Club Deportivo Los Rosales

Club Deportivo Los Rosales Futbol Sala y Baloncesto del barrio de Os Rosales de A Coruña

Club Deportivo de Fútbol-Sala y Baloncesto, basamos nuestra actividad en el deporte como medio de socialización, vida sana y educación en valores.

Renova Jorge González para o equipo Senior Masculino, escolta/alero, (2008).Gran xogador e mellor persoa. Dende Junior d...
14/09/2026

Renova Jorge González para o equipo Senior Masculino, escolta/alero, (2008).

Gran xogador e mellor persoa. Dende Junior de primeiro ano que Jorge comezou a adestrar e a xogar partidos co noso primeiro equipo.
A súa man esquerda é coma un agasallo de aniversario para os seus adestradores, só aparece unha vez ao ano.

Un pracer volver contar contigo un aniño máis, Jorge!

1, 2, 3… RO-SA-LEEEES!🏀

En nome de todo o Club Deportivo Los Rosales, queremos facerlle chegar o noso máis sentido pésame á nosa compañeira Marí...
13/09/2026

En nome de todo o Club Deportivo Los Rosales, queremos facerlle chegar o noso máis sentido pésame á nosa compañeira María José Pereira Rañales e a toda a súa familia pola irreparable perda da súa nai. Enviámoslles unha aperta solidaria e moita forza neste momento tan difícil.

Comezamos a xornada de portas abertas da actividade de baloncesto no Club Deportivo Los Rosales. Ven a xogar con nós!! L...
27/08/2026

Comezamos a xornada de portas abertas da actividade de baloncesto no Club Deportivo Los Rosales.
Ven a xogar con nós!!

Link para inscribirse ás portas abertas na biografía do perfil.

📅: do 1 ao 20 de setembro.
📍: pavillón Los Rosales.

Masculino: dende o ano 2023 ata 2011 máis 2008 e anteriores.
Feminino: dende o ano 2023 ata o ano 2013 máis 2008 e anteriores.

Rivi Barberoom piratas del basket Federopticos Luisa Souto Mapfre (oficina Los Rosales) .s.e

O pasado 20 de xuño os nosos xogadores de Premini, Aiden Galan e Alicia Linos, foron convocados pola selección coruñesa ...
25/06/2026

O pasado 20 de xuño os nosos xogadores de Premini, Aiden Galan e Alicia Linos, foron convocados pola selección coruñesa masculina e feminina respectivamente.

Unha alegría para o noso club e o equipo técnico que estuvo estes anos con eles.

Este é o esultado do directo que acabamos de emitir.Se tes algun dos números contacta con nós.Se non atopamos ganador re...
19/06/2026

Este é o esultado do directo que acabamos de emitir.

Se tes algun dos números contacta con nós.

Se non atopamos ganador realizaremos un novo sorteo.

11/06/2026

SÉNIOR MASCULINO | Semifinais da Copa CD Los Rosales vs BBCA

E chegou o último partido da temporada. Se houbese unha crónica máis, significaría que estariamos falando dunha final. Non foi o caso, pero iso non debe impedirnos mirar atrás e valorar todo o camiño percorrido.

Esta foi unha campaña complexa, desas que esixen paciencia, traballo e confianza. Unha temporada na que houbo que axustar moitas pezas, organizar un grupo practicamente novo e buscar a estabilidade necesaria para que cada xogador atopase o seu sitio dentro do equipo. Porque este proxecto naceu case desde cero, con moitos xogadores que apenas compartiran pista anteriormente e que tiveron que aprender a coñecerse, entenderse e crecer xuntos.

Houbo derrotas que fixeron dano no aspecto psicolóxico e que puxeron a proba a nosa capacidade de reacción. Tamén houbo vitorias que serviron para dar pasos adiante e reforzar a confianza do grupo. Incluso nalgúns triunfos quedou a sensación de que aínda había moito por mellorar, demostrando a esixencia e a ambición que sempre acompañaron a este equipo.

A realidade é que a nosa pretemporada foi toda a temporada. Cada adestramento, cada partido e cada experiencia compartida serviron para construír algo que vai moito máis alá dos resultados. O obxectivo principal era crear unha identidade, formar un equipo e sentar unhas bases sólidas para o futuro.

Agora toca descansar, reflexionar e preparar o seguinte capítulo. Agardamos que a próxima temporada nos atope a todos máis cómodos sobre a pista, cunhas dinámicas de xogo máis fluídas, unhas sinerxías máis fortes e unha maior conexión entre todos os membros do grupo.

