29/06/2026
🏆 CAMPIOAS GALEGAS 🏆
📍 Onte disputouse en Balaídos o Campionato Galego de Clubs Sub14, e competir na casa non podía rematar dunha maneira mellor. 🏟️✨
Cada unha das nosas atletas puxo o seu gran de area para escribir unha páxina inesquecible na historia do noso club: 195 puntos 🥇 e o primeiro título galego por clubs en pista da historia do Vila de Vigo.
👏 Parabéns a todas e cada unha das rapazas que competiron e unha mención moi especial para as compañeiras que, por desgraza, non puideron disputar este campionato. Este título tamén é voso, porque formades parte do camiño e do traballo realizado durante toda a tempada.
Parabéns tamén ao resto de clubs polo gran campionato, especialmente ao Club Atletismo Sada polo subcampionato 🥈 e ao .a.equilibrio.ferrol pola medalla de bronce 🥉.
Agora toca baixar un pouco o ritmo, g***r deste momento inesquecible e empezar a mirar con ilusión cara á próxima tempada.
💙💚VIVA O VILA DE VIGO💚💙