Atlarnoia

Atlarnoia Equipo da Preferente Galicia ⚽️
Grupo 2
Novos comezos 💪🏼
Conta antiga:
Sendo unha familia dende 1969
📍A Queixeira o noso fortín

🟢⚪️ BENVIDO, ÁLVARO!O Atlético Arnoia anuncia a incorporación de Álvaro para esta tempada en Preferente Galicia – Grupo ...
06/10/2026

🟢⚪️ BENVIDO, ÁLVARO!

O Atlético Arnoia anuncia a incorporación de Álvaro para esta tempada en Preferente Galicia – Grupo 2.

💪 Moita sorte nesta nova etapa!

Benvido á túa nova casa! 💚🤍

🟢⚪️ RESULTADO DOS NOSOS XUVENÍS! 🔥⚽️Gran partido dos nosos rapaces na 2ª FUTGAL Xuvenís – Grupo 1, cunha espectacular vi...
04/10/2026

🟢⚪️ RESULTADO DOS NOSOS XUVENÍS! 🔥⚽️

Gran partido dos nosos rapaces na 2ª FUTGAL Xuvenís – Grupo 1, cunha espectacular vitoria por 7-0 na Queixeira! 💪💚

🆚 Atlético Arnoia 7️⃣-0️⃣ Quiroga CF

Unha actuación brillante do equipo, que dominou o encontro e deixou unha gran imaxe diante da nosa afección. 🙌🏟️

👏 Parabéns, rapaces! A seguir traballando e gozando deste gran inicio de tempada!

🟢⚪️ FORZA ARNOIA! 💚🤍

AQueixeira FútbolBase FútbolGalego ForzaArnoia

🟢⚪️ PARTIDO ENTRE SEMANA! 🌙⚽️A Preferente Galicia – Grupo 2 non para e o Atlético Arnoia afronta este mércores unha nova...
03/10/2026

🟢⚪️ PARTIDO ENTRE SEMANA! 🌙⚽️

A Preferente Galicia – Grupo 2 non para e o Atlético Arnoia afronta este mércores unha nova xornada a domicilio. 💪🔥

Auriense C.A. 🆚 Atlético Arnoia
📅 Mércores, 7 de outubro
🕗 20:00 h
🏟️ Oira

Os nosos viaxan a Oira coa intención de seguir competindo, loitando por cada balón e buscando sumar nun novo reto desta tempada. 💚🤍

🔥 Mércores hai fútbol!
A pesar de ser entre semana, queremos sentir o voso apoio tamén lonxe da Queixeira. 🙌

🟢⚪️ TODOS CO ARNOIA!
🟢⚪️ FORZA ARNOIA!

🟢⚪️ OS NOSOS XUVENÍS VOLVEN Á QUEIXEIRA! 🏟️🔥Nova xornada da 2ª FUTGAL Xuvenís – Grupo 1 e os nosos rapaces regresan á ca...
01/10/2026

🟢⚪️ OS NOSOS XUVENÍS VOLVEN Á QUEIXEIRA! 🏟️🔥

Nova xornada da 2ª FUTGAL Xuvenís – Grupo 1 e os nosos rapaces regresan á casa para afrontar un novo reto! 💪⚽️

Atlético Arnoia 🆚 Quiroga CF
📅 Sábado, 3 de outubro
🕦 11:30 h
🏟️ A Queixeira

Despois da gran vitoria conseguida na anterior xornada, os nosos queren volver ofrecer a súa mellor versión e loitar por sumar outros tres puntos diante da nosa afección. 💚🤍

🙌 A Queixeira espera por vós!
Trae a bufanda, trae a ilusión e anima aos nosos desde o primeiro minuto. 🔥

🟢⚪️ TODOS Á QUEIXEIRA!
🟢⚪️ FORZA ARNOIA!

AQueixeira FútbolBase FútbolGalego ForzaArnoia

🟢⚪️ FINAL NA QUEIXEIRA! 💥🔥O ARNOIA GÁÑAO! 💪⚽️Gran tarde de fútbol dos nosos na 4ª xornada da Preferente Galicia – Grupo ...
28/09/2026

🟢⚪️ FINAL NA QUEIXEIRA! 💥🔥

O ARNOIA GÁÑAO! 💪⚽️

Gran tarde de fútbol dos nosos na 4ª xornada da Preferente Galicia – Grupo 2, cunha contundente vitoria por 4-0 ante a S.D. Juvenil Ponteareas. 🏟️💚

🆚 Atlético Arnoia 4️⃣-0️⃣ S.D. Juvenil Ponteareas

Un partido no que os nosos dominaron e demostraron que A Queixeira quere ser un fortín. 🔥

👏 Parabéns a todo o equipo polo traballo, a entrega e por esta gran vitoria!

🙌 E grazas unha vez máis á nosa afección por empurrar desde a bancada. Esta vitoria tamén é vosa!

🟢⚪️ SEGUIMOS! FORZA ARNOIA!

