Ciclos Clemente

Ciclos Clemente Tenda especializada en bicicleta urbana e de viaxe.

Poucas marcas da actual industria ciclista poden equipararse a Hope Technology Ltd, con produtos de alto rendemento dese...
15/02/2021

Poucas marcas da actual industria ciclista poden equipararse a Hope Technology Ltd, con produtos de alto rendemento deseñados coa durabilidade e plena reparabilidade en mente. A día de hoxe, Hope aínda ofrece o despece completo para a reparación de compoñentes de fai 20 anos.

Os seus prezos son bastante contidos dentro do segmento de máis altas prestacións, o que resulta singularmente estimable por tratarse dunha compañía que rexeita a deslocalización: o proceso integral de deseño, proba e fabricación dos seus produtos realízase nas súas instalacións de Barnoldswick (ENG).

Este par de buxes Pro 4 en versión QR pertencen a unha montaxe realizada recentemente no taller. Teñen rodamentos selados de aceiro inoxidable e o núcleo funciona con catro trinquetes e un anel de 44 dentes (a 8.5°). Ata a máis pequena das súas pezas (resortes, xuntas, etc.) pode mercarse por separado para recambio e mantemento.

Hoxe a prensa local recolle esta campaña solidaria de recuperación de bicicletas en desuso, e con ela dálle visibilidade...
13/09/2020

Hoxe a prensa local recolle esta campaña solidaria de recuperación de bicicletas en desuso, e con ela dálle visibilidade ao taller social Reciclos.

Este taller leva case doce anos funcionando, facilitando o acceso a unha bicicleta e ao seu mantemento a moitas persoas; desde xente con dificultades económicas ata quen simplemente quere aprender mecánica e facer reparacións pola súa conta.

Dispoñen dun bonito taller moi ben equipado, persoas con coñecementos dispostas a botar unha man e un gran surtido de bicicletas, compoñentes e accesorios reciclados que agora mesmo -ante o aumento de demanda en tempos de pandemia- precisa máis material que nunca.

Abren cada martes de 17 a 21h no antigo Padre Rubinos do barrio de Labañou, na rúa Víctor Fernández. Tamén se pode contactar por correo: [email protected]

O ciclotaller Recyclos recolle bicis vellas ou en desuso para a súa reparación, coa fin de repartilas a persoas sen recursos tralo aumento da demanda despois do confinamento

A Panorama de Ridgeback Bikes é un interesante modelo de bicicleta de viaxe, do que en 2019 saíron dúas unidades da tend...
15/08/2020

A Panorama de Ridgeback Bikes é un interesante modelo de bicicleta de viaxe, do que en 2019 saíron dúas unidades da tenda-taller.

En ambos casos tratouse de encargos realizados por persoas que se acercaron consultando por bicicletas gravel, en plena eclosión comercial deste tipo de bicis, a pesar de ter en mente un uso puramente viaxeiro.

É de agradecer que atendesen aos consellos e recomendacións prestadas sobre o tipo de bici máis adecuado, e foi moi interesante poder ofrecerlle a unha destas persoas a posibilidade de comprobar a gran diferencia de comportamento da súa Ridgeback Panorama co dunha gravel Genesis Croix de Fer, ao dispoñer de unha unidade de proba da mesma talla.

En ambos casos engadimos accesorios e melloras á carta. Tratouse de materiais e traballos habituais no taller: radiado de dínamo Shutter Precision e instalación de luces Busch und Müller, así como a mellora da freada con fundas Yokozuna Reaction e discos de freo Shimano SLX.

A montaxe de serie parte da gran base que é o cadro de aceiro cromoly con tubería Reynolds 725, biconificada e tratada termicamente. As súas xeometrías están orientadas a ofrecer confort en viaxes, así como estabilidade incluso coa bicicleta cargada de equipaxe. Cabe sinalar un paso de roda xeneroso, con capacidade para neumáticos e gardalamas máis anchos que os de fábrica.

No que se refire ao grupo mecánico, a transmisión é unha versátil 3x9 que combina diferentes gamas mtb de Shimano cuns mandos STI Sora.

O portabultos Tubus e as pinzas de freo TRP Spyre C tamén corresponden á montaxe de serie.

Consultas e encargos preferiblemente por e-mail: [email protected]

Genesis Bikes Croix de Fer 20 2020 entregada o pasado inverno. Con menos modificacións das habituais, destacan non obsta...
08/06/2020

Genesis Bikes Croix de Fer 20 2020 entregada o pasado inverno.

Con menos modificacións das habituais, destacan non obstante a mellora da freada con un kit de fundas Yokozuna Reaction e uns discos Shimano SLX, así como as vistosas cubertas G-One de Schwalbe en acabado 'tan-wall' e 42mm de ancho.

Como sempre, realizouse un axuste mecánico completo e un tratamento anti-corrosivo do interior do cadro entre outros detalles.

Consultas e encargos preferiblemente por e-mail: [email protected]

FUNCIONAMENTO FASE 0 DESESCALADA.Tras cesar a actividade desde o pasado 13 de marzo, esta mañá a tenda-taller volveu á a...
05/05/2020

FUNCIONAMENTO FASE 0 DESESCALADA.

Tras cesar a actividade desde o pasado 13 de marzo, esta mañá a tenda-taller volveu á actividade coas seguintes dinámicas:

1️⃣ Traballo a porta pechada e atención só con cita previa.

2️⃣ Servizo de taller exclusivo para bicicletas mercadas no mesmo establecemento e clientela habitual.

