16/02/2023
𝗔 𝗰𝗶𝘁𝗮, 𝗼𝗿𝗴𝗮𝗻𝗶𝘇𝗮𝗱𝗮 𝗽𝗼𝗹𝗼 Concello de Poio 𝗲 𝗼 Team Triatlón Poio 𝗰𝗼𝗻𝗳𝗶́𝗿𝗺𝗮𝘀𝗲 𝗰𝗼𝗺𝗼 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗱𝗮𝘀 𝗽𝗿𝗼𝗯𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗿𝗲𝗳𝗲𝗿𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮 𝗻𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗺𝗼𝗱𝗮𝗹𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗻𝗼 𝗽𝗮𝗶́𝘀
A concelleira de Deportes, Marga Caldas (BNG), presentou na mañá deste martes, acompañada por responsables do Club Triatlón Poio e da Fegatri Federación Galega de Triatlón e Péntatlon Moderno, os detalles da que será xa a quinta edición do Duatlón de Estrada Movéndonos por Poio, que terá lugar este sábado 18 de febreiro na contorna de , na parroquia de San Salvador, desde as 14.30 horas, momento no que se iniciarán os pertinentes controis previos á proba. Caldas expresou a súa satisfacción polo feito de que esta cita deportiva “estea xe plenamente consolidada como unha das competicións referentes en Galicia”.
A edil do Goberno local ten claro que “isto é grazas ao gran traballo que realiza o Club Triatlón Poio” e tamén quixo expresar o seu agradecemento a institucións e entidades colaboradoras, como son Motoclub Arosadosventos a Asociación de Hostaleiros de , e (Hoempo) ou a Policía Local Poio e a Proteccion Civil Poio entre outros.
SABER MÁIS 👉 http://ow.ly/tTho50MSLYu