Artabros CrossFit

Artabros CrossFit Centro CrossFit de referencia na Coruña e na súa área metropolitana des o 2014. Proba con auténticos profesionais especializados no deporte de noso!
(210)

06/09/2026

🎯 ADESTRAMENTO INDIVIDUALIZADO

Ás veces, un obxectivo require tempo, foco e traballo específico.

Por iso, en Ártabros poñemos á túa disposición o servizo de adestramento individualizado: sesións individuais para traballar de maneira específica aquilo no que queres avanzar.

Pode ser unha boa opción para:
💪 Traballo técnico e específico: desbloqueo de movementos.
📈 Planificación adaptada aos teus obxectivos.
🧠 Acompañamento e atención durante todo o proceso.
🎯 Unha proposta de adestramento feita á túa medida.

Unha oportunidade para dedicar unha sesión completa a un obxectivo concreto, con tempo para analizar, practicar, corrixir e progresar.

Se tes algo en mente no que queres avanzar,
📩 Solicita máis información na recepción ou coa nosa equipa.

03/09/2026

📣 ABRIMOS INSCRICIÓNS PARA O BURPEETHON EN ÁRTABROS CROSSFIT 💥EVENTO SOLIDARIO CON HORIZON ONG

👉 17 OUTUBRO

Xa vos podedes inscribir no Burpeethon, un evento deportivo e solidario en parellas.

🗓️ Data límite de inscrición: 30 SETEMBRO
💶 Prezo por persoa: 25 €

A inscrición inclúe:

👕 Pack de participante con camisola especial do evento

💧 Pack hidratante para que esteades a todo tren até o final

❤️ A vosa participación colabora coa ONG Horizon Experiences, na súa labor cunha comunidade de Uganda: construcción dunha escola, levar un servicio de electricidade a través de placas solares, sistema de auga potable, e instaurar un sistema de cultivos para proporcionarlles comida diaria e independencia.
horizonexperiences.com

Alén diso, axiña desvelaremos os tramos do Burpeethon, para coñecerdes a súa composición e que poidades preparar a vosa estratexia.

Non deixedes pasar esta oportunidade de participar nunha experiencia única chea de diversión, afouteza e solidariedade en familia.

➡️ Inscríbídevos canto antes na recepción! Facede parte do Burpeethon e axúdanos a deixar unha pegada positiva!

30/08/2026

Probaches os Speed Skaters?

Se queres probar clases oficiais de HYROX, escríbenos e reserva agora unha proba gratuita!

27/08/2026

“Unha das cousas que me sorprendeu foi encontrar nas redes sociais que se utilizase o galego aquí en Ártabros” ❤️

O galego é a nosa lingua, e imos empregala. Apréndese falando e consérvase mantendoa viva.

Estamos moi orgullosos de contar con alguén tan especiais coma ti, Manoel. Es un atleta e unha persoa marabillosa. Grazas por sumar a esta comunidade, grazas por confiar en Ártabros e por inspirarnos tanto como o fas.

Seguimos sumando adestramentos e momentos xuntos!

25/08/2026

Familia, superación e diversión

23/08/2026

Coñecías este adestramento de referencia?

20/08/2026

Uns vermes con flexións son outra cousa, meu 😎

16/08/2026

Aprobas estos 3 test de mobilidade de cadeira?

13/08/2026

“A nivel mental isto é unha axuda moi grande” ❤️

Estamos moi orgullosos de contar cunha persoa tan excepcional dende os inicios de Ártabros. O noso benquerido Fiki leva adestrando connosco 12 marabillosos anos. Grazas por confiar en Ártabros, por sumar a esta familia e por quedarte. A primeira clase non debeu ser tan horrible 😂👌

11/08/2026

🙅‍♂️🙅‍♀️🙅

Dirección

Avenida Fisterra, 287
A Coruña
15008

Horario de Apertura

Lunes 07:30 - 22:30
Martes 07:30 - 22:30
Miércoles 07:30 - 22:30
Jueves 07:30 - 22:30
Viernes 07:30 - 22:30
Sábado 10:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Artabros CrossFit publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Artabros CrossFit:

Atajos

Compartir