CCP Xaquín Lorenzo

CCP Xaquín Lorenzo Centro Cultural Popular da Deputación de Ourense. Un espazo para conectar coa nosa cultura

Un ano máis chegamos ao final do curso e queremos celebralo con todos vós✨Agardámosvos o vindeiro 17 de xuño ás 19:30 h ...
13/06/2026

Un ano máis chegamos ao final do curso e queremos celebralo con todos vós✨
Agardámosvos o vindeiro 17 de xuño ás 19:30 h no Auditorio do Conservatorio de Música de Ourense.

A Escola Provincial de Danza-Castro Floxo parcticipou nas actividades organizadas polo CCA Ourense con motivo da Shoppin...
06/06/2026

A Escola Provincial de Danza-Castro Floxo parcticipou nas actividades organizadas polo CCA Ourense con motivo da Shopping Night con actuacións polas rúas da cidade

O CCP Xaquín Lorenzo-Escola de Danza organiza unha nova actividade do Obradoiro de Teares:“Tecedeiras. Arte e talento na...
20/05/2026

O CCP Xaquín Lorenzo-Escola de Danza organiza unha nova actividade do Obradoiro de Teares:
“Tecedeiras. Arte e talento na sombra”, unha proposta arredor do mundo rural galego a través das creacións téxtiles das mulleres, dirixida por Manuel Rodríguez Calviño.

🗓 Xoves, 21 de maio
🕐 Parte técnica: de 11:00 a 14:00 (prazas limitadas)
🕔 Exposición didáctica: de 17:00 a 19:30 (aberta a todo o público)
📍 Escola Provincial de Danza, Pza. Daniel González, 4 — As Lagoas, Ourense

Agardámosvos!

Na  vivimos unha xornada moi especial, celebrando a nosa música, a nosa cultura e as nosas tradicións nunha data tan imp...
19/05/2026

Na vivimos unha xornada moi especial, celebrando a nosa música, a nosa cultura e as nosas tradicións nunha data tan importante como o Día das Letras Galegas.

Ata Vilanova dos Infantes desprazáronse diferentes seccións da agrupación para compartir o traballo, a ilusión e a dedicación que hai detrás de cada ensaio, desfrutando dunha xornada de convivencia, baile e música tradicional.

Cada actuación foi tamén unha maneira de seguir mantendo vivo aquilo que nos identifica como pobo: a nosa lingua, as nosas raíces e o amor polo noso.

Grazas a todas as persoas que formaron parte deste día tan especial e por seguir facendo medrar a nosa cultura e tradición.

🤍💙🤍


A Escola de Danza participou no acto de clausura das XV Xornadas de Enfermería, celebradas en Ourense o pasado martes 12...
13/05/2026

A Escola de Danza participou no acto de clausura das XV Xornadas de Enfermería, celebradas en Ourense o pasado martes 12 de maio 💃✨

Un pracer formar parte desta xornada tan especial.

Así foi a mostra didáctica sobre o proceso de transformación do liño que vivimos o pasado xoves, unha actividade chea de...
06/05/2026

Así foi a mostra didáctica sobre o proceso de transformación do liño que vivimos o pasado xoves, unha actividade chea de aprendizaxe e tradición.

Máis de 50 persoas participaron nesta xornada organizada polo CCP Xaquín Lorenzo na Escola de Danza e dirixida por Míriam Fernández.

Na súa intervención incidiu no papel das mulleres en cada un dos traballos que levan á planta do liño a se converter nun tecido.

Unha fermosa xornada ao redor das nosas tradicións.

Grazas a todas as persoas que asistiron!

OficiosTradicionais Ourense ccpxaquinlorenzo

O CCP Xaquín Lorenzo-Escola de Danza organiza unha Mostra didáctica ao redor do proceso de transformación do liño impart...
27/04/2026

O CCP Xaquín Lorenzo-Escola de Danza organiza unha Mostra didáctica ao redor do proceso de transformación do liño impartida pola Historiadora da arte, especialista en Xestión do Patrimonio Cultural, investigadora e artesá téxtil Miriam Fernández Otero.

🗓Cando: Xoves, 30 de Abril, ás 17.30
📍Onde: Escola Provincial de Danza, Pz. Daniel González 4, As Lagoas, Ourense
🕗Duración aproximada 90 min.

A actividade preséntase en formato de charla interactiva e demostrativa con exposición de materiais e apeiros, práctica procesado do liño (mazado, tascado, arrestrelado, fiado...).

A Agrupación Castro Floxo da Escola de Danza da Deputación de Ourense participou na 50ª edición do Paasfeesten en Leuven...
11/04/2026

A Agrupación Castro Floxo da Escola de Danza da Deputación de Ourense participou na 50ª edición do Paasfeesten en Leuven, Bélxica.
Durante varios días, o grupo compartiu escenario con formacións doutros países europeos, levando a nosa cultura e tradición a un contexto internacional.
A programación incluíu desfiles polas rúas da cidade, actuacións e actividades de convivencia, nunha experiencia de intercambio cultural na que a música e o baile foron protagonistas.
Grazas á organización do festival pola súa invitación e pola excelente acollida recibida.

Dirección

Centro Comercial "As Lagoas" , Praza Daniel González, 4
Orense
32004

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CCP Xaquín Lorenzo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría