21/07/2026
🫂🎉☺️
🍀O ECO camp rematou, e agora soamente nos queda pensar en todos os bos recordos que fixemos estes días! Comezamos co grupo de adolescentes, e rematamos co de adultos, e só temos palabras de agradecemento!
🌞Grazas a todas as persoas participantes e asistentes, sen vos, nada desto podería se posible! As risas, os bos momentos en equipo, os xogos, as actividades en grupo... que máis se pode pedir!
💙Tamén un especial agradecemento a Amigos/as de Alvarella , que fixeron que a nosa estancia fora do máis agradable posible! Un entorno tan natural e privilexiado como este non se olvida rápido!
🌅De cara ao futuro, esperamos poder seguir realizando actividades como estas para que todas as persoas poidan desfrutar de momentos únicos, inclusivos e moi divertidos!
Actividade financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades para o ano 2025