10/06/2026
💫TROFEO INTERNACIONAL CIDADE DE VIGO SHOW💫
O pasado domingo 7 de maio o noso Cuarteto Junior desprazouse ata o Pavillón de Navia (Vigo) para participar na IX edición do Trofeo Internacional Cidade de Vigo de Grupos Show e Cuartetos.🌟
Volvemos a casa cunha 3ª posición. Pese a non ser o mellor campionato, as nosas patinadoras pelexaron a coreografía ata o final. Sandra, Vega, Sofía e Aldara, estamos moi orgullosos de vós.💚
Despedimos "Guardianas de la luz" despois dun ano de moitos soños cumplidos. Esta aventura comezou hai 10 meses, e dende entón vivimos un montón de experiencias inesquecibles. Isto é só o comezo, imos a por máis!💪🏻
Moitos parabéns a todos os grupos participantes, e ao Club Patín Vagalume Celtamotor pola fantástica organización.🥰