Escuela de Artes Marciales Garrapucho

Escuela de Artes Marciales Garrapucho 🥋Taekwondo | Hapkido | Boxeo | Defensa personal
Muay Thai | Capoeira infantil | Crossfitness 🏋️‍♂️

Onte o   estivo no Open do Lérez, en Pontevedra, vivindo unha xornada chea de combates, aprendizaxe e grandes resultados...
07/06/2026

Onte o estivo no Open do Lérez, en Pontevedra, vivindo unha xornada chea de combates, aprendizaxe e grandes resultados. Elisa Fernández e Andrea Rodríguez conseguiron o ouro, Iria Álvarez e Hugo Fernández a prata, Martina Álvarez o bronce e Paula Montero o ouro en Liga B.

Tamén queremos destacar o traballo de Lucía Santos e Cristian Fernández, que gañaron o seu primeiro combate e caeron no segundo, así como a participación de Leire Carballo e o debut de Kyara Amboage. Moi orgullosos de todo o equipo pola actitude, o esforzo e as ganas de seguir medrando dentro e fóra do tatami 💪

04/06/2026

Vale, agora que xa rimos, isto vai moi en serio: quentar ben antes de adestrar é unha das mellores formas de coidar o corpo e evitar lesións.

Un bo quecemento activa, prepara e fai que adestres mellor desde o primeiro minuto. En Garrapucho gústanos rir, pero saltarnos o quecemento… iso si que non 😉

🥇🥇🥈🥈Grandes resultados para o   no Autonómico Escolar 🥋En cadete masculino, Cristian Fernández conseguiu o ouro e Gabrie...
31/05/2026

🥇🥇🥈🥈
Grandes resultados para o no Autonómico Escolar 🥋

En cadete masculino, Cristian Fernández conseguiu o ouro e Gabriel Ferreiro a prata. En precadete masculino, Gabriel Fernández acadou a prata e Hugo Fernández o bronce. Estamos moi orgullosos e contentos de todos eles polo seu traballo, actitude e esforzo en cada combate. Parabéns, equipo!

Elisa Fernández xa é bicampioa de España sub-21 🥇🥇 Un logro espectacular que confirma todo o traballo, a constancia e o ...
28/05/2026

Elisa Fernández xa é bicampioa de España sub-21 🥇🥇 Un logro espectacular que confirma todo o traballo, a constancia e o nivel que leva demostrando duas tempadas consecutivas.

Moi orgullosos de poder compartir este momento con ela e de vela seguir facendo historia co . Agora toca desfrutar do conseguido e seguir traballando con máis ganas ca nunca 💥

Parabéns a Elisa Fernández por proclamarse campioa de España sub-21! Un resultado incrible que chega despois de moitísim...
23/05/2026

Parabéns a Elisa Fernández por proclamarse campioa de España sub-21! Un resultado incrible que chega despois de moitísimo traballo, esforzo e constancia, e do que estamos enormemente orgullosos 💥

Tamén queremos felicitar a Iría Álvarez pola gran actuación realizada durante o campionato. Competiu a un nivel moi alto e demostrou todo o traballo que hai detrás destas competicións. Parabéns ás dúas por representar así ao e á selección galega!

Iría e Elisa poñen rumbo hoxe a Cidade Real para disputar o Campionato de España sub-21 de taekwondo coa selección galeg...
21/05/2026

Iría e Elisa poñen rumbo hoxe a Cidade Real para disputar o Campionato de España sub-21 de taekwondo coa selección galega. Unha competición moi importante na que terán a oportunidade de seguir demostrando todo o traballo e esforzo destes meses.

Desexámoslles moitísima sorte nesta experiencia e estaremos moi pendentes para irvos contando como lles vai durante o campionato. Imos con todo 💪🥋

20/05/2026

Sabes facer ben un momtong jirugi?
Porque unha cousa é pensar que si… e outra acabar movéndote así cando toca facelo de verdade 😏

Para aprendelo ben, vas ter que vir a Garrapucho. Aquí explicámolo, practicámolo e corrixímolo ata que saia como ten que saír 😉

Parte do   participou esta fin de semana no Natural Experience, unha experiencia para seguir aprendendo, compartindo e m...
17/05/2026

Parte do participou esta fin de semana no Natural Experience, unha experiencia para seguir aprendendo, compartindo e medrando dentro do taekwondo.

Queremos dar as grazas a Natural Ribeira pola organización e a Juan Luis Martínez Queiruga pola súa visión moderna do taekwondo e por crear espazos de conexión entre clubs. Moitas grazas por contar con nós 🥋

13/05/2026

Parece fácil ata que o intentas 👀
Neste reto non só fai falta coordinación, tamén hai que traballar forza, elasticidade e bastante control para conseguir que saia ben. E si, máis dun confiouse demasiado antes de probalo 😅

Agora tócache a ti: atréveste? Grávate intentándoo e etiquétanos para ver quen consegue superalo. O estará pendente 🔥

Dirección

Paseo De Ronda, 56
A Coruña
15011

Horario de Apertura

Lunes 09:30 - 23:00
Martes 09:30 - 23:00
Miércoles 09:30 - 23:00
Jueves 09:30 - 23:00
Viernes 09:30 - 23:00
Sábado 10:00 - 14:00

Teléfono

981276571

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Escuela de Artes Marciales Garrapucho publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Escuela de Artes Marciales Garrapucho:

Compartir