Club de Regatas Salgado-Perillo

Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Club de Regatas Salgado-Perillo 📰 Remando dende o 31 de outubro de 1970
📍 Equipo subvencionado:

Misión cumprida en Santa Cristina! 🙌🏼✅A nosa canteira coida da ría co proxecto GALPO pasado venres 16 de outubro, o Club...
19/10/2026

Misión cumprida en Santa Cristina! 🙌🏼✅

A nosa canteira coida da ría co proxecto GALP

O pasado venres 16 de outubro, o Club de Regatas Salgado-Perillo celebrou unha xornada de acción e aprendizaxe na Ría e na Praia de Santa Cristina. Baixo o lema «Limpa a túa ría», as categorías inferiores participaron nunha recollida de residuos e actividades de sensibilización ambiental.

A iniciativa enmárcase no proxecto cofinanciado «Remo tradicional no Golfo Ártabro Sur», en colaboración co GALP Golfo Ártabro Sur GALP Golfo Ártabro Sur e o fondo europeo FEMPA, e contribúe ao fomento da canteira, á educación ambiental e á posta en valor do patrimonio costeiro.

Durante a xornada, os mozos e mozas remeiros e remeiras participaron en actividades prácticas e charlas educativas centradas en tres aspectos fundamentais:

✳️ Conciencia ecolóxica: coñeceron o impacto dos plásticos e dos refugallos no litoral e a importancia de protexer o medio mariño.

✳️ Identidade costeira: descubriron o papel do GALP e dos fondos europeos FEMPA no apoio ao club, en Oleiros e na posta en valor dos recursos pesqueiros locais.

✳️ Sustentabilidade: reflexionaron sobre a recollida de residuos mariños, o uso responsable da enerxía, o respecto polo medio ambiente e a mobilidade sostible.

Con iniciativas como esta, o Club de Regatas Salgado-Perillo demostra que, ademais de promover a excelencia deportiva e a continuidade das categorías inferiores, busca formar cidadáns comprometidos coa súa contorna.

Coidar da nosa ría é asegurar o futuro da nosa tradición. Moitas grazas á nosa canteira pola súa implicación e respecto pola natureza.

O futuro de Oleiros navega cara a unha dirección limpa e sostible! 💙🌍💪🏼🌊

✨Unha etapa que remata e outra que comeza ✨Todo cambio trae consigo novos retos, ilusións e oportunidades.Hoxe queremos ...
13/10/2026

✨Unha etapa que remata e outra que comeza ✨

Todo cambio trae consigo novos retos, ilusións e oportunidades.

Hoxe queremos agradecerlle a .a90 a súa dedicación, esforzo e compromiso co noso club. Grazas por cada adestramento, por todo o aprendido e por formar parte do noso camiño. Desexámosche de corazón moita sorte e o mellor en todo o que veña.

Grazas por todo, Sebas! 💙

Ao mesmo tempo, dámoslle a benvida a David Hermo , remeiro que xa estivo na tempada anterior da man de Sebas Acerbi e quen continúa este proxecto da categoría masculina. Estamos seguros de que o noso equipo queda en boas mans.

Desexámosche moitos éxitos nesta nova etapa. Que veña chea de grandes momentos, aprendizaxes, alegrías e moitos obxectivos por cumprir xuntos. Que desfrutes moito desta nova aventura como adestrador da que xa é a túa familia! 🚣🏻💪🏼

Porque, aínda que cambien as persoas á fronte, hai algo que permanece: a paixón polo remo, o compañeirismo e as ganas de seguir medrando.

Benvido de novo, David! 🌊❤️

AÚPA PERILLO! 🔥💪🏼

Compartindo mar e traiñeira! Un espazo interxeracional de tradición e comunidade en Santa Cristina ⛱️🌊O remo tradicional...
11/10/2026

Compartindo mar e traiñeira! Un espazo interxeracional de tradición e comunidade en Santa Cristina ⛱️🌊

O remo tradicional como nexo de unión entre xeracións, cultura e cidadanía!

O pasado sábado 3 de outubro de 2026, as instalacións do Club de Regatas Salgado-Perillo en Santa Cristina acolleron unha xornada moi especial para abrir as portas do club e achegar o remo á comunidade, compartindo a paixón polo mar como espazo de encontro e aprendizaxe

Esta acción forma parte das actividades sociais, comunitarias e de igualdade do proxecto cofinanciado «Remo tradicional no Golfo Ártabro Sur», co apoio do GALP Golfo Ártabro Sur GALP Golfo Ártabro Sur e do fondo europeo FEMPA, para poñer en valor o noso patrimonio marítimo local.

A xornada estivo estruturada en tres bloques:

➡️ Espazo de encontro interxeracional: socios/as do club e veciños/as participaron nunha visita guiada e demostración da traiñeira, coñecendo a súa evolución técnica, os seus usos deportivo e recreativo e a súa importancia histórica como vínculo co medio mariño.

