24/10/2022
NOVIDADES!!!
Dende o Clube de Salvamento de Coruña imos ofertar clases predeportivas de salvamento de forma gratuíta durante o mes de Novembro na piscina do Clube do Mar de San Amaro para nenos e nenas entre 5 e 12 anos.
Os grupos serán bastante reducidos (máximo 8 por rúa), cada participante poderá obtar a súa praza solicitándoa no enlace escrito máis abaixo.
Horarios:
-Luns: 16:30-18:00
-Xoves: 16:30-18:00
-Sábados: 15:00-18:30
Para máis información contactar de forma telefónica aos números que aparecen no folleto, ou ben, por correo electrónico.
Se vos queredes apuntar directamente teredes que entrar no seguinte enlace:
- https://fessga.es/plan-de-corresponsables/grupo-corsal/
Inscribídevos o antes posible xa que as prazas voan!!