10/06/2026
🏸 Escola de Bádminton 🏸
O pasado mércores 10 despedimos unha nova tempada da nosa Escola de Bádminton.
Meses de adestramentos, competicións, aprendizaxe e moitos retos que nos deixan grandes recordos e, sobre todo, moitas ganas de seguir medrando. 💪🏸
Cada punto, cada partido e cada experiencia vivida ao longo do curso contribuíron a construír unha tempada da que sentirnos orgullosas e orgullosos.
Grazas a todas as persoas participantes e ás súas familias por acompañarnos un ano máis nesta aventura deportiva. 💙
Agora toca descansar, desfrutar do verán e volver coa mesma ilusión na próxima tempada. ☀️🏸