06/09/2026
V REGATA COPA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO.
O vindeiro domingo terá lugar a V regata da Copa Deputación de Lugo de Piragüismo. Organizada polo Club Kayak Foz e en augas da nosa Ría, permitiranos ver en acción ós máis pequenos do piragüismo lucense.
Desde a categoría prebenxamín hasta a xuvenil, termos unha tarde de piragüismo na que se disputarán 4 mangas nas que podermos ver en acción ás futuras promesas do piragüismo lucense algunhas das cales xa están consagradas con títulos nacionais e incluso internacionais.
Desde o Club Kayak Foz, non nos cansamos de recordar a vital importancia que ten para o piragüismo de provincia que se retomase a celebración da Copa Deputación de Lugo de Piragüismo (a antiga liga provincial de Lugo).
Gracias á Área de Deportes da Deputación de Lugo e á Federación Galega de piragüismo que no seu día escoitaron as demandas dos clubs da provincia, esta competición volveu a disputarse ano tras ano e vese que xunto co gran traballo levado a cabo polas distintas entidades deportivas da os seus froitos tanto dentro como fora do territorio provincial.
Cabe agradecer tamén o traballo levado a cabo polo Concello de Foz, a Asociación A Ribeira de Foz e Protección Civil de Foz. Sen a súa axuda sería moi complicado por non dicir imposible organizar este tipo de eventos.
Agardámosvos a todos en Foz.