20/05/2026
🗣️ As palabras do míster antes da final do sábado:
- O equipo ten moitas ganas de que chegue o sábado, acadar o obxectivo e pechar a tempada con matrícula de honra.
- Xogar na casa é un premio á liga regular e un factor moi importante. Nestes dous anos perdemos moi poucos puntos aquí; é onde adestramos e onde estamos máis rodados como equipo. Ademais está a nosa xente, que sempre nos apoia e que seguro que estará este sábado. Oxalá poidamos conseguilo e desfrutalo con eles, porque tamén o merecen.
- Será o terceiro partido contra o Alto do Vento FS, un encontro bonito e decisivo. Na liga houbo unha vitoria para cada un: gañamos en Santiago nun partido moi axustado e na Baña eles foron moi superiores. Iso tamén nos servirá para afrontar esta final coa mentalidade que require. É un rival moi difícil, competitivo e moi ben traballado por Marquitos, ao que quero felicitar polo gran ano que está facendo na súa primeira tempada adestrando a un sénior e meténdoo en playoff, algo que non é nada doado. Alegróme por él e a súa familia, aos que lle desexo sempre o mellor.
- Creo que neste tipo de partidos non hai favoritos. Son encontros para gañar, non vale gardar nada. É unha final e as finais gáñanse.
- Sempre destaco o grupo humano e sempre o farei. Sei o que lles esixo e como responden estes xogadores. Estareilles sempre agradecido, porque sei que non fallan e que van ata o final. O grupo é moi importante e en partidos así vese o seu compromiso e a súa unión.
- Á nosa afección, que é pouca pero moi fiel, pouco hai que dicirlle. Sei que van estar, como sempre. Se lles podo pedir algo é este último esforzo para vivir e desfrutar xuntos o sábado. Iso é o que quedará no recordo. Todo agradecemento a nosa xente quédase curto.