TEMPO - A Laracha

TEMPO - A Laracha Centro deportivo en A Laracha. Moi pronto ⏳⏳⏳

30/07/2026

A pretempada xa está en marcha… e a xente nova non quere quedarse atrás 😎🔥

Pretempada Full Xoven tódolos xoves ás 11.00h ‼️

Enerxía, esforzo, risas e ganas de mellorar en cada adestramento. Porque o importante non é só prepararse para o que vén, senón desfrutar do camiño e medrar xuntos. 💪🚀

🌑✨ TEMPO DE ECLIPSEHai momentos que suceden unha soa vez na vida.O próximo 12 de agosto, Galicia converterase nun dos me...
28/07/2026

🌑✨ TEMPO DE ECLIPSE
Hai momentos que suceden unha soa vez na vida.
O próximo 12 de agosto, Galicia converterase nun dos mellores lugares do mundo para vivir un eclipse total de Sol. E antes de mirar ao ceo... queremos entendelo.
Por iso organizamos Tempo de Eclipse, un encontro gratuíto e aberto a todo o mundo da man de dúas persoas que dedican a súa vida a estudar o universo.
👧 20:30 h | Charla infantil
🌌 21:10 h | Charla para adultos

Será unha tarde para descubrir por que este eclipse é tan especial, aprender a observalo con seguridade e deixar que o universo nos sorprenda un pouco máis ✨

📅 7 de agosto
📍 TEMPO Social Training
🎟️ Entrada libre e gratuíta

20/07/2026

🏆🔥

Non todos os campións/campionas xogan un Mundial.

Algúns madrugan un domingo, poñen un chip, abrazan aos seus compañeir@s e saen dispostos a deixalo todo nas Games Series de Lugo.

Porque hai vitorias que non saen na televisión, pero que significan moito para quen as vive 💙

14/07/2026

☀️ Este verán, poñerse a tono ten nome: 360º T-BODY 💪🔥

Unha clase chea de ritmo, enerxía e movemento, onde a música marca o compás mentres traballas todo o corpo. Combina forza, tonificación e exercicios funcionais para que adestrar sexa tan efectivo como divertido.

Porque cando a música acompaña... o esforzo lévase doutra maneira. 🎵✨

10/07/2026

Un reto. Un equipo. Unha data.

ATEMPOX está de volta. ⚡

📅 Garda a data.
Moi pronto, toda a información e apertura de inscricións. 🔥

🏃‍♀️🌟 TEMPO RUNNING XOVEN 🌟🏃‍♂️Cada mércores, os máis peques teñen unha cita para correr, aprender e divertirse. 💛A trav...
08/07/2026

🏃‍♀️🌟 TEMPO RUNNING XOVEN 🌟🏃‍♂️

Cada mércores, os máis peques teñen unha cita para correr, aprender e divertirse. 💛

A través do xogo e de adestramentos adaptados á súa idade, melloran a coordinación, a técnica de carreira, a confianza e o traballo en equipo, sempre nun ambiente dinámico e cheo de motivación. 🙌✨

Porque correr tamén é facer amizades, superar retos e descubrir do que son capaces. 💪

🕚 Tódolos mércores ás 11:00h 👟💥

07/07/2026

Non hai medallas que poidan medir o orgullo que sentimos no Deka de Vigo 🍀

Porque detrás de cada saída había horas de adestramento, sacrificio, nervios e moitas ganas de superarse. E unha vez máis demostrastes que cando competimos, facémolo como sempre: en familia.

Parabéns a todos os que o destes todo na pista. Cada un de vós representou á perfección o que significa Tempo.

E, por suposto, unha mención moi especial para:
🥈 Peny e Tati, segundas en DEKA FIT Teams.
🥇 Jesu e Seo, campións en DEKA MILE Teams.

25/06/2026

Así vivimos o noso Simulacro DEKA 🔥💪

Esforzo, superación, compañeirismo e moitas ganas de dar o mellor en cada estación. Unha preparación perfecta para todo o que está por vir.

Agora só queda unha cousa: desexarvos moitísima sorte a todos os que competides este sábado. Confiade no traballo feito, desfrutade da experiencia e saíde a dalo todo. Estamos con vós! ❤️🍀

Dirección

Laracha
15145

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando TEMPO - A Laracha publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir