Club de billar ordes

Club de billar ordes Clube de billar aberto a todos os públicos onde disfrutar e competir nun ambiente familiar. Atoparasnos en Ordes, na Rúa Alfonso Senra 114, baixo.

CONVOCATORIA DA PRIMEIRA PROBA DO RGA 26/27.Xa está dispoñible a inscripción para esta primeira proba da tempada para o ...
31/08/2026

CONVOCATORIA DA PRIMEIRA PROBA DO RGA 26/27.

Xa está dispoñible a inscripción para esta primeira proba da tempada para o RGA. Se calquera xogador quere comezar a competir en 9 pes, as inscripcións a través do Clube de Billar Ordes están abertas, soamente tedes que contactar con nós.

Xa están a disposición de todos os interesados as normativas e calendarios do CGA para esta tempada, na que o noso clube...
29/08/2026

Xa están a disposición de todos os interesados as normativas e calendarios do CGA para esta tempada, na que o noso clube se incorpora como unha das sedes dos cadros B!!
Agardamos estar á altura e cumplir todas as expectativas, xa que como sempre, todos seredes ben recibidos no Clube de Billar Ordes💪🏻💪🏻

𝐂𝐎𝐌𝐏𝐄𝐓𝐈𝐂𝐈Ó𝐍𝐒 𝐃𝐄 𝐏𝐎𝐎𝐋 𝐅𝐆𝐁

Hola a todos!

Estamos a piques de comezar unha nova tempada nas competicións de pool.
Como xa todos saberedes, houbo un cambio na dirección deportiva das competicións de pool da Federación Galega de Billar.
O Club Billar Teo, despóis de moitos anos ó frente xunto coa AGP, das competicións de pool da FGB, deixa por vontade propia de estar na dirección deportiva.
Non cabe máis que agradecer a súa labor ó longo destes anos e cabe destacar que seguen dispostos a votar unha man no que faga falta a pesar de deixar de estar na primeira liña organizativa.

A AGP seguirá ó frente da dirección deportiva. A ésta incorpórase o xogador Francisco Javier Alonso Gutiérrez, no que confiamos sexa un excelente director deportivo da competición.
Polo tanto, se calquera club ou xogador ten calquera dúbida ou necesita calquera aclaración, pode dirixirse a:

Miguel Ángel Crespo de la Torre: 605 69 77 89
Francisco Javier Alonso Gutiérrez: 647 74 13 15
Correo-e: [email protected]

A continuación, deixámosvos o calendario do CGA e as bases da competición.
As modificación foron mínimas, pero por favor, votádelle un vistazo para que non haia malos entendidos.

Enviarase ós correos electrónicos de tódolos clubs tanto os calendarios como as bases da competición.
No caso de que non o reciban, por favor facilitade o correo electrónico do voso club na dirección de correo [email protected].

É preciso destacar que a asignación de sedes ás distintas competicións son susceptibles de cambios en base a participación en cada proba ou campionato.
No relativo as datas, tamén poden sufrir variacións no caso de que a RFEB cambie polo motivo que sexa algunha data dalgunha competición.

Saudos e boa tempada.

𝐂𝐚𝐥𝐞𝐧𝐝𝐚𝐫𝐢𝐨 𝐂𝐆𝐀 𝐓𝐞𝐦𝐩𝐚𝐝𝐚 𝟐𝟎𝟐𝟔-𝟐𝟕:
https://drive.google.com/file/d/1CAkOpnJkCx_pdIrmFHS5cS3KNYWCDpUL/view?usp=drive_link

𝐍𝐨𝐫𝐦𝐚𝐭𝐢𝐯𝐚 𝐂𝐆𝐀 𝐓𝐞𝐦𝐩𝐚𝐝𝐚 𝟐𝟎𝟐𝟔-𝟐𝟕:
https://drive.google.com/file/d/1xIR-BNXTjv7VJP0pxNDlgYKOsnomRRsw/view?usp=drive_link

𝐂𝐚𝐥𝐞𝐧𝐝𝐚𝐫𝐢𝐨 𝐅𝐆𝐁 𝐲 𝐑𝐅𝐄𝐁 𝐓𝐞𝐦𝐩𝐚𝐝𝐚 𝟐𝟎𝟐𝟔-𝟐𝟕:
https://drive.google.com/file/d/1NAHZjCbZ7LrptK4n6EFvCkyhxd--c7ko/view?usp=drive_link

‼️‼️E aquí está a sorpresa‼️‼️‼️Este ano, o torneo do NEW C.B. ORDES, pasará a ser DOBLE‼️⚠️‼️O día 8 de agosto celebrar...
28/07/2026

‼️‼️E aquí está a sorpresa‼️‼️‼️

Este ano, o torneo do NEW C.B. ORDES, pasará a ser DOBLE‼️⚠️‼️

O día 8 de agosto celebrarase o habitual torneo de aniversario, en mesa de 7 pes, en modalidade de bola 🎱, e aberto a todas as categorías.

