07/06/2026
O luns, 8 de xuño, abre o prazo para os cursos de natación do mes de xullo nas piscinas descubertas municipais 🏊🏻♀️💦
🔸Desde mañá, día 8, ata o 21 de xuño estará aberto o prazo de inscrición para a primeira quenda dos cursos de natación deste verán, que se desenvolverán ao longo do mes de xullo.
🔸En agosto realizaranse unha nova quenda de cursos de natación, para os que será necesario inscribirse entre o 6 e o 19 de xullo. Estas actividades terán lugar de luns a venres, tanto na piscina descuberta de Bertamiráns coma na do Milladoiro.
🔸Esta iniciativa está organizada pola Concellaría de Deportes en colaboración coa Deputación da Coruña.
📲As inscricións hai que tramitalas a través da nova app Deportes Concello de Ames.
Para saber máis ℹ️🔗 https://bit.ly/4vyvnUn