24/08/2026
O Pepe Barrera acolleu este venres un duelo moi especial entre o Rayo Ribadeo Veteranos e os , que se levaron a vitoria cun resultado final de 2-5. Máis aló do marcador, o mellor do día foi o gran espírito deportivo e a solidariedade vivida no campo.
Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a quen fixo posíbel esta gran xornada:
⚽️Asociación de veteranos de Vegadeo: Grazas por aceptar a nosa invitación, pola vosa visita e polo excelente xogo.
👫Afición: Grazas por cubrir as bancadas e darnos o voso apoio incondicional unha vez máis.
🏫Concello de Ribadeo: Pola cesión das instalacións do Pepe Barrera.
🧒SD Ribadeo: Pola colaboración e facilidades na xestión do servizo de bar.
📈Patrocinadores: Grazas de corazón por estar sempre ao noso lado impulso a cada iniciativa do club.
Seguimos sumando momentos xuntos dentro e fóra do terreo de xogo! 💛💙