28/07/2026
Clausura do Campus 2PRO Masculino 2026 en Cabana de Bergantiños e despedida ata o vindeiro verán! 🏀🔥
Campus 2PRO Masculino 2026 botou o peche o pasado sábado 25 de xullo na vila costeira de Concello Cabana de Bergantiños , pechando unha edición inesquecible chea de baloncesto formativo, convivencia e grandes momentos na Costa da Morte. Durante unha intensa semana, as instalacións do Albergue Municipal Alalá e a espectacular contorna natural do municipio foron o escenario perfecto onde combinar o máximo nivel de adestramento co ocio saudable.
O acto de clausura contou cun destacado respaldo institucional grazas á presenza do alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíño, Sándra Méndez, concelleira de Educación e Xuventude, e Carlos Allo da concelleria de deportes, quen acompañaron á organización no peche desta edición e puxeron en valor o compromiso de 2PRO co deporte base e a promoción do municipio.
Unha semana de evolución, praia e equipo
Un total de 35 xogadores deron o 100% en cada sesión de tecnificación. O esixente traballo diario na pista complementouse á perfección con sesións de recuperación muscular no mar e momentos de desconexión na praia, un selo de identidade do noso campus.
Na xornada de hoxe, as familias sumáronse á experiencia compartindo as últimas actividades da mañá e arroupando aos xogadores na emotiva cerimonia de peche.
🏆 Entrega de galardóns e recoñecemento ao esforzo
Durante o acto final, entregáronse os correspondentes premios do campus, recoñecendo o traballo diario, a evolución técnica, a constancia e o compañeirismo amosados polos mozos ao longo de toda a semana.
☀️ ¡Despedímonos ata o verán que vén!
Dende a organización de 2PRO Baloncesto queremos agradecer profundamente ao Concello de Cabana de Bergantiños pola súa excelente hospitalidade, ás familias pola súa total confianza un ano máis e, sobre todo, aos xogadores polo seu comportamento e entrega intachable dentro e fóra da pista.
Toca descansar e seguir traballando duro nos respectivos clubs durante a tempada. ¡Moitísimas grazas a todos e comezamos xa a conta atrás... Vémonos no verán que vén con máis basket, máis enerxía e máis 2PRO que nunca! 👋🏀