A Coruña Fillos de Breogán

A Coruña Fillos de Breogán O primeiro equipo de fútbol gaélico de Galicia.

🏐🔥💙🤍 A Coruña, temos unha cita co fútbol gaélico! 💙🤍🔥🏐O vindeiro mércores 16 de setembro, a partir das 20.30h, abrimos a...
10/09/2026

🏐🔥💙🤍 A Coruña, temos unha cita co fútbol gaélico! 💙🤍🔥🏐

O vindeiro mércores 16 de setembro, a partir das 20.30h, abrimos as portas do noso adestramento para que veñades coñecer, probar e desfrutar dun deporte diferente 💪

Nunca xogaches ao fútbol gaélico? Perfecto! Non necesitas experiencia previa, nin saber as regras. Só tes que vir con ganas de aprender, pasalo ben e descubrir algo novo 🙌

O fútbol gaélico é un deporte dinámico, divertido e diferente, que combina elementos que poida que che resulten familiares con outros que te sorprenderán. E o mellor de todo: falla ser un experto para comezar. Aquí aprendemos xuntas e, sobre todo, desfrutamos xuntas 🫶🏼

👉 Que necesitas?

Ter máis de 14 anos
Roupa e calzado deportivo
E moitas ganas de probar algo distinto 😎

Se levas tempo pensando en apuntarte a un equipo, queres coñecer xente nova ou simplemente tes curiosidade por descubrir un dos deportes máis divertidos que podes practicar na Coruña, esta é a túa oportunidade.

📩 Escríbenos para reservar a túa praza, ven probar o fútbol gaélico e quen sabe... se cadra éste sexa o comezo de algo grande!

Esperámoste o mércores 16 ás 20.30h. Anímate a probar! 💙🤍🏐

fillosdebreogan

Unha pequena representación do noso equipo no Flores Rock!Foi un pracer compartir este momentazo coa nosa xente, desfrut...
09/09/2026

Unha pequena representación do noso equipo no Flores Rock!

Foi un pracer compartir este momentazo coa nosa xente, desfrutando da música e do ambiente.

Seguimos facendo equipo tanto dentro como fóra do campo. 💙
FloresRock

💙🤍 Comezamos a tempada coa nosa canteira!Durante todos os luns de setembro, os máis pequenos e pequenas dos Fillos de Br...
03/09/2026

💙🤍 Comezamos a tempada coa nosa canteira!

Durante todos os luns de setembro, os máis pequenos e pequenas dos Fillos de Breogán terán adestros de 17:00 a 18:00 h. 🏐

Unha nova tempada para aprender, desfrutar, facer equipo e medrar xuntos dentro e fóra do campo. 💪💙🤍

Vémonos nos adestros! 🔥

💙🤍 Vés ao Flores Rock coa camiseta das Fillas de Breogán? Temos un agasallo para ti! 🎁Este sábado, a partir das 20:00 h,...
03/09/2026

💙🤍 Vés ao Flores Rock coa camiseta das Fillas de Breogán? Temos un agasallo para ti! 🎁

Este sábado, a partir das 20:00 h, se vas ao Flores Rock levando a túa camiseta de Fillos, pásate por nós e recibirás un pequeno agasallo como agradecemento por levar os nosos cores! 🫶

Así que xa sabes… camiseta azul e branca, festa e rock! 💙🤍🎸

Vémonos o sábado! 🔥

02/09/2026
🏐Ven probar o fútbol gaélico connosco!!🗓️Esperámoste este mércores ás 20:30 na Cidade deportiva Arsenio Iglesias.🏃🏻‍♀️No...
08/06/2026

🏐Ven probar o fútbol gaélico connosco!!
🗓️Esperámoste este mércores ás 20:30 na Cidade deportiva Arsenio Iglesias.
🏃🏻‍♀️Non faltes á cita!!!
✍🏻Inscricións na ligazón da nosa bio.

07/06/2026

Non estivo mal a nosa festa de aniversario, verdade? 😉
Moitas grazas por virdes!!!

Este sábado 6 de xuño, A Coruña convértese na capital do fútbol gaélico coa celebración do Campionato Ibérico 🏐🍀Os mello...
03/06/2026

Este sábado 6 de xuño, A Coruña convértese na capital do fútbol gaélico coa celebración do Campionato Ibérico 🏐🍀

Os mellores equipos da Península daranse cita na Cidade Deportiva Arsenio Iglesias para vivir unha xornada chea de deporte, emoción e espírito de equipo, aos pés da Torre de Hércules.

Achégate a animar, descubrir este deporte apaixonante e desfrutar dun ambiente único con xogadoras e xogadores chegados de distintos puntos de España e Portugal.

📍 Cidade Deportiva Arsenio Iglesias, A Coruña
📅 Sábado, 6 de xuño
🏆 Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico

Vémonos no campo! 💚🤍 GAA DeporteGalego

🖤💙 ESTE SÁBADO HAI PARTIDAZO 💙🖤As Artabras enfróntanse ás Lavandeiras no campo 3 da Cidade Deportiva Arsenio Iglesias ⚡🗓...
15/05/2026

🖤💙 ESTE SÁBADO HAI PARTIDAZO 💙🖤
As Artabras enfróntanse ás Lavandeiras no campo 3 da Cidade Deportiva Arsenio Iglesias ⚡
🗓️ Sábado
⏰ 16:00h
Queremos a bancada chea e facendo ruído 🔥
Vinde animar e apoiar ao equipo nun partido que promete loita ata o final 💪
🖤💙 Vémonos no campo 💙🖤

Presentamos o polo retro edición especial XV aniversario de Fillos de Breogán 🥳✔️ Deseño en colaboración con .🪡Escudo bo...
14/05/2026

Presentamos o polo retro edición especial XV aniversario de Fillos de Breogán 🥳
✔️ Deseño en colaboración con .
🪡Escudo bordado, número configurable.
☘️Patrocinado por .
💸 40€ a unidade.
📋 Pedidos ata o 18 de maio no formulario do noso perfil.

Dirección

Cidade Deportiva Da Torre De Hércules
A Coruña

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando A Coruña Fillos de Breogán publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir