Club del Mar de San Amaro

Club del Mar de San Amaro Club deportivo e social sen ánimo de lucro fundado en 1935. Deporte base, actividade deportiva e vida de club nun espazo único xunto ao mar en A Coruña.

El Club del Mar de San Amaro es una sociedad deportiva privada sin ánimo de lucro, fundada en 1935. Tras una larga evolución y diversos altibajos en su trayectoria histórica, se ha convertido en la actualidad en un referente de modelo asociativo y deportivo en nuestra ciudad, que combina la prestación de servicios deportivos y recreativos con el fomento del deporte de base y competitivo.

🏊 Cursos de natación | Outubro, novembro e decembro 2026O Club del Mar de San Amaro pon en marcha unha nova edición dos ...
18/09/2026

🏊 Cursos de natación | Outubro, novembro e decembro 2026

O Club del Mar de San Amaro pon en marcha unha nova edición dos seus cursos de natación para o último trimestre de 2026, con opcións para diferentes idades e niveis.

👶 Natación de 0 a 2 anos
🧒 Natación de 3 a 5 anos
🏊 Natación de 6 a 13 anos
🔹 Iniciación
🔹 Perfeccionamento
💦 Aquagym

As inscricións abriranse primeiro para socios e posteriormente para non socios, segundo dispoñibilidade de prazas.

Consulta horarios, prezos, grupos e inscricións na sección de Cursos da nosa web e escolle a actividade que mellor se adapte a ti.

https://clubdelmarsanamaro.com/cursos/

📅 Nosa Axenda Deportiva | 19 de setembroO bádminton volve ser protagonista esta fin de semana no Club del Mar de San Ama...
17/09/2026

📅 Nosa Axenda Deportiva | 19 de setembro

O bádminton volve ser protagonista esta fin de semana no Club del Mar de San Amaro. 🏸

Este sábado 19 de setembro, o noso pavillón acollerá o GALICIA TOP TTR A Coruña Sub15 e Sub19, cunha nova xornada de competición desde primeira hora da mañá.

🏸 Bádminton
📍 Pavillón do Club del Mar de San Amaro
📅 Sábado 19 de setembro
🕘 Desde as 09:00 h

ℹ️ Con motivo da competición, a pista polideportiva permanecerá ocupada de 09:00 a 21:00 h.

Moita sorte a tod@s!

Forza San Amaro 💙

https://clubdelmarsanamaro.com/agenda-deportiva-club-del-mar-19-septiembre-2026/

Coruña Deportes

💙 Máis de 50 anos formando parte da historia do ClubO Club del Mar de San Amaro celebrou unha nova entrega da Insignia d...
15/09/2026

💙 Máis de 50 anos formando parte da historia do Club

O Club del Mar de San Amaro celebrou unha nova entrega da Insignia de Honra aos socios e socias con máis de 50 anos de antigüidade ininterrompida na entidade.

Un recoñecemento a toda unha vida vinculada ao Club e a persoas que forman parte esencial da súa historia, do seu crecemento e do sentimento de pertenza que une xeracións en San Amaro.

Parabéns a todos os homenaxeados e grazas por máis de medio século de compromiso, fidelidade e vida de club. 💙

📸 Xa podes ver na nosa web a galería de imaxes desta xornada tan especial.

https://clubdelmarsanamaro.com/insignias-honor-socios-50-anos-club-del-mar-2026/

🧥 Novas sudadeiras na tenda deportiva do Club del MarXa están dispoñibles dous novos deseños inspirados en San Amaro, o ...
15/09/2026

🧥 Novas sudadeiras na tenda deportiva do Club del Mar

Xa están dispoñibles dous novos deseños inspirados en San Amaro, o mar e a identidade do noso Club. 💙⚓

Podes escoller o teu modelo con capucha ou sen capucha, ambos ao mesmo prezo.

💶 Prezo: 28 €.
📏 Tallas de adulto desde XS en diante.
📍 Dispoñibles na tenda deportiva do Club del Mar de San Amaro.
👥 Venda aberta a socios e non socios.
📦 Ata esgotar existencias.

Cal dos dous deseños che gusta máis? 👀

👕 Camiseta da Festa do Deporte 2026Debido a gran demanda volvemos a poñela a disposición dos nosos socios na tenda depor...
15/09/2026

👕 Camiseta da Festa do Deporte 2026

Debido a gran demanda volvemos a poñela a disposición dos nosos socios na tenda deportiva do Club del Mar de San Amaro.

💶 Prezo: 15 €
📍 Encargos: no control de accesos da piscina interior
📅 Prazo: ata o mércores 30 de setembro

Unha lembranza dunha xornada moi especial dedicada ao deporte, aos nosos deportistas e á vida de club. 💙

Se queres a túa, non deixes pasar o prazo!

