19/07/2026
Hoxe non queremos falar de nin dos 81 quilómetros percorridos, nin dos 1.600 metros de desnivel positivo, nin sequera da beleza dos castelos, das corredoiras e das paisaxes que uniron aos concellor colaboradores de , .concello e
Hoxe queremos falar das persoas.
Daquelas que madrugaron cando aínda non saíra o sol para que todo estivese preparado e acompañar a ruta. Das que pasaron horas marcando o percorrido. Das que estiveron nos cruces velando pola seguridade. Aos membros do e do por botar unha man. Do persoal sanitario da ambulancia, sempre preparados por se facían falla. Da organización que leva meses convertendo unha idea nunha realidade. Do noso presi aka “Capi”, do técnico de Cultura do Concello de San Sadurniño polo seu apoio e implicación. Do que andivo a facer uns fotóns chulos que vos compartiremos para que vos moledes, e por suposto, dos concellos de San Sadurniño, Moeche e As Somozas, que apostaron desde o primeiro momento por este proxecto.
Sen todas vós… esta ruta simplemente non existiría.
E logo estades vós, os participantes que decidistes confiar nunha primeira edición. Grazas por encher as estradas de sorrisos, de compañeirismo e de respecto. Porque esta nunca quixo ser unha carreira. Quixo ser unha festa do ciclismo, unha ruta cicloturista de estrada neutralizada onde o importante non era chegar antes ca ninguén, senón g***r co camiño e do camiño.
E polo “feedback” que nos chega parece que o conseguimos.
As mensaxes que nos chegaron durante toda a tarde emocionáronnos:
“Mi más sincera enhorabuena a toda la organización.”
“Solo gente como vosotros se liaría a organizar algo así.”
“Se nota que hay ganas y esfuerzo de tener esa ruta en el calendario.”
“Ruta de 10.”
Claro que tamén haberá cousas que mellorar. É normal. Escoitaremos todas as críticas construtivas porque queremos seguir aprendendo. Pero se algo nos levamos desta primeira edición é a sensación de que conseguimos crear algo especial.
Unha ruta pensada para todos. Para compartir estrada, conversacións, paisaxes e esa paixón que nos une enriba dunha bicicleta.