Pero como novidade… este ano celebrarase un ⚠️OPEN DE BOLA 9, ⚠️NAS NOVAS MESAS DE 9 PES⚠️, configurado en 2 fases:
-Primeira fase: 4 grupos en formato Round Robin (todos contra todos). Desta fase clasificaranse os 2 primeiros de cada grupo para a seguinte.
-Segunda fase: Cadro a KO directo, a 9 partidas gañadas, do que sairán os gañadores.

Non deixedes pasar a ocasión, pois a tempada 26/27 está a piques de comezar, e poderedes ver todas as novidades que vos agardan no CLUB DE BILLAR ORDES 🎱🎱

INSCRIPCIÓNS E INFORMACIÓN: 689556696 // 666006673

23/07/2026

🎱🎱CAMPIONATO GALEGO DE BILLAR 25/26🎱🎱

Tras uns meses nos que publicamos pouco (non por non querer, se non por estar centrados en entrenar o máximo e en todas as novidades que vos presentaremos pronto...), hoxe facémolo cos resultados do Campionato Galego de Billar da tempada 25/26!!

Tras unha intensísima tempada, onde houbo coma sempre moitísima igualdade, grandes avances, e grandes pelexas polos postos de cabeza... Entre o 4 e o 13 de xullo, celebrouse novamente en Lalín o colofón final do ano. O gran torneo de Galicia, onde máis de 300 xogadores se dan cita nas diferentes categorías (senior, absoluto, individual, parexas, equipos, feminino, xuvenil e junior) para disputarse os ansiados trofeos de campións galegos.

Este ano non puidemos manter o nivel dos anteriores, onde regresamos con varios podios, pero estamos moi contentos cos resultados logrados por todos os nosos xogadores, onde chegaron a diferentes posicións, destacando as seguintes:

o subcampionato acadado por Sergio Suárez na segunda categoría de sénior!!!

Carolina Zavala lograba un meritorio 9º posto no campionato feminino, seguida no 17º posto por Antía Becerra, e no 25º por Montserrat Rivas! As nosas deixando grandes sensacións!

No apartado junior, Xian Becerra quedaba en 5ª posición, moi preto de alcanzar o podio que xa lograra en duas ocasións; mentres que Adrián Becerra acadaba a 13ª posición no apartado xuvenil.

Na cuarta categoría individual, acadaronse grandes resultados, con unha medalla de bronce conseguida por Rubén Varela!! A mostra de que en pouco tempo de competición, se pode mellorar moito, e cun gran final de ano para él ao lograr esta medalla. Ademáis, nunha meritoria 9ª posición remataron Douglas Chirinhos e Borja Vizoso, a quenes tamén queremos felicitar polo gran ano que realizaron.

Na terceira categoría individual foi Hector Rodríguez o mellor dos nosos, pese a non lograr meterse nos 16 mellores, e firmar un 17º posto, tras unha temporada onde o seu xogo o levou a incrementar a súa consistencia, e que seguro nos vai regalar novos trofeos moi prontiño.

Na segunda individual lográronse dúas boas posicións, o 17º posto de José Manuel Ferreiro, e o 5º posto de Sergio Suárez! Unha categoría que este ano demostrou un nivel altísimo, sen nada que envidiar á primeira, e que cada ano está a incrementar a súa esixencia, pero queda claro que os nosos non baixan o nivel!

En equipos de 4ª categoría, o Ordes GASH Pool formado por José Garrote, Antía Becerra, Sergio Garrote e Héctor Rodríguez, quedábase nun 9º posto. E o Ordes Da Cunha (Ramón Chirinos, Maury Materano e Douglas Chirinos), lograban un meritorio 17º posto tamén.

En equipos de 3ª categoría o Ordes A Barrica (Juan Becerra, Antonio Iglesias, Sergio Garrote, Héctor Rodríguez e David Caamaño) tamén lograba un 9º posto, e o Ordes Pool Stars (Iván Martínez, Miguel Boedo, Montserrat Rivas, Carolina Zavala e Fernando Rial), quedaba en 17ª posición.

En parexas de 2ª categoría, Carolina Zavala e Antonio Iglesias acadaron a 5ª posición, Denyeer De Jesús e Maikel Silveira o 9º posto, e Héctor Rodríguez e Sergio Garrote o 17º posto.

