Omix Irixoa

Omix Irixoa Información para mozos e mozas de 12 a 35 anos. A OMIX de Irixoa pertence a Rede Galega de Documentación xuvenil. Expide o Carné xove.

Está situada no edificio da biblioteca e ofrece información sobre cursos, axudas, emprego, ocio e tempo libre... a rapaces e rapazas de 12 a 35 anos.

06/09/2021

🔴 Convocatoria aberta

🌐 Se es universitario e este curso vas de intercambio a un país extracomunitario, esta nova interésache

🆕 Abrimos convocatoria para 164 bolsas cunha dotación de ata 1.700 euros

Condicións e solicitudes 👇
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/34923

11/06/2021
11/06/2021

A Xunta lembra que os usuarios do novo Carné Xove deben activalo nun dos puntos habilitados

Prazos do proceso de admisión na FP- FP DualPresentación de solicitudes a partir das 9:00 horas do 25 de xuño ás 9.00 ao...
04/06/2021

Prazos do proceso de admisión na FP

- FP Dual
Presentación de solicitudes a partir das 9:00 horas do 25 de xuño ás 9.00 ao 2 de xullo ás 13:00 horas
Período de matrícula para as persoas admitidas a partir das 9:00 horas do 16 ao 23 de xullo ás 13:00 horas

- Cursos de especialización de formación profesional.
Só poderán acceder aos cursos de especialización as persoas que cumpran o requisito de estar en posesión dalgunha das titulacións de grao superior, ou grao medio, de formación profesional recoñecidas para o acceso na normativa que regula cada curso.
Presentación de solicitudes a partir das 9:00 horas do 25 de xuño ao 5 de xullo ás 13:00 horas
Matriculación das persoas admitidas a partir das 9:00 horas do 20 ao 26 de xullo ás 13:00 horas

- Réxime ordinario
- Réxime para as persoas adultas
Presentación de solicitudes a partir das 9:00 horas do 25 de xuño ao 5 de xullo ás 13:00 horas
Matriculación 1ª adxudicación a partir das 9:00 horas do 20 de xullo ao 26 de xullo ás 13:00 horas

https://www.edu.xunta.gal/fp/

Subvencións a asociacións xuvenís31 Mai 2021Publicado en Novas e actividadesO Instituto da Mocidade, INJUVE, convoca sub...
04/06/2021

Subvencións a asociacións xuvenís
31 Mai 2021

Publicado en Novas e actividades

O Instituto da Mocidade, INJUVE, convoca subvencións para o mantemento, funcionamento e equipamento de asociacións xuvenís, organizacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á mocidade de ámbito estatal, para o ano 2021.

Beneficiarias:
a) Asociacións xuvenís, Federacións ou Confederacións de Asociacións Xuvenís.
b) Seccións Xuvenís de entidades sociais ou organizacións non gobernamentais, integradas polos membros de entre 14 e 30 anos da entidade, que teñan recoñecidos nos seus Estatutos autonomía funcional, organización e goberno propio para os asuntos especificamente xuvenís.
c) Entidades prestadoras de servizos á mocidade, dedicadas con carácter exclusivo á realización de actividades en favor da mocidade segundo previsión expresa nos seus estatutos.

As entidades e organizacións non gobernamentais deberán reunir entre outros, os seguintes requisitos:
- Ter ámbito de actuación estatal segundo os seus Estatutos.
- Acreditar documentalmente ter sede aberta e en funcionamento no ámbito de varias Comunidades Autónomas. En atención ás súas especiais circunstancias, poderán participar na presente convocatoria as entidades ou organizacións non gobernamentais cuxo ámbito territorial de actuación sexan Ceuta, Melilla e Canarias.
- Carecer de fins de lucro

Finalidade:
Fomentar o movemento asociativo xuvenil de ámbito estatal contribuíndo ao mantemento e funcionamento das sedes e infraestruturas centrais das asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á mocidade de ámbito estatal.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de xuño de 2020.
Máis información no BOE do 31 de maio de 2021 e www.injuve.es

Axudas económicas para a formación práctica en empresas02 Xun 2021Publicado en OutrasA Consellería de Educación convoca ...
04/06/2021

Axudas económicas para a formación práctica en empresas
02 Xun 2021

Publicado en Outras

A Consellería de Educación convoca axudas económicas para a realización da formación práctica en centros de traballo (FCT), nas seguintes modalidades:

1. Modalidade A. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio e grao superior de formación profesional inicial, cursos de especialización, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas formativos que realice a FCT ou a FP dual dentro do territorio español.
2. Modalidade B. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de formación profesional inicial, cursos de especialización, de artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas que realice a FCT ou a FP dual fóra do territorio español co fin de mellorar as competencias lingüísticas e profesionais.

Requisitos
Alumnado matriculado en centros públicos desta comunidade autónoma e, no caso dos centros privados, o alumnado matriculado en ensinanzas concertadas coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de formación profesional inicial, cursos de especialización, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas formativos ou algún ciclo formativo de FP dual.
O alumnado que concorra a esta convocatoria de axudas deberá rematar o período de formación práctica en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2021.

Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:
1. O primeiro prazo, ata o 21 de xuño, para o para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2020-marzo 2021 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2021.
Acollerase a este primeiro prazo o alumnado de FP dual.
O alumnado a que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2021 e que anticipase o período de FCT non se acollerá a este primeiro prazo.

2. O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2021, para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2021. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2021. O alumnado que teña horario flexible con autorización da secretaría xeral e remate despois do 31 de decembro de 2021 acollerase á seguinte convocatoria de axudas.

Contía da axuda.
A) Alumnado que realice a FCT ou a FP dual dentro do territorio español.
Na Comunidade Autónoma:
Ata un máximo de 375 € cando se cumpran as seguintes condicións:
- O concello do centro de traballo non sexa o mesmo que o concello do centro educativo.
- O concello do centro de traballo non sexa o mesmo que o concello de residencia do/a alumno/a durante o período de realización da FCT ou da FP dual.

A contía que percibirá o alumnado establecerase en función do número de xornadas realizadas no módulo de FCT ou, no caso da FP dual, do número de xornadas de permanencia na empresa.
Fóra da Comunidade Autónoma.
Percibirán unha cantidade fixa de 200€ aínda que realicen a FCT ou a FP dual en varios centros de traballo.

B) Alumnado que realice a FCT ou a FP dual fóra do territorio español.

Unión Europea:
Bulgaria, Eslovaquia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, Malta, Romanía: 120 € contía base e 72 € por semana
Alemaña, Bélxica, Chipre, Croacia, Eslovenia, Grecia, Holanda, Luxemburgo, Portugal, República Checa: 180 € contía base e 120 € por semana
Austria, Dinamarca, Finlandia, Francia, Irlanda, Italia, Suecia: 240 € contía base e 150 € por semana

Non integrados na Unión Europea:
Europeos: 180 € e 120 € por semana
Doutros continentes: 240 € e 150 € por semana

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED202A
Máis información no DOG do 2 de xuño de 2021 e en www.edu.xunta.es/fp

Dirección

Pazo De Irixoa
Irixoa
15313

Horario de Apertura

Martes 10:00 - 14:00
16:30 - 20:00
Miércoles 10:00 - 14:00
Jueves 10:00 - 14:00
16:30 - 20:00
Viernes 10:00 - 14:00
16:30 - 20:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Omix Irixoa publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Omix Irixoa:

Compartir

Categoría