➡️ Técnica e sincronización no remo fixo: analizáronse os movementos biomecánicos necesarios para practicar o deporte con seguridade e traballouse na coordinación colectiva para conseguir que toda a tripulación reme ao mesmo compás.

➡️ Igualdade e inclusión: impulsáronse actividades mixtas para favorecer a incorporación das mulleres ao remo tradicional e garantir un acceso inclusivo ao mar para persoas de toda condición.

Moi satisfeitos de seguir remando xuntos e de facer do Club de Regatas Salgado-Perillo un espazo aberto, igualitario e comprometido coa cidadanía de Oleiros! 🙌🏻😊💙

02/10/2026
A NOSA CANTEIRA APRENDE A COIDAR DO MAR! ARRANCAN AS CHARLAS DO PROXECTO GALP!O último luns do noso campamento de verán ...
30/09/2026

A NOSA CANTEIRA APRENDE A COIDAR DO MAR! ARRANCAN AS CHARLAS DO PROXECTO GALP!

O último luns do noso campamento de verán vivimos unha xornada moi especial coas categorías base do noso club. Celebramos a primeira dunha serie de charlas educativas e de sensibilización ambiental, unha actividade que encaixa plenamente cos obxectivos comunitarios do noso proxecto “Remo tradicional no Golfo Ártabro Sur”.

Nesta sesión inicial, os nosos mozos e mozas deportistas aprenderon:

• Identidade costeira: o que significa o GALP Golfo Ártabro Sur e o impacto tan positivo que supón este proxecto, cofinanciado polo fondo europeo FEMPA, para o noso club e para Oleiros.

• Conciencia ecolóxica: o impacto real dos residuos no noso litoral e a importancia de protexer o medio mariño.

• Coidado da contorna: como organizaremos as próximas xornadas de recollida simbólica de residuos mariños (“refugallos”) para manter limpa a nosa ría.

Con actividades como a estas, demostramos que o Club de Regatas Salgado-Perillo non só forma deportistas na auga, senón tamén cidadáns comprometidos coa sustentabilidade, a cultura mariñeira e o futuro das nosas costas.

Grazas a todos os pequenos remeiros e remeiras pola súa atención e entusiasmo! 🌊🚣‍♀️🚣‍♂️

Un mes para dar o salto e remar ao máximo nivel 🌊🚣🏻‍♀️💪🏼💙
23/09/2026

Un mes para dar o salto e remar ao máximo nivel 🌊🚣🏻‍♀️💪🏼💙

CHEGAN OS PREMIOS E O FUTURO REMA CO GALP! 🌊🩵Non podemos estar máis orgullosos! 🥹A última fin de semana de agosto en Ria...
21/09/2026

CHEGAN OS PREMIOS E O FUTURO REMA CO GALP! 🌊🩵

Non podemos estar máis orgullosos! 🥹

A última fin de semana de agosto en Rianxo, os nosos remeiros deixaron a pel no esixente Play-Off de ascenso. Ademais, o equipo feminino desprazouse con eles para adestrar e preparar o seu seguinte reto: a Regata da Kontxa, a cita máis prestixiosa do remo de banco fixo do Cantábrico.

Con toda a plantilla reunida, vivimos unha xornada de entrega de premios inolvidable para pechar a tempada oficial da Liga Galega de Traiñeiras:

➡️As nosas remeiras proclámanse CAMPIOAS da Liga Feminina, un éxito rotundo que demostra o gran momento do noso remo feminino

➡️ Os nosos remeiros proclámanse SUB-CAMPIÓNS da Liga B, un logro que foi froito do gran compromiso, esforzo e mellora continua.

➡️Premio ao equipo revelación da tempada, froito do esforzo colectivo de toda a familia do club.

E para facer este fin de semana aínda máis especial, os nosos deportistas estrearon as novas camisetas do GALP Golfo Ártabro Sur

Esto simboliza o arranque do noso proxecto cofinanciado polo fondo Europeo FEMPA e a Consellería do Mar.

"Remo tradicional no Golfo Ártabro Sur"

Co impulso do GALP Golfo Ártabro Sur e estes resultados históricos, demostramos que a canteira, a tradición e o futuro de Oleiros navegan na mellor dirección.

Noraboa remeiros, remeiras, corpo técnico e afición! 🫂💪🏼🚀

AÚPA PERILLO! 💙🔥

🚣🏻‍♀️ Novos retos, novas ilusións!Dámoslles a benvida aos nosos novos adestradores e desexámoslles moita sorte nesta nov...
18/09/2026

🚣🏻‍♀️ Novos retos, novas ilusións!

Dámoslles a benvida aos nosos novos adestradores e desexámoslles moita sorte nesta nova etapa.

Grazas por formar parte deste equipo. Seguimos remando xuntos! 🌊💪🏼

AÚPA PERILLO! 🔥💙

18/09/2026

Dirección

Avenida Das Américas, 33
Perillo
15172

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Club de Regatas Salgado-Perillo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Club de Regatas Salgado-Perillo:

Atajos

Compartir

Categoría