A súa orixe provén do pobo Celta, gran afeccionado aos xogos, e foi introducido na península ibérica pola costa norte. Polo tanto, este deporte tamén se practica nalgúns núcleos de poboación do País Vasco, Cantabria e Principado de Asturias, aínda que con maior intensidade dentro de Galicia. Sen embargo, o Xogo dos Bolos Celta non queda circunscrito ao norte da península, xa que os emigrantes gale
gos, encargáronse de difundilo en lugares como a Comunidade de Madrid, Arxentina e Uruguai, onde aínda hoxe se segue practicando. Esta difusión, deu lugar á existencia de diferentes modalidades de bolos celta dependendo do lugar onde se practique. Dentro da propia Galicia, existen tamén distintas modalidades. Na Coruña, practícase na zona de Santa Euxenia de Ribeira. Na provincia de Lugo destacan as zonas de Lourenzá e Ribeira Sacra. No caso ourensá, Viana do Bolo, O Bolo, A Veiga, A Gonza, Quintela, Punxeito, A Chaira e Baños son os lugares onde máis se practica. Sen embargo, é no Val Miñor (Baiona, Gondomar e Nigrán) e Tomiño onde se practica con maior intensidade. Grazas a esta gran dispersión e diversidade dispútanse a día de hoxe diversas competicións. As máis importantes son as ligas provinciais, os torneos galegos e os estatais. Tamén hai campionatos a nivel de comunidades autónomas, a nivel estatal e incluso intercontinental, no cal compiten os mellores xogadores españois, arxentinos e uruguaios. Ademáis, os bolos celta foron un deporte de exhibición nas Olimpíadas de Barcelona 92, feito que denota a súa importancia e singularidade. Todos e cada un dos campionatos, constan das modalidades
individual, parella e equipo, dándolle maior vistosidade e versatilidade aos bolos celta. Para xogar a este deporte necesítase unha parcela de terreo totalmente chaira, a cal leva dúas pedras, a pedra de tiro e a pedra de bolos. A primeira é parecida a un banzo de escaleira, onde se coloca o xogador para lanzar. A seguinte pedra situase a 6 metros da primeira, na que se colocan 18 bolos de madeira ou nailon en fila, os cales terán que ser derrubados polo xogador cunha bóla do mesmo material. Esta bola ten entre 13 e 15 centímetros de diámetro, e debe lanzarse polo aire ata o obxectivo. Cada bolo derrubado conta un punto. Se o xogador, pola súa destreza e puntaría, é capaz de sacar fóra do campo algún bolo (a uns 20 metros da pedra de bolos) conta con 9 puntos máis a sumar por cada un. De seguido, o xogador irase a unha esquina do campo (contraria ao lugar de tiro) de onde debe lanzar de novo a bóla, pero esta vez a rentes do chan (lanzamento denominado 'birlar'). O equipo gañador é o que contabilice máis puntos.