07/06/2026
👑🏑 SETE DÍAS DESPOIS… AÍNDA RESOAN OS GOLPES DA GLORIA! 🏑👑
Fai xa 7 días que se celebrou o evento deportivo do ano.
Fai xa 7 días que a billarda escribiu unha nova páxina da súa historia.
Fai xa 7 días que temos un novo Coroceiro Nacional.
Fai xa 7 días que a raíña da billarda recuperou o seu trono.
Fai xa 7 días que centos de sorrisos, apertas, lances imposibles e historias para lembrar encheron o Campo do Castiñeiriño, en Santiago de Compostela.
E fai xa 7 días que o pasamos… ¡de p**a madre arredor da nosa querida billarda! 🔥🙌
⸻
🌞 A mañá recibíanos cun sol deses que non viña de espectador, viña de protagonista. A area brillante agardaba polos heroes e heroínas da xornada mentres, arredor das 10:30h, facía a súa triunfal entrada a lendaria GuaGua da LNB.
Algunh@s xa estaban ultimando detalles, outr@s afinando a puntería e algúns, directamente, tentando negociar coa sorte antes de comezar 😅.
Todo estaba preparado.
E que preparación! 👏👏👏
Os 8 grupos quedaron perfectamente configurados e repartidos nos 4 campos grazas ao espectacular traballo da xente de Xogos Tradicionais de Santiago e da asociación O Varal. Organización de matrícula de honra. Da gusto atoparse con xente que coida así da nosa cultura e do noso deporte.
👉 Vaia desde aquí unha enorme noraboa e agradecemento!
⸻
🏑 Comezaron as carreiras da mañá.
Catro carreiras por grupo.
Puntuacións de 6-5-4-3-2-0.
Cada golpe podía marcar a diferenza entre a gloria e a eliminación.
Pero non só se estaba decidindo quen pasaba ás eliminatorias…
Tamén se estaba cocendo unha das categorías máis espectaculares da xornada: os Varados.
E se falamos de grandes lances, había un nome escrito nas apostas de medio país billardeiro: Manu Caldeiro.
No primeiro intento a billarda decidiu coller vacacións e escapou por unha beira… 😅
Pero no seguinte…
Afinou.
Apuntou.
Respirou.
Golpeou.
💥💥💥 PIMBAAAAAA!!! 💥💥💥
¡¡VARADOOOOOOOOOOO!!
Un deses tiros que fan levantar á xente das cadeiras.
Un deses golpes que se contarán durante anos.
Un deses momentos que quedan gravados na memoria.
🏆 Manu Caldeiro proclamábase Campión Nacional de Varados 2026.
⸻
👧🧒 Tamén quedou definido o podio da Categoría Infantil.
E aquí houbo unha auténtica exhibición dunha canteira que promete moitísimo.
Os Troitas Bravas da Pontenova ocuparon os tres chanzos do podio, demostrando que o futuro da billarda está máis que asegurado.
🥉 Martín, o trebello da equipa.
🥈 Antía, talento e precisión.
🥇 Mateo, absolutamente intratable durante toda a tempada e que puxo un broche de ouro a un ano espectacular.
Noraboa cracks! 🙌🔥
⸻
👑 E chegou a quenda das Donas.
Só catro podían aspirar á coroa.
Só unha podía ser raíña.
Os cruces deixaban dous auténticos partidazos:
⚔️ Dori vs Geni
⚔️ Antía vs Mila
Cada lance desprendía tensión.
Cada golpe valía ouro.
Cada carreira facía vibrar ao público.
Nivelazo absoluto! 🔥🔥🔥
Tras unhas semifinais de enorme intensidade, Dori conseguiu facerse co terceiro posto e subir ao podio representando aos Billardeiros Musicais. 👏
Pero quedaba o prato forte.
A GRAN FINAL.
Por unha banda estaba Antía.
Xuventude.
Talento.
Descaro.
Xogando coma unha veterana.
Por outra banda…
Que dicir de Geni?
Unha lenda viva.
Un nome escrito con letras de ouro na historia da billarda.
Tricampioa nacional.
Buscando o seu cuarto título.
Buscando seguir engrandecendo unha traxectoria xa histórica.
E cando chegou o momento decisivo…
A experiencia falou.
A precisión apareceu.
Os golpes perfectos sucedéronse un tras outro.
Porque con Geni pasa unha cousa:
👉 Se lle das unha oportunidade… aprovéitaa.
👉 Se lle das dúas… acabouse.
🏆 Geni proclamouse Campioa Nacional de Donas 2026.
CUARTO TÍTULO.
