23/12/2025
🎯 Tamén participamos no 3º Torneo de Nadal de Tiro con Arco! 🎄
🏹 O pasado sábado, os nosos rapaces competiron no 3º Torneo de Nadal de Tiro con Arco, celebrado en 📍 Corme.
🏆 Os cativos deixaron o listón ben alto e volveron subir ao podio en varias categorías:
👧👦 Na categoría prebenxamín unificado,
🥇 Lara Méndez Castro proclamouse campioa, seguida de 🥈 Gael González Lema cun meritorio segundo posto.
🧒 Na categoría alevín masculino,
🥇 Adrián González Lema fíxose co título de campión.
🧑 Na categoría infantil masculino,
🥈 Dani Méndez Castro acadou un excelente segundo posto.
👩 Na categoría cadete feminino,
🥈 Laura rematou a competición cun destacado segundo posto.
👏 Esta vez tamén queremos destacar a actuación de Mateo Puente Balsa, que foi o arqueiro capaz de superar o desafío do “Cascanoces”, que consistente en romper unha noz cunha frecha a unha distancia aproximada de 10 metros. Todo un logro!
⏳️ Ademais, Lara e Adrián, nas súas respectivas categorías lograron o premio do “Minuto Tolo”, outorgado ao arqueiro que consegue máis número de deces nun minuto. Bravo!
💪 Noraboa, rapaces! Vémonos nas vindeiras competicións. 😉