Porque, por enriba de todo, hai motivos para ser optimistas. Este é un grupo co que se pode desfrutar, aprender e competir. Un grupo que ten marxe de crecemento e que demostrou compromiso nos momentos bos e nos difíciles. E iso, ao final, é o que permite construír algo duradeiro.

Grazas a todos os xogadores, corpo técnico e persoas que acompañaron ao equipo durante esta aventura. O mellor desta temporada pode que non estea no que conseguimos, senón no que empezamos a construír para o futuro.

1, 2, 3, Ro S

Rematamos os partidos federados da tempada.Moitas grazas por acompañarnos, aplaudirnos e apoiarnos. E esperemos que a fa...
08/06/2026

Rematamos os partidos federados da tempada.

Moitas grazas por acompañarnos, aplaudirnos e apoiarnos. E esperemos que a familia siga medrando na 26-27.

En breve abriremos inscripcións nas categorías de Infantil, Cadete, Junior e Senior, tanto masculinas como femininas.

Toca seguir traballando para que a labor formacional e deportiva sexa a mellor posible.

1,2,3 Ro Sa Les!!!

Vinde a Ferrol a apoiar ao noso Senior masculino.1, 2, 3, Ro Sa Les!!!!
04/06/2026

Vinde a Ferrol a apoiar ao noso Senior masculino.

1, 2, 3, Ro Sa Les!!!!

PreminiCD Los Rosales benxamín 16Resumo da CopaOitavos de final: CD Los Rosales 16 EPB 59 - 26 CambreCuartos de final: C...
04/06/2026

Premini

CD Los Rosales benxamín 16

Resumo da Copa

Oitavos de final: CD Los Rosales 16 EPB 59 - 26 Cambre
Cuartos de final: CD Los Rosales 16 EPB 60 - 39 Compañía de María B
Semifinal: CD Los Rosales 16 EPB 33 - 84 Compañía de María A

Pechamos a tempada cunha gran participación na Copa, acadando as semifinais e rematando entre os mellores equipos da competición. Un premio merecido para un grupo que traballou con ilusión, compromiso e constancia ao longo de todo o ano.

Máis aló dos resultados, este equipo destacou pola súa capacidade para manterse unido en todo momento, apoiándose nos momentos bos e tamén nos máis difíciles. Sempre mirando cara adiante, demostrando respecto polos compañeiros, polos rivais e polo xogo, e entendendo que o verdadeiro crecemento chega a través do esforzo diario e do traballo en equipo.

Queremos felicitar a todos estes pequenos xogadores polas súas ganas constantes de aprender, mellorar e superar novos retos. A súa actitude nos adestramentos e nos partidos foi un exemplo do que significa formar parte dun equipo.
Marchamos orgullosos de todo o conseguido, pero sobre todo da evolución persoal e deportiva que cada un deles mostrou ao longo do ano. Este é só un paso máis nunha aprendizaxe que continúa, e estamos convencidos de que o mellor aínda está por vir.

Parabéns, equipo, por outra gran tempada!

1, 2, 3... ROSALES!

BabybasketCD Los Rosales iniciaciónGran peche de tempada para os máis pequenos do club cunha fantástica xornada de peque...
04/06/2026

Babybasket

CD Los Rosales iniciación

Gran peche de tempada para os máis pequenos do club cunha fantástica xornada de pequebasket e convivencia, unha oportunidade perfecta para g***r xuntos e poñer en práctica moitas das cousas que fomos traballando ao longo das semanas.

Queremos felicitar a todos os participantes pola súa ilusión, a súa enerxía inesgotable e as ganas de aprender que demostraron en cada adestramento e en cada actividade. Ver a súa evolución, tanto dentro como fóra da pista, foi sen dúbida o máis gratificante desta tempada.

Rematamos unha etapa chea de aprendizaxes, xogos e bos momentos compartidos, e xa agardamos con ilusión a próxima tempada para seguir medrando, desfrutando e aprendendo xuntos.

1, 2, 3... ROSALES!

Dirección

Avenida Labañou, 5 Bj
A Coruña
15011

Horario de Apertura

Lunes 19:00 - 20:00
Viernes 19:00 - 20:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Club Deportivo Los Rosales publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Club Deportivo Los Rosales:

Atajos

Compartir