MUDEGA - Mulleres Deportistas Galegas

MUDEGA - Mulleres Deportistas Galegas MUDEGA naceu co espiritu de fomentar a participación das rapazas e mulleres nas actividaes deportivas e de loitar contra as diferencias entre xéneros neste

En febreiro de 2008 nun encontro informal estivemos falando da situación das rapazas e mulleres no deporte, das nosas experiencias durante o tempo que estivemos competindo e de cal é a sitación actual á que se enfrontan as rapazas nos seus clubes. Deste xeito naceu MUDEGA. En marzo de 2008 volvemos a reunirnos para escribir os estatutos da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas. Atopamos outra

s asociación similares noutros paises do noso entorno e varios grupos de traballo sobre este tema en diferentes institucións como o Consejo Superior de Deportes, o Comité Olímpico, o Parlamento Europeo e a Xunta de Galicia.

Na defensa dos dereitos trans NIN UN PASO ATRÁS‼Porque os dereitos humanos non se negocian, conquístanse.
20/02/2021

Na defensa dos dereitos trans NIN UN PASO ATRÁS‼

Porque os dereitos humanos non se negocian, conquístanse.


17/01/2020

A localidade madrileña de Leganés acollerá esta fin de semana (sábado 18 e domingo 19 de xaneiro) o Campionato de España de Para - Karate en categoría Senior.

16/01/2020

"O meu equipo é o Compostela, pero estaría encantada de vestir a camisola do Deportivo", asegura nesta entrevista a futbolista galega Vero Boquete.

16/01/2020

Novo éxito para o Club Volei Praia Milenio. Acadou o bronce no Campionato de España de inverno da man de galega Nuria Bouza e a súa parella Kinga Monika.

🥳🥳🥳Este venres saiu por fin á luz un proxecto que se viña mascando dende fai un tempo.Ao frente, a nosa ben querida Silv...
13/01/2020

🥳🥳🥳

Este venres saiu por fin á luz un proxecto que se viña mascando dende fai un tempo.

Ao frente, a nosa ben querida Silvia Carregal, xornalista premiada na polo seu apoio constante ao deporte feminino, participando noutras edicións como parte do xurado, e sendo sempre unha colaboradora da nosa asociación.

Creadora e sustentadora tamén do proxecto Ellas también juegan na Galiza, agora embárcase neste soño, para ela e para todas nos.

💜💜💜

Así que xa sabedes, para estar ao tanto do deporte feminino galego e das nosas deportistas....Asnosasdeportes...LONGA VIDA‼️

Coa chegada do ano olímpico 2020, nace As Nosas. Somos un xornal deportivo pensado para darlle o protagonismo que a muller no deporte en Galicia reclama.

Para nós,  ...que a lei do deporte establezca unha única categoría profesional par algúns deportes, e ao estar xa creada...
25/11/2019

Para nós, ...que a lei do deporte establezca unha única categoría profesional par algúns deportes, e ao estar xa creada a masculina como profesional, a feminina xa non non poda selo...

E para tí, que é ⁉️


21/11/2019

As nosas deportistas son un exemplo de como rachar coas barreiras que o machismo proxecta sobre as mulleres.
Hoxe, da man de Camino Casabella, inauguramos unha exposición de arte e fotografía que narra unha historia de superación e de loita pola igualdade a través do deporte.

A mostra, que estará dispoñible no Café Literarios da Praza da Quintana desde hoxe ata o 10 de decembro, conta coa obra da propia Camino Casabella, de Eva Méndez DoRoxo e de Miguel Muñiz.

Na inauguración desta tarde, ás 20:00h, terá lugar un Café Coloquio coa coordinadora da exposición, con Merce Barrientos, de MUDEGA - Mulleres Deportistas Galegas e con Beinha Gómez, responsable de Feminismo de En Marea.

Non dubides en acompañarnos para sacarlle e axudar a construír unha sociedade máis igualitaria!

09/08/2019

Viaxaremos á Comarca do Carballiño para contar a "Historia en Feminino", alí Ana Hermida fará un achegamento ao público infantil das moitas...

NORABOA Tamara Abalde‼️
09/07/2019

NORABOA Tamara Abalde‼️




A xogadora viguesa Tamara Abalde ven de se proclarmar campiona de Europa.

+Info ▶️ http://ow.ly/zzPS50uWgOV vía Lavozdegalicia

Dirección

A Coruña

Teléfono

677531605

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando MUDEGA - Mulleres Deportistas Galegas publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a MUDEGA - Mulleres Deportistas Galegas:

Compartir