Algo reservado só para as máis grandes entre as grandes.
Noraboa campioa! 👏👑🔥
⸻
🏆 Na categoría por equipos tamén quedou decidido o podio.
E vaia podio!
🥇 Troitas Bravas
🥈 Billardeiros Musicais (a tan só 3 puntiños!)
🥉 Madia Leva
Tres equipas espectaculares que demostraron durante toda a tempada por que están na elite da billarda nacional.
Parabéns ás tres formacións! 🙌🙌🙌
⸻
🍖🍻 Chegou entón o momento de repoñer forzas.
Comida de fraternidade.
Conversas.
Risas.
Anécdotas.
Música.
Amizade.
Todo aquilo que fai grande este deporte máis alá dos resultados.
Porque a billarda tamén é isto.
Quizais, sobre todo, é isto. ❤️
⸻
⏰ Ás 16:00 chegou o momento que todo o mundo estaba agardando.
A GRAN FINALÍSIMA.
A batalla definitiva.
A procura da Coroza.
A procura da inmortalidade billardeira.
Quen sería o novo Rei ou Raíña da Billarda?
Quen se convertería en Coroceir@ Nacional 2026?
⸻
A maioría das figuras chamadas a loitar polo título conseguiron superar a fase de grupos.
Pero xa se sabe…
Nesta competición non hai sitio para todo o mundo.
Cada ano o nivel sobe.
Cada ano custa máis chegar arriba.
E iso viuse en cada eliminatoria.
Os cruces foron deixando polo camiño a auténticos xigantes da nosa billarda.
Ata que quedaron catro.
⚔️ Gundar vs Sachas
⚔️ Basilio vs Félix
Este último defendendo a Coroza conquistada o ano anterior.
As semifinais foron auténticas guerras deportivas.
Dignas dun Nacional.
Dignas da historia da competición.
E delas emerxeron dous nomes.
🏑 Gundar.
🏑 Basilio.
Os dous finalistas.
Os dous merecedores.
Os dous preparados para facer historia.
Mentres tanto, Félix e Sachas disp**aban un espectacular duelo polo terceiro posto para non perderse a festa que prometían os finalistas.
⸻
E chegou o momento da verdade.
Só un podía converterse no Rei.
Só un podía poñer a Coroza.
Só un podía ser o “puto amo” da billarda en 2026 😎👑
E tras dúas carreiras memorables…
Con golpes imposibles.
Con nervios.
Con emoción.
Con espectáculo.
🏆🏆🏆 GUNDAR!!! 🏆🏆🏆
Si señor!
O comediante da Liga Norleste.
O home dos mandís.
Dos crocs.
Dos sombreiros de palla.
O rei do bo humor.
O amigo de todo o mundo.
O campión de todos.
Convertíase por fin en COROCEIRO NACIONAL 2026!! 👑🔥
Pero máis aló do resultado, Basilio e Gundar regalaron unha final exemplar.
Nivel.
Respecto.
Amizade.
Camaradería.
O verdadeiro espírito da billarda.
⸻
🎖️ Chegou entón a entrega de trofeos.
A concelleira de deportes, Pilar Rueiro, xunto con Keli e Diego, fillos do inesquecible Mario —sempre presente nos nosos corazóns— foron os encargados de entregar os premios.
Todos os podios foron celebrados con enormes aplausos.
Pero faltaba o momento máis emocionante.
O pase da Coroza.
O instante que paraliza o tempo.
O Coroceiro 2025, Félix, entregaba a Coroza ao novo campión.
E nese momento…
As areas do Castiñeiriño tremeron.
Os aplausos retumbaron.
As emocións desbordaron.
Porque daba a sensación de que a vitoria de Gundar era tamén un pouco a vitoria de tod@s.
Da súa xente.
Da súa equipa.
Da Liga Norleste.
Da billarda enteira.
❤️
Un final perfecto para unha tempada extraordinaria.
⸻
👑 VIVA O COROCEIRO NACIONAL 2026!
👑 VIVA GUNDAR!
🦺 VIVA OS MANDÍS!
👟 VIVA OS CROCS!
👒 VIVA OS SOMBREIROS DE PALLA!
🏑 VIVA A BILLARDA!
⸻
Noraboa a tod@s os participantes, organizadores, colaborador@s e afeccionad@s por facer posible unha xornada inesquecible.
⏳ Xa estamos na conta atrás para o Nacional 2027.
Pero antes…
🌞 Vémonos nos abertos deste verán.
🏑 Nas pistas.
🍻 Nas conversas.
❤️ E arredor da billarda.
Bicos e apertas a repartir para tod@s!
🤗💙