Ares, Isabel Blanco e Terio Carreira.

📩 Reserva o teu exemplar:
➡️ [email protected]

📍 Moi pronto faremos presentacións e charlas — queres que vaiamos á túa vila? Escríbenos!

💬 Axúdanos a difundir:
Comparte esta publicación, etiqueta a alguén que ame o deporte ou os libros e cóntanos:
👉 Que significa para ti transformar a paixón en solidariedade?

Encántanos ver como Mételle un gol ó cancro segue medrando e poñendo Abegondo no mapa. Un torneo que leva anos sendo unh...
29/12/2025

Encántanos ver como Mételle un gol ó cancro segue medrando e poñendo Abegondo no mapa. Un torneo que leva anos sendo unha referencia deportiva e social, grazas ao traballo e á ilusión de moita xente, e que é unha magnífica carta de presentación do noso concello.

25/12/2025

Dende Mételle Un Gol Ó Cancro, enviámosvos os nosos mellores desexos para estas festas.
Bo Nadal! 💘⚽️

Dirección

Abegondo

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Mételle un gol ó cancro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Mételle un gol ó cancro:

Compartir