🏸🎣 Nosos Resultados | SetembroO Club del Mar de San Amaro retomou a competición este mes coa participación das seccións ...
15/09/2026

🏸🎣 Nosos Resultados | Setembro

O Club del Mar de San Amaro retomou a competición este mes coa participación das seccións de Bádminton e Pesca Fondeada.

No bádminton, destacaron os podios conseguidos en A Estrada e Crecente, ademais do bronce internacional de Maia Freire no Sigulda OPEN Sub17:

🥇 Enrique Rodríguez — ouro en dobres e prata individual
🥈 Alma Vidal e Miranda Taboada — prata en dobres Sub13
🥉 Lara Varela, Irene Poncela e Lucas Sánchez — varios podios en Sub11
🥉 Maia Freire — bronce individual no International Sigulda OPEN Sub17

🎣 En Pesca Fondeada, Iago Abilleira representou ao Club del Mar no Campionato de España celebrado en Torrevieja.

Un novo curso deportivo xa está en marcha. 💙

https://clubdelmarsanamaro.com/resultados-deportivos-club-del-mar-septiembre-2026/

Coruña Deportes

🥋 Defensa Persoal 2026-2027Abrimos unha nova tempada de Defensa Persoal no Club del Mar de San Amaro.Unha actividade par...
14/09/2026

🥋 Defensa Persoal 2026-2027

Abrimos unha nova tempada de Defensa Persoal no Club del Mar de San Amaro.

Unha actividade para aprender técnicas de defensa, gañar confianza e mellorar a condición física, sen necesidade de experiencia previa.

📅 Desde o 3 de outubro
🕥 Sábados, de 10:30 a 12:00 h
👤 Monitor: Juan Álvarez
🔵 Socios: 16,50 €/mes
🔴 Non socios: 33 €/mes
👥 Maiores de 14 anos. Con 12 e 13 anos, acompañados dun dos proxenitores.

📝 Inscricións para socios abertas desde hoxe, 14 de setembro.

Toda a información e inscrición na web do Club.

https://clubdelmarsanamaro.com/portfolio-item/defensa-personal-2026-2027/

🏸 International Sigulda OPEN 2026 Sub 17🔴 Maia Freire 🥉 individual femininoNoraboa Maia, gran campionato 💪 🔥 Federación ...
14/09/2026

🏸 International Sigulda OPEN 2026 Sub 17

🔴 Maia Freire 🥉 individual feminino

Noraboa Maia, gran campionato 💪 🔥

Federación Galega de Bádminton Federación Española Bádminton Coruña Deportes

💙 Máis de 50 anos formando parte da historia do ClubO Club del Mar de San Amaro celebrou a entrega da Insignia de Honra ...
10/09/2026

💙 Máis de 50 anos formando parte da historia do Club

O Club del Mar de San Amaro celebrou a entrega da Insignia de Honra aos socios e socias con máis de 50 anos de antigüidade ininterrompida na nosa entidade.

Un recoñecemento a toda unha vida vinculada ao Club, á súa historia e a tantas xeracións que fixeron e seguen facendo de San Amaro un lugar de encontro, deporte e amizade.

Foi unha xornada especialmente emotiva para agradecer a súa fidelidade e compartir con eles un momento que xa forma parte da historia do Club del Mar de San Amaro.

Parabéns a todos os homenaxeados e grazas por máis de medio século formando parte desta gran familia. 💙

🎉 Así despedimos hoxe o verán no Club del MarUnha xornada para desfrutar en familia, con inchables, chocolate con churro...
05/09/2026

🎉 Así despedimos hoxe o verán no Club del Mar

Unha xornada para desfrutar en familia, con inchables, chocolate con churros e o espectáculo «Circanelo» de Fredi Muíño. 🎪🍫

Pequenos e maiores compartiron unha tarde de diversión, risas e moi bo ambiente para poñer o broche final ao verán no Club del Mar de San Amaro. 💙

Grazas a todas as familias que vos achegastes e formastes parte desta xornada.

📸 Deixámosvos algunhas imaxes deste día de vida de club.

Dirección

Paseo Del Club Del Mar 1
A Coruña
15002

Horario de Apertura

Lunes 07:00 - 23:00
Martes 07:00 - 23:00
Miércoles 07:00 - 23:00
Jueves 07:00 - 23:00
Viernes 07:00 - 23:00
Sábado 08:00 - 23:00
Domingo 08:00 - 23:00

Teléfono

981202251

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Club del Mar de San Amaro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Club del Mar de San Amaro:

Atajos

Compartir

Categoría