3️⃣ Servizo de venda de recambios, accesorios, cadros e bicicletas operativo e aberto ao público xeral. Opción de envío a domicilio.

4️⃣ Solicitude de citas a través de [email protected], MP en Facebook e Instagram ou Whatsapp e Telegram (número dispoñible só para a clientela habitual). Para chamadas telefónicas o horario de atención é de 10:00 a 16:00h.

5️⃣ Desinfección do material á súa recepción e/ou saída do establecemento. Utilización de equipos de proteción individual (pola vosa parte, agradécese o uso de máscara).

Espero que vos atopedes tod@s ben. Non dubidedes en mandar unha mensaxe aínda que non precisedes nada da tenda-taller. Moito ánimo a quen estea pasando un momento difícil.

Portuguese Trails é un sitio web que reúne información das mellores rutas para percorrer Portugal en bicicleta ou a pé. ...
28/01/2020

Portuguese Trails é un sitio web que reúne información das mellores rutas para percorrer Portugal en bicicleta ou a pé. Son moitas rutas e bastante ben conectadas entre si, comezando pola fronteiriza Eco-pista do Minho. Moi recomendable.

Portuguese Trails - Cycling and Walking

Bicicleta de viaxe montada á carta sobre o cadro Vagabond de Genesis Bikes, empregando compoñentes e accesorios de gran ...
27/01/2020

Bicicleta de viaxe montada á carta sobre o cadro Vagabond de Genesis Bikes, empregando compoñentes e accesorios de gran funcionalidade e fiabilidade dentro dun presuposto relativamente axustado, que conseguimos manter á par do prezo da montaxe de fábrica desta tempada.

O cadro está construído en tubería de aceiro con endurecemento térmico e biconificada, e ten unhas xeometrías interesantes: distancia longa entre eixos e pedalier baixo (non é unha gravel!), xenerosos pasos de roda (54-622 ou 60-584) e un reach curto combinado cun stack alto, o que ofrece unha posición erguida como poucas (nas fotos a sela está alta de máis para non marcar a tilla nun lugar visible).

Antes de comezar a montaxe, realizamos traballos de mecanizado (frame-preparation) e tratamento anticorrosivo interno (frame-saving).

As rodas son unha premontaxe dispoñible no catálogo dun dos nosos provedores, con buxes Shimano (dínamo DH 3D32 e Deore M525), aros Mavic XM319 e radios inox DT Swiss Champion. Ao igual que sempre facemos coas rodas premontadas, foron retocadas artesanalmente no taller.

Para o grupo mecánico confiouse nunha transmisión completa Alivio M-4000 3x9, mentres os freos combinan pinzas TRP Spyre C con discos SLX, manetas Avid e fundas Yokozuna Reaction.

O portabultos é un Tubus Logo Evo e o xogo de luces confiouse a Busch und Muller, mentres que para os periféricos botamos man de diferentes gamas de XLC, uns puños Ergon GP3 e unha sela Brooks.

Atendemos consultas e encargos preferiblemente por email: [email protected]

100% OFF - DÍA SEN COMPRASFronte ao Black Friday, mañá secundamos o día mundial sen compras ( ). Seguindo o exemplo a ni...
28/11/2019

100% OFF - DÍA SEN COMPRAS

Fronte ao Black Friday, mañá secundamos o día mundial sen compras ( ). Seguindo o exemplo a nivel local de Pura Vida, pecharemos ao público durante esta xornada.

Fomentamos unha cultura ciclista que engade valor ecolóxico á cidade, e sempre tentamos traballar en base a un consumo o máis responsable posible. Vendendo só produtos de longa duración e realizando mantemento e reparacións dos mesmos.

Como moitos outros comercios locais, xa pagamos día a día un custe moi alto axustando prezos para adaptarnos e sobrevivir na ditadura dos grandes operadores do mercado ciclista.

Esperamos que este pequeno xesto axude a tomar conciencia da capacidade que cada quen ten a través do consumo, ou do non consumo, para darlle unha volta á orde das cousas.

Non hai planeta B.

Presentámosvos unha Croix de Fer personalizada este verán para uso propio, botando man de pezas moi habituais nas nosas ...
19/11/2019

Presentámosvos unha Croix de Fer personalizada este verán para uso propio, botando man de pezas moi habituais nas nosas preparacións.

Sobre a solvente montaxe de serie instalamos un equipo de iluminación autónomo con dínamo Shutter Precision e focos Busch und Müller, melloramos notablemente a freada con fundas Yokozuna Reaction e discos Shimano SLX, sacando o máximo potencial das pinzas TRP Spyre equipadas de fábrica, i engadimos un par de accesorios moi prácticos: uns completos gardalamas SKS Germany e un portabultos frontal Tubus Duo.

A sela tamén foi substituída por unha B17 de Brooks England, e as cubertas por unhas Continental Contact Speed de 42mm de sección, co empedrado da 'calçada' portuguesa en mente. Os pedais, mixtos, son uns EH500 de Shimano.

En resumo: unha personalización 'commuter' e viaxeira deste mítico modelo de bicicleta gravel, partindo da versión máis económica de fábrica e botando man de compoñentes e accesorios de gran funcionalidade e rendemento.

Atendemos consultas i encargos preferiblemente por e-mail: [email protected]

Dirección

Plaza De San Agustin
A Coruña
15001

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 20:00
Martes 09:00 - 20:00
Miércoles 09:00 - 20:00
Jueves 09:00 - 20:00
Viernes 09:00 - 20:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Ciclos Clemente publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Ciclos Clemente:

Atajos

Compartir