Nas parexas de 1ª categoría, soamente logramos ver a José Manuel Paradela e Sergio Suárez na 17ª posición, nun dos cuadrantes con máis nivel dos últimos anos, polo que moi meritorio para esta consolidada parexa manter o altísimo ritmo de xogo e concentración que foi necesario este ano.

E para rematar... OS PODIOS!!!! Non foron todos os que nos gustaría, pois encantaríanos que todos os nosos xogadores estivesen no podio, pero regresamos con 2 podios!!! Na 3ª categoría sénior, Carolina Zavala poñía así o peche ao ano cunha medalla de bronce!! E para acompañar este peche... Sergio Suárez lograba o subcampionato de sénior na 2ª categoría!!

Dende logo, despois dun duro ano, estamos orgullosísimos de poder ver os nomes de varios dos nosos xogadores entre os 32 mellores de cada categoría, xa que este ano logramos ter unha gran representación do noso clube, con máis de 30 xogadores clasificados para as finais. Aproveitamos para felicitalos tanto a eles, como a todos aqueles que non conseguiron clasificarse, por todo o esforzo posto durante o ano, e por axudarnos a seguir disfrutando dun club familiar como o noso e mantendo máis vivo que nunca o billar na comarca de Ordes!

Moi pronto agardámosvos con grandes novidades para a tempada 26/27... polo de agora, podedes ir reservando os días 7, 8 e 9 de agosto 😉😉

B. D. Cues

A Barrica Adega.

Nunca Jamás Statues

Xestoria Muiño

Grupo CercedaSol

Supermercado Silveira

Carnicería Prego

Café - Bar 1909

Cervecería Zentrum

Asador A Campana

A Bolera Ordes

Talleres Fosado

Mástil Rotulación

AGP Comunicación

De Zero - Periódico da Comarca de Ordes

Concello de Ordes

TORNEO DE SEMANA SANTA 🎱🎱Finalizado o torneo de Semana Santa, aquí podedes ver aos ocupantes do podium, con 2 dos nosos ...
05/04/2026

TORNEO DE SEMANA SANTA 🎱🎱

Finalizado o torneo de Semana Santa, aquí podedes ver aos ocupantes do podium, con 2 dos nosos xogadores entre la 4 primeiros clasificados 💪🏻💪🏻

O caixón máis alto foi para o xogador do Club Billar Teo, Adrián Trillo, quen impuxo un ritmo de xogo e unha eficacia durante todo o día altísima, o que o levou a ser o campión desta Semana Santa.

No segundo posto acompañouno Manuel Castro, quen sigue demostrando que tras un historial de trofeos dos máis amplios de Galicia, segue sendo un dos mellores xogadores da comunidade.

No terceiro e cuarto posto, colocáronse os nosos xogadores Juan Becerra e Sergio Suárez, quenes están a completar unha gran tempada, poñendo o broche con este gran resultado.

Queremos agradecer a todos os xogadores a súa asistencia, e esperamos que o disfrutasen!! Tras este torneo, continuamos coa última fase da tempada, onde continúan en xogo todas as plazas clasificatorias para o campionato galego.

B. D. Cues

A Barrica Adega.

Nunca Jamás Statues

Xestoria Muiño

Grupo CercedaSol

Supermercado Silveira

Carnicería Prego

Café - Bar 1909

Cervecería Zentrum

Asador A Campana

la bolera...ordes

Talleres Fosado

Mástil Rotulación

AGP Comunicación

De Zero - Periódico da Comarca de Ordes

Concello de Ordes

Os martes de entroido tamén se entrena!Recordade que no Clube de Billar Ordes sempre están as portas abertas a calquera ...
17/02/2026

Os martes de entroido tamén se entrena!

Recordade que no Clube de Billar Ordes sempre están as portas abertas a calquera aficionado tanto para entrenar como para achegarse a este deporte, xa que todos os nosos socios e xogadores están sempre dispostos a darvos algún truco para mellorar 💪🏻💪🏻

🎃🎃👻👻 CHEGOU O TORNEO DO MEDO!!Chega o torneo de Halloween do C.B. Ordes!! Este sábado día 1 de novembro celebrarase o to...
28/10/2025

🎃🎃👻👻 CHEGOU O TORNEO DO MEDO!!

Chega o torneo de Halloween do C.B. Ordes!! Este sábado día 1 de novembro celebrarase o torneo máis terrorífico do ano, ao que estades todos convidados!!
Como de costume, o torneo xogarase na modalidade de bola 8, en formato de doble KO europeo, e con unha partida de hándicap por categoría.