FútbolGalego ForzaArnoia Vitoria

27/09/2026

🟢⚪️ HOXE HAI PARTIDO NA QUEIXEIRA! 🏟️🔥

Chega a 4ª xornada da Preferente Galicia – Grupo 2 e os nosos reciben na casa á S.D. Juvenil Ponteareas! 💪⚽️

Atlético Arnoia 🆚
📅 Hoxe, domingo 27 de setembro
🕕 18:00 h
🏟️ A Queixeira

Despois da gran vitoria conseguida en Villalonga, os nosos queren volver facer da Queixeira un fortín e seguir sumando diante da nosa xente. 💚🤍

🔨🏗️ E HOXE TEMOS UNHA OBRA EN MARCHA!

Porque se hai algo que saben facer ben os nosos patrocinadores de Iglesias e Ruysa Construcións e Reformas, é construír… e hoxe toca construír unha nova vitoria na Queixeira! 😜

👷‍♂️ Eles poñen os materiais,
⚽️ os nosos poñen o fútbol,
🙌 e vós poñedes o ambiente.

🚧 Obras en curso: Queixeira en construción!
🚫 Entrada prohibida para o medo.
🟢⚪️ Obxectivo: seguir sumando!

📣 Hoxe ás 18:00, todos á Queixeira!
Porque unha boa obra tamén necesita dunha boa afección. 😉

🟢⚪️ FORZA ARNOIA!

AQueixeira JuvenilPonteareas FútbolGalego ForzaArnoia

🟢⚪️ VITORIA DOS NOSOS XUVENÍS! 🔥⚽️Gran partido dos nosos rapaces esta mañá en Outeiro Grande, onde o Atlético Arnoia con...
26/09/2026

🟢⚪️ VITORIA DOS NOSOS XUVENÍS! 🔥⚽️

Gran partido dos nosos rapaces esta mañá en Outeiro Grande, onde o Atlético Arnoia conseguiu unha vitoria por 0-9 fronte ás Escolas Deportivas Terras de Maside. 💪💚

Escolas Deportivas Terras de Maside 0️⃣-9️⃣ Atlético Arnoia

Unha gran actuación do equipo para sumar unha nova vitoria e seguir medrando nesta tempada. 🙌⚽️

👏 Parabéns, rapaces! A seguir así!

🟢⚪️ FORZA ARNOIA!

FútbolGalego ForzaArnoia

🟢⚪️ SEGUNDA XORNADA PARA OS NOSOS XUVENÍS! 💪⚽️Despois do gran debut na Queixeira, os nosos xuvenís afrontan a 2ª xornada...
24/09/2026

🟢⚪️ SEGUNDA XORNADA PARA OS NOSOS XUVENÍS! 💪⚽️

Despois do gran debut na Queixeira, os nosos xuvenís afrontan a 2ª xornada da 2ª FUTGAL Xuvenís – Grupo 1 cun novo reto a domicilio. 🔥

E.D. Terras de Maside 🆚 Atlético Arnoia
📅 Sábado 26, Setembro
🕛 12:00 h
🏟️ Outeiro Grande

Os rapaces viaxan con ilusión e ganas de seguir competindo e sumando nesta nova aventura. 💚🤍

🙌 Imos apoiar aos nosos desde o primeiro minuto!

🟢⚪️ Forza Arnoia!

OuteiroGrande FútbolBase FútbolGalego ForzaArnoia

🟢⚪️ VOLVEMOS Á QUEIXEIRA! 🏟️🔥Nova xornada da Preferente Galicia – Grupo 2 e o Atlético Arnoia regresa á súa casa para af...
23/09/2026

🟢⚪️ VOLVEMOS Á QUEIXEIRA! 🏟️🔥

Nova xornada da Preferente Galicia – Grupo 2 e o Atlético Arnoia regresa á súa casa para afrontar un novo reto! 💪⚽️

🆚 Atlético Arnoia 🆚 SD Juvenil Ponteareas
📅 Domingo, 27 de setembro
🕕 18:00 h
🏟️ A Queixeira

Despois da gran vitoria conseguida en Villalonga, os nosos queren continuar coa boa dinámica e volver sumar diante da nosa afección. 🙌

💚🤍 A Queixeira volve ser o escenario. Nós poñemos o fútbol, vós poñedes a forza!

🔥 Agardámosvos a todos!

🟢⚪️ FORZA ARNOIA!

FútbolGalego ForzaArnoia Arnoia

🟢 NOVO EQUIPO DE VETERÁNS NO ATLÉTICO ARNOIA! ⚽Temos unha gran novidade para esta tempada: o Atlético Arnoia chegou a un...
22/09/2026

🟢 NOVO EQUIPO DE VETERÁNS NO ATLÉTICO ARNOIA! ⚽

Temos unha gran novidade para esta tempada: o Atlético Arnoia chegou a un acordo cun novo equipo de Veteráns, Decologic Arnoia!!! 🎉

Comeza unha nova etapa para seguir gozando do fútbol, competir, compartir bos momentos e, sobre todo, facer club e desfrutar entre amigos.

💚⚽ Benvidos, Veteráns do Decologic Arnoia.
A desfrutar desta nova experiencia e a deixar o nome de Arnoia ben alto!

SomosArnoia

Dirección

A Queixeira
Arnoya
32417

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Atlarnoia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría