A Revolta Irmandiña

A Revolta Irmandiña A data está marcada. A conta atrás comezou.
🔥 Úneste á Revolta?
🏃Carreira de obstáculos🏃‍♀
📌 Comarca de Monterrei

17/06/2026

Temos as nosas fotos no link da bio 📸

💯 Uns cracks os nosos fotógrafos Carlos Folgoso - - Carlos Montero -
- e Juan Carnero
e

🔍 Tamén podedes buscar as galerías que subiron ás súas páxinas o , , e

Aínda estamos resacosos do domingo. Infinitas grazas por facer desta segunda edición algo tan grande 🫂

Mi madriña a Irmandiña... 🔥💪🔥

Volveremos!!

⚔️❤️ MOITAS GRAZAS, IRMANDIÑOSA Revolta Irmandiña 2026 xa forma parte da historia.Hoxe, 480 irmandiños e irmandiñas acep...
14/06/2026

⚔️❤️ MOITAS GRAZAS, IRMANDIÑOS

A Revolta Irmandiña 2026 xa forma parte da historia.

Hoxe, 480 irmandiños e irmandiñas aceptaron o desafío e converteron Verín e Monterrei nun escenario de superación, compañeirismo e diversión, facendo posible unha edición que superou as cifras da primeira convocatoria e consolidou o crecemento deste gran evento.

Nada disto sería posible sen o esforzo das persoas que estiveron detrás de cada detalle. Grazas ao noso equipo de traballo, ao voluntariado, ás asociacións colaboradoras, aos propietarios dos terreos, aos establecementos hostaleiros, Protección Civil, Servizos Sanitarios e a todas as persoas que contribuíron a facer posible esta aventura.

O noso agradecemento tamén ás administracións e entidades que apostan por este proxecto: Concello de Verín, Concello de Monterrei, Deputación de Ourense, Xunta de Galicia e Deporte Galego, cuxo apoio resulta fundamental para seguir facendo medrar a Revolta Irmandiña.

Grazas á veciñanza de Verín e Monterrei pola súa comprensión, colaboración e acollida durante toda a fin de semana.

E, por suposto, grazas aos verdadeiros protagonistas: cada participante que correu, saltou, reptou, superou obstáculos e cruzou a meta cun sorriso.
Porque a Revolta Irmandiña non é só unha carreira.

⚔️ 𝗘́ 𝗰𝗼𝗺𝘂𝗻𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲.
⚔️ 𝗘́ 𝘁𝗲𝗿𝗿𝗶𝘁𝗼𝗿𝗶𝗼.
⚔️ 𝗘́ 𝗶𝗱𝗲𝗻𝘁𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲.
⚔️ 𝗘́ 𝗼𝗿𝗴𝘂𝗹𝗹𝗼.

❤️ Grazas por formar parte da Revolta Irmandiña 2026.
⚔️ Ata o ano que ven!

Estaremos na Perguiza agardando por vós!É imprescindible presentar o dni. Se vés recoller o dorsal doutra persoa deberás...
13/06/2026

Estaremos na Perguiza agardando por vós!

É imprescindible presentar o dni. Se vés recoller o dorsal doutra persoa deberás facilitar unha fotografía do dni de dita persoa.

🏃🏼‍♀️ Revisa ben en que tanda debes correr!Deixámosche por eiquí os horarios de cada unha delas.Queda pouquísimo para ve...
13/06/2026

🏃🏼‍♀️ Revisa ben en que tanda debes correr!

Deixámosche por eiquí os horarios de cada unha delas.
Queda pouquísimo para vernos 🥳

12/06/2026

Aínda non probaches os Pinchos Irmandiños?

Estás a tempo de facelo durante hoxe e mañá nos locais participantes:

📍 Brasil
📍 Enredo
📍 O Ferro
📍 Gandainas
📍 San Roque

🏆 Despois da túa degustación, lembra escoller o teu favorito e emitir o teu voto.

👉 ktorce.gal/pinchoirmandinho/

🏹 Na   poderás experimentar o tiro con arco grazas á colaboración co Club de Tiro Eiroás (eiroas_tiro_olimpico_arco)🎯 A ...
12/06/2026

🏹 Na poderás experimentar o tiro con arco grazas á colaboración co Club de Tiro Eiroás (eiroas_tiro_olimpico_arco)

🎯 A partir das 10:30h no Parque da Preguiza poderás probar a túa puntería e tamén desfrutar dunha exhibición dos mellores tiros.

Despois de correr… a ver quen apunta mellor!

🍷⚔️ 𝗨́𝗹𝘁𝗶𝗺𝗮 𝗰𝗵𝗮𝗺𝗮𝗱𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗮𝘀 𝗲𝘅𝗽𝗲𝗿𝗶𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮𝘀 𝗴𝗮𝘀𝘁𝗿𝗼𝗻𝗼́𝗺𝗶𝗰𝗮𝘀 𝗱𝗮 𝗥𝗲𝘃𝗼𝗹𝘁𝗮 𝗜𝗿𝗺𝗮𝗻𝗱𝗶𝗻̃𝗮Se aínda estás dubidando, este é o momento ...
11/06/2026

🍷⚔️ 𝗨́𝗹𝘁𝗶𝗺𝗮 𝗰𝗵𝗮𝗺𝗮𝗱𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗮𝘀 𝗲𝘅𝗽𝗲𝗿𝗶𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮𝘀 𝗴𝗮𝘀𝘁𝗿𝗼𝗻𝗼́𝗺𝗶𝗰𝗮𝘀 𝗱𝗮 𝗥𝗲𝘃𝗼𝗹𝘁𝗮 𝗜𝗿𝗺𝗮𝗻𝗱𝗶𝗻̃𝗮

Se aínda estás dubidando, este é o momento de dar o paso. As actividades gastronómicas da Revolta Irmandiña 2026 están a piques de completar aforo e quedan moi poucas prazas dispoñibles.

🍽️ 𝗘𝘅𝗽𝗲𝗿𝗶𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮 𝗴𝗮𝘀𝘁𝗿𝗼𝗻𝗼́𝗺𝗶𝗰𝗮 𝗻𝗮 𝗕𝗼𝗱𝗲𝗴𝗮 𝗚𝗮𝗿𝗴𝗮𝗹𝗼
📅 13 de xuño | 🕛 Mediodía | 💶 45 €
Da man do chef Martín Fernández (Bágoa Gastrobar), unha proposta exclusiva arredor do produto local, a cociña galega contemporánea e os viños da comarca nun escenario único como a Bodega Gargalo de Roberto Veríno

🍷 𝗖𝗮𝘁𝗮 𝗰𝗼𝗺𝗲𝗻𝘁𝗮𝗱𝗮 𝗱𝗮 𝗗.𝗢. 𝗠𝗼𝗻𝘁𝗲𝗿𝗿𝗲𝗶
📅 13 de xuño | 🕖 19:00 h | 💶 10 €
Guiada por Miguel López, director técnico da denominación, na Casa Rural San Blas, para descubrir os viños que mellor representan o territorio de Monterrei.

🥘 𝗫𝗮𝗻𝘁𝗮𝗿 𝗽𝗼𝗽𝘂𝗹𝗮𝗿 𝗜𝗿𝗺𝗮𝗻𝗱𝗶𝗻̃𝗼
📅 14 de xuño | 🕑 14:00 h | 💶 17 €
O gran punto de encontro da fin de semana. Atletas, acompañantes, voluntariado e veciñanza compartirán mesa nun menú con xabarín, porco asado, empanadas, produtos da horta, opcións vexetarianas e sobremesas locais, acompañado de animación musical para poñer o broche final á Revolta.

📩 Reservas: [email protected]

⚠️ As prazas son limitadas e as inscricións pechan moi pronto.

Porque a Revolta non só se corre... tamén se brinda, se comparte e se saborea. 🍷⚔️🍽️

🍴⚔️ 𝗖𝗶𝗻𝗰𝗼 𝗽𝗿𝗼𝗽𝗼𝘀𝘁𝗮𝘀 𝗴𝗮𝘀𝘁𝗿𝗼𝗻𝗼́𝗺𝗶𝗰𝗮𝘀 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝘃𝗶𝗮𝘅𝗮𝗿 𝗮́ 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮 𝗺𝗲𝗱𝗶𝗲𝘃𝗮𝗹 𝗻𝗼 𝗣𝗶𝗻𝗰𝗵𝗼 𝗜𝗿𝗺𝗮𝗻𝗱𝗶𝗻̃𝗼 𝟮𝟬𝟮𝟲Do 11 ao 13 de xuño, a Revol...
11/06/2026

🍴⚔️ 𝗖𝗶𝗻𝗰𝗼 𝗽𝗿𝗼𝗽𝗼𝘀𝘁𝗮𝘀 𝗴𝗮𝘀𝘁𝗿𝗼𝗻𝗼́𝗺𝗶𝗰𝗮𝘀 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝘃𝗶𝗮𝘅𝗮𝗿 𝗮́ 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮 𝗺𝗲𝗱𝗶𝗲𝘃𝗮𝗹 𝗻𝗼 𝗣𝗶𝗻𝗰𝗵𝗼 𝗜𝗿𝗺𝗮𝗻𝗱𝗶𝗻̃𝗼 𝟮𝟬𝟮𝟲

Do 11 ao 13 de xuño, a Revolta Irmandiña convida a descubrir a historia tamén a través da gastronomía cunha nova edición do Pincho Irmandiño.

Cinco establecementos de Verín aceptaron o desafío de reinterpretar a cociña da Galicia medieval empregando ingredientes coñecidos antes do descubrimento de América:

🔥 𝗙𝗶𝗹𝗹𝗼𝗮 𝗥𝗲𝗰𝗵𝗲𝗮 – Restaurante Brasil
🔥 𝗧𝗼𝘀𝘁𝗮 𝗥𝘂́𝘀𝘁𝗶𝗰𝗮 𝗱𝗲 𝗦𝗼𝗹𝗼𝗺𝗯𝗼 𝗲 𝗛𝗼𝗿𝘁𝗮 – Gandainas
🔥 𝗘𝗻𝗿𝗲𝗱𝗮𝗱𝗼 – Enredo
🔥 𝗧𝗼𝘀𝘁𝗮 𝗜𝗿𝗺𝗮𝗻𝗱𝗶𝗻̃𝗮 – San Roque
🔥 𝗔 𝗗𝗲𝗿𝗿𝘂𝗯𝗮 – O Ferro

Cinco creacións que combinan tradición, creatividade e produtos da nosa terra para ofrecer unha experiencia gastronómica única.

💰 Prezo: 2,50 €
🗓️ 11, 12 e 13 de xuño
🏆 Vota polo teu pincho favorito: https://ktorce.gal/pinchoirmandinho/

Unha iniciativa que contribúe a dinamizar a hostalaría local e a enriquecer a programación dunha das festas máis singulares da comarca.

Estaremos na Perguiza para recibirvos! 🫂Deputación de Ourense Concello de Verín Concello Monterrei Deporte Galego Turism...
11/06/2026

Estaremos na Perguiza para recibirvos! 🫂

Deputación de Ourense Concello de Verín Concello Monterrei Deporte Galego Turismo de Galicia

Dirección

A Coruña

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando A Revolta Irmandiña publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a A Revolta Irmandiña:

Compartir

Categoría