30/12/2024
Presentación das I Xornadas de Tecnificación de Bádmintón Escolar "A MARIÑA", levaranse a cabo no Ceip Pedro Caselles Rollán do Concello de Xove os días 2 de xaneiro (de 16 a 19) e o 3 de xaneiro (de 11 a 14), na presentación estiveron Demetrio Salgueiro, alcalde do Concello de Xove, Cristina Iglesias, concelleira de Deportes, Jose Manuel Blanco, presidente da ACD Xove e Pedro Esmorís, adestrador e representante de A.D. San Roque.
Estas xornadas están organizadas pola ACD Xove co patrocinio do Concello de Xove e a colaboración da Xunta de Galicia- Deporte Galego- Xogade, Badminton Galicia e A.D. San Roque.
A inscrición é gratuita e poderán participar todos aqueles/as deportistas que practican o bádminton ou aqueles que estean interesados no mesmo, o único requisito é estar inscrito dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia nalgunha modalidade deportiva.
Concello de Xove XOVE Turismo XOVE Deporte Xove Xuventude A.C.D. XOVE Deporte Galego