Ademáis do torneo, tamén se celebrará un xantar de confraternidade entre todos os xogadores (e acompañantes) que desexen anotarse, e que contará con unha partida precio por persoa de 30€.

Non tardes en inscribirte, pois quedan poucas prazas!!

Ah, e todos aqueles que veñan disfrazados, terán un agasallo…de medo!!

B. D. Cues

A Barrica Adega.

Nunca Jamás Statues

Xestoria Muiño

Grupo CercedaSol

Supermercado Silveira

Carnicería Prego

Café - Bar 1909

Cervecería Zentrum

Asador A Campana

A Bolera Cervecería

Talleres Fosado

Mástil Rotulación

AGP Comunicación

De Zero - Periódico da Comarca de Ordes

Concello de Ordes

E xa temos a primeira foto do podio desta tempada!Soou o pistoletazo de saída da tempada 25/26 o pasado sábado coa prime...
18/09/2025

E xa temos a primeira foto do podio desta tempada!

Soou o pistoletazo de saída da tempada 25/26 o pasado sábado coa primeira proba de ránking de terceira categoría.

Primeira proba con boa participación, xa que serían 17 os xogadores que se batían nesta ocasión, e de todos eles, foi Sergio Garrote o que conseguíu subir ao máis alto do caixón, tras impoñerse na final a un Carlos Loggiodice que non podía comezar con mellor pe a súa andadura nesta categoría, xa que é un dos recén ascendidos.

Ademáis de Sergio e Carlos, tamén acadaron o podio Héctor Rodríguez e Adrian Pasantes.

Queremos facer tamén mención especial ao noso xogador Javier Ponte, quen o pasado sábado lograba chegar á final do Cadro B do Campionato Galego Absoluto, en mesa de 9 pes, co cal se clasificaba para o seguinte Cadro A, onde solo os mellores 32 xogadores do ranking acceden. Noraboa!

Agardamos que esta sexa unha gran tempada, a cal continúa este sábado coa celebración da primeira proba de ranking absoluto de 7 pes, que se celebrará entre o Clube de Billar Ordes, o Salón Black Ball de Santiago, e o Clube de Billar Culleredo. Vémonos no clube este sábado!!

A Barrica Adega.

B. D. Cues

Nunca Jamás Statues

Xestoria Muiño

Grupo CercedaSol

Supermercado Silveira

Carnicería Prego

Café - Bar 1909

la bolera...ordes

Cervecería Zentrum

Asador A Campana

Talleres Fosado

Mástil Rotulación

AGP Comunicación

De Zero - Periódico da Comarca de Ordes

Concello de Ordes

💥💥COMEZA A TEMPADA 2025/2026!! 🔥🔥Xa temos calendario do comezo da nova tempada, e contamos os días para volver a competi...
04/09/2025

💥💥COMEZA A TEMPADA 2025/2026!! 🔥🔥

Xa temos calendario do comezo da nova tempada, e contamos os días para volver a competir e desfrutar de todos os momentos no Clube!

Se xa eres xogador, prepara o teu taco, porque a próxima semana da comezo oficialmente a tempada 25/26‼️‼️

E se NON ERES XOGADOR… non dubides en contactar con nós para poder comezar a xogar no Clube de Billar Ordes‼️‼️ Non existen requisitos de nivel, temos competición de todas as categorías ‼️‼️ Non lle des máis voltas, e súmate ao C.B. Ordes!!

📣 𝗖𝗢𝗠𝗜𝗘𝗡𝗭𝗔 𝗟𝗔 𝗧𝗘𝗠𝗣𝗢𝗥𝗔𝗗𝗔 𝟮𝟬𝟮𝟱/𝟮𝟬𝟮𝟲
Parece que fue ayer cuando estábamos en Lalín y ya hay que ir cambiando la sombrilla por la taquera para ponerse a entrenar.
La temporada comienza el sábado 13 de Septiembre con la disputa de las primeras pruebas individuales, así que ya falta menos de un mes para que nos volvamos a ver en las mesas.

👉 Si quieres participar ponte en contacto con el delegado deportivo de tu zona.

𝗧𝗲𝗺𝗽𝗼𝗿𝗮𝗱𝗮 𝟮𝟬𝟮𝟱 / 𝟮𝟬𝟮𝟲
Competición Individiual
http://agpool.com/index.php?ctx=temporada&submenu=individual
Competición Equipos
http://agpool.com/index.php?ctx=temporada&submenu=equipos
Otras Competiciones
http://agpool.com/index.php?ctx=temporada&submenu=otros
Normas
http://agpool.com/index.php?ctx=temporada&submenu=normas

Dirección

Alfonso Senra 75, Bajo
A Coruña
15680

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Club de billar ordes publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría