Carreira Popular de Pintos

Carreira Popular de Pintos Esta é a páxina oficial da Carreira Popular de Pintos, que se celebra na parroquia de Marcón, lugar de Pintos.

Todos os anos, un sábado de agosto... permanece atent@ para comprobar a data e vén pasar un bo anaco con nós!

Un ano máis, malia a chuvia, GRAZAS por acompañarnos nunha nova edición! O ano que vén, máis!
30/08/2026

Un ano máis, malia a chuvia, GRAZAS por acompañarnos nunha nova edición!
O ano que vén, máis!

☀️ Hoxe é o día!Desenfundade as zapatillas que esta tarde corre a parroquia enteira... e todas as forasteiras, que sodes...
29/08/2026

☀️ Hoxe é o día!

Desenfundade as zapatillas que esta tarde corre a parroquia enteira... e todas as forasteiras, que sodes benvidas!! 😁

⏰ Lembrade chegar a partir das 16-16.30 h para anotarvos.
Traede ganas de correr, de rir e de pasar a tarde xuntas.

Vémonos logo en Pintos! 🏃‍♂️💨

Lembrade que mañá, aínda que chova, corremos igual!!!🥧 E isto é así porque a carreira é importante... pero o que vén dur...
28/08/2026

Lembrade que mañá, aínda que chova, corremos igual!!!

🥧 E isto é así porque a carreira é importante... pero o que vén durante e despois tamén!

Porque en Pintos a proba remata, pero a festa sigue. Ao rematar as carreiras e a entrega de premios teremos:
🥤 Refrixerios para todas as participantes.
🍴 Empanada e petiscos para repoñer forzas e comentar a carreira.
🏆 Entrega de premios.
🎁 Sorteo de agasallos cos dorsais e as rifas.

Todo preparado. Mañá vémonos en Pintos! 🥳

🌧️ QUE A CHOIVA NON NOS PARE! A CARREIRA DE PINTOS SEGUE ADIANTE 🏃‍♂️🏃‍♀️Molladas ou secas, mañá corremos igual! A previ...
28/08/2026

🌧️ QUE A CHOIVA NON NOS PARE! A CARREIRA DE PINTOS SEGUE ADIANTE 🏃‍♂️🏃‍♀️

Molladas ou secas, mañá corremos igual! A previsión dá algo de auga, pero iso en Pintos nunca foi escusa: para adiante.

📌 Lembrade:

🕔 Hora: A partir das 16:30 h abrimos inscricións!

👟 Consello: Traede muda (ou roupa de auga), calzado con bo agarre por se o chan está algo esvaradío e paraugas!

Témolo todo listo para pasar unha tarde de deporte e bo ambiente. Agardámosvos na liña de saída!

⏰ Como participar este sábado? Moi fácil!  Aquí non hai complicacións nin rollos raros:📝 Inscricións: No propio lugar da...
27/08/2026

⏰ Como participar este sábado? Moi fácil!

Aquí non hai complicacións nin rollos raros:
📝 Inscricións: No propio lugar da proba desde as 16 h.
🏁 Inicio das carreiras: A partir das 17.30 h e en función do tempo. Para as saídas, primeiro os nenos e nenas, e logo as máis maiores.
📍 Lugar: Pintos (Marcón). Punto de saída: https://maps.app.goo.gl/vaEqWrEmrYNRWS2V7 (lembrade que tedes que aparcar antes!)

Chegade con tempo para coller o dorsal con calma e quentar un pouco antes de saír.

👟 Dende os 0 ata o infinito: en Pintos corre todo o mundo!Aquí ninguén queda fóra. Temos carreiras pensadas para todas a...
26/08/2026

👟 Dende os 0 ata o infinito: en Pintos corre todo o mundo!

Aquí ninguén queda fóra. Temos carreiras pensadas para todas as idades, dende a categoría dos máis miúdos (0-4 anos) ata os nosos veteráns máis incombustibles.

Traede aos nenos e nenas para que vivan a festa dende abaixo. A saída das pequenas sempre é o un dos mellores momentos da tarde! 👶👧👦

Cantos anos levas vindo correr (ou mirar correr 😜) a Pintos?Hai quen empezou de peque con catro aniños e hoxe vén correr...
25/08/2026

Cantos anos levas vindo correr (ou mirar correr 😜) a Pintos?

Hai quen empezou de peque con catro aniños e hoxe vén correr cos seus propios fillos!

Hoxe queremos que nos digades nos comentarios:
❓Lembras cal foi a túa primeira edición?
❓Conservas na casa algunha camiseta vella, trofeo ou medalla daqueles primeiros anos?

Aceptamos fotos!! En Pintos o tempo pasa, pero a esencia segue intacta: suar a camiseta, botar unhas risas e rematar a tarde compartindo a empanada e o sorteo entre amigos.

24/08/2026

🌙 Pregunta seria de luns á noite:

Cantas de vós xa sacastes as zapatillas do armario para ver se aínda serven para o sábado? 😂😂😂 Queremos respostas nos comentarios!

Como bonustrack, aí tedes chegando á meta ao noso speaker, Santi, chegando heroicamente á meta 🤣🤣

Que non vos entre o pánico de última hora: aínda quedan 5 días para a Carreira de Pintos 2026. Dá tempo de sobra a facer un adestramento suave... ou polo menos a ir mentalizándose para a subida.

Bulide que se fai tarde! 👟🏃‍♂️

Imos entrar xa na semana da nosa carreira! Case catro décadas de tradición, de ver correr a avós, nais, fillos e netos n...
23/08/2026

Imos entrar xa na semana da nosa carreira! Case catro décadas de tradición, de ver correr a avós, nais, fillos e netos no mesmo asfalto... aínda que chova a caldeiros, como o ano pasado.

Xa sabedes que este sábado 29 volvemos á carga: non fai falta que sexas profesional nin que veñas bater ningún récord mundial. Só fai falta ter ganas de suar a camiseta e botar a tarde cos veciños e veciñas.

Apunta a data e vai avisando á familia e aos amigos se aínda non o fixeches! 🗓️

Un ano máis, e como manda a tradición, aquí estamos con outra edición da Carreira popular de Pintos!!💪Este será o cartel...
28/07/2026

Un ano máis, e como manda a tradición, aquí estamos con outra edición da Carreira popular de Pintos!!💪

Este será o cartel deste 2026, onde xa estamos traballando duro para que poidades disfrutar dunha tarde de deporte, diversión, bo ambiente e sobre todo de reencontros de amigos e familiares no noso pobo de Pintos.,🙂😊

Así que gardade este día no calendario porque esperamos por tod@s vós!!!👍🏻

(PD: Se podes, comparte o noso cartel 😉)

Dirección

Pontevedra

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Carreira Popular de Pintos publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría