25/06/2026
COMUNICADO OFICIAL
Ante os feitos ocorridos a Unión Deportiva Santa Mariña desexa expresar que os comportamentos acontecidos non representan nin comparten a forma de entender o deporte e a educación que caracterizaron á nosa entidade desde a súa fundación.
O club desvincúlase por completo do sucedido e reitera o seu firme compromiso cos valores do respecto, a deportividade e a formación integral dos nosos xogadores.
Tras analizar o sucedido, o club tomou a decisión de prescindir do corpo técnico do equipo Benxamín. Trátase de persoas novas, cun longo camiño por percorrer tanto no ámbito deportivo como no persoal, e dende a entidade temos claro que esta situación sirve como unha oportunidade de aprendizaxe e reflexión.
No fútbol, como na vida, todos cometemos erros e o verdadeiro crecemento prodúcese cando somos capaces de asumilos, aprender deles e volver levantarnos sendo mellores. É a mesma mensaxe que trasladamos cada día aos nosos xogadores de canteira: equivocarse forma parte do proceso de formación, pero o verdadeiramente importante é extraer un ensino de cada erro e convertela nunha oportunidade para mellorar.
A U.D. Santa Mariña cumpre o ano que ven 80 anos de historia, oito décadas nas que traballamos cun firme compromiso pola formación, o respecto, a educación e os valores do deporte por encima de calquera resultado.
Ese traballo constante e esa maneira de entender o fútbol son os que permitiron que numerosos xogadores formados na nosa canteira chegasen ao fútbol profesional, converténdose no mellor exemplo da labor que fai este club.
Seguiremos defendendo os nosos principios coa mesma firmeza de sempre, porque entendemos o fútbol base como unha ferramenta de formación de persoas antes que de deportistas.
Xunta Directiva
UD